O DELEGADO DA XUNTA EN VIGO ACHEGOUSE ESTA MAÑÁ Á UNIDADE MÓBIL DO CENTRO DE TRASFUSIÓN DE GALICIA PARA DOAR SANGUE

Unha unidade móbil do CTG instalouse esta mañá na porta principal do edificio administrativo da Xunta en Vigo06062016_DoazonSangue

  • Foron varios os empregados e cidadáns que se achegaron a doar sangue na xornada de hoxe, entre eles o delegado territorial da Xunta
  • Dende a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos consideran preciso fomentar as doazóns entre os habitantes da cidade

 

Vigo, 6 de xuño de 2016.- Cada día dez unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) da Axencia Galega de Sangue, Tecido e Órganos percorren Galicia achegándose a todos os cidadáns que queren colaborar coas doazóns de sangue. Esta mañá unha desas unidades instalouse no edificio administrativo da Xunta en Vigo.

 

Entre os achegados para doar sangue destacaron veciños próximos ao lugar e persoal traballador do propio edificio da Xunta en Vigo. O delegado territorial, Ignacio López-Chaves, tamén se sumou a esta causa.

 

As estatísticas amosan que as doazóns de sangue en Galicia continúan a ter unha grande importancia. O pasado ano foron 111.250 as doazóns rexistradas na nosa comunidade, o que representa 41 doazóns por cada 1.000 habitantes, cifra situada no índice recomendado pola Organización Mundial da Saúde. Aínda así, dende o CTG consideran preciso fomentar as doazóns entre os habitantes co obxectivo de mellorar estas cifras.

 

 

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: