A DIRECTORA XERAL DE XUVENTUDE, PARTICIPACIÓN E VOLUNTARIADO É NOMEADA SECRETARIA XERAL DO CONSORCIO DA REDE ESPAÑOLA DE ALBERGUES XUVENÍS

  • foto1Galicia conta con 9 instalacións asociadas a este consorcio, que tamén xestiona os carnés internacionais de alberguista

 

Madrid, 6 de xuño de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, foi nomeada hoxe en asemblea secretaria xeral do Consorcio da Rede de Española de Albergues Xuvenís (REAJ), unha entidade pública que aglutina os 260 albergues xuvenís de todo o Estado. O seu equivalente mundial, o Hostelling International conta con 4.000 albergues nos cinco continentes.

 

Os albergues xuvenís asociados no REAJ en Galicia son os de Monte do Gozo, en Santiago; ArtSurfCamp en Carballo (A Coruña); os Biocos da Vía Nova, en San Xoán de Río (Ourense); a residencia de Altamar, en Vigo; a residencia Florentino López Cuevillas, en Ourense; Gandarío, en Bergondo (A Coruña); o Lug II, en Lugo; o Equal, en Coles (Ourense); e o das Corcerizas, en Vilar de Barrio (Ourense).

 

Os usuarios destas instalacións poden obter o carné de alberguista, que está recoñecido internacionalmente e que é valido para utilizar nos albergues de todos os países. Está dirixido a todo tipo de público, sen límite de idade. O seu prezo é de 6 euros para mozos e mozas de carné xove, 13 para adultos e 25 euros para familias e grupos.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: