A XUNTA CONFIRMA O SEU MÁXIMO INTERESE POR FINANCIAR A MELLORA DO SERVIZO MUNICIPAL DE AUTOBÚS A PEINADOR E REITERA A NECESIDADE DE QUE O CONCELLO ACHEGUE A DOCUMENTACIÓN NECESARIA

  • 160606 Peinador 1Os representantes do Goberno galego explican que o Concello deben informar sobre o número de usuarios, tempos de percorridos, tarifas ou carencias da liña express que propoñen para poder aplicar as optimizacións necesarias
  • Salientan que a Xunta aposta por mellorar a competitividade dos aeroportos galegos, traballando para que os cidadáns poidan acceder ás terminais de xeito doado, empregando o transporte público
  • Dende o Goberno galego consideran imprescindible ofrecer frecuencias e horarios axeitados, tempos de percorrido atractivos e conexión entre a estación de autobuses e as dúas de ferrocarril

 

Vigo, 6 de xuño de 2016.- O Goberno galego confirmou hoxe o seu máximo interese por financiar a mellora do servizo municipal de autobús a Peinador e reiterou a necesidade de que o Concello achegue a documentación necesaria para materializar esa optimización do servizo. A directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López- Chaves, reuníronse hoxe con representantes do Concello, aos que lle trasladaron que a Xunta xa está a traballar para habilitar o investimento preciso para mellorar o servizo de autobús, polo que é imprescindible que remitan canto antes a documentación necesaria para avanzar na tramitación do convenio.

 

López-Chaves subliñou que o Concello debe achegar información relativa a cuestións técnicas como o número de usuarios, os tempos de percorridos, tarifas ou mesmo datos sobre a liña Express, para comprobar as carencias deste servizo e poder aplicar as optimizacións necesarias.

 

O Goberno galego volveu poñer de manifesto o seu compromiso de apoiar a mellora do servizo municipal de autobús ao aeroporto. Neste sentido, a directora salientou que a Xunta aposta por mellorar a competitividade dos aeroportos galegos, traballando para que as terminais sexan máis accesibles, é dicir, para que a calquera cidadán lle sexa máis doado chegar a un aeroporto mediante o transporte público.

 

Dende a Xunta establécese un triplo obxectivo imprescindible para este servizo: ofrecer frecuencias e horarios axeitados, tempos de percorrido atractivos para os usuarios tanto nos traxectos de ida como de volta e que, ademais do aeroporto, permita conectar entre si a estación de autobuses e as dúas de ferrocarril.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: