ABANCA acolle o ‘III RSEncuentro’, co que Galicia se sitúa como referente nacional en RSC

  • Durante os días 9, 10 e 11, no Centro ABANCA Obra Social de Santiago de Compostela, o III RSEncuentro congregará a expertos, investigadores, profesionais e persoas interesadas na Responsabilidade Social Empresarial
  • ABANCA patrocina o evento e intervén cunha iniciativa innovadora na que permitirá que os asistentes poderán dicir que pensan acerca das accións que desenvolve a entidade
  • As entradas están á venda en www.rsencuentro.com
20160607-abanca-rsencuentro
 

20160607-abanca-rsencuentro-1
Descarga en alta resolución

20160607-abanca-rsencuentro-2
 

Galicia acollerá por primeira vez a celebración do III RSEncuentro, un evento sobre responsabilidade social empresarial organizado pola consultora intheMOVE co apoio de ABANCA.

As socias da consultora intheMOVE, Pilar Casals e Noelia López, a directora de Responsabilidade Social Corporativa de ABANCA, Tatiana Suárez, e o xerente de RSC da entidade financeira, José Manuel Mourelo, presentaron esta mañá o programa a terceira edición do RSEncuentro que terá lugar os días 9, 10 e 11 de xuño no Centro ABANCA Obra Social de Santiago de Compostela (Cervantes, 17).

O evento, co que Galicia se situará en referente nacional en RSC, congregará a expertos, investigadores, profesionais e persoas interesadas na responsabilidade social empresarial a nivel nacional nun espazo de intercambio e aprendizaxe onde se analizarán aspectos como a innovación, o emprendemento social, a xestión dos grupos de interese e o consumo responsable.

Tatiana Suárez, directora de Responsabilidade Social de ABANCA, destacou a importancia de celebrar en Galicia eventos como o RSEncuentro e sinalou que “ABANCA é unha organización que fixo da responsabilidade social empresarial una dos seus acenos de identidade máis arraigadas, razón pola que é para nós unha gran satisfacción colaborar con este tipo de eventos que contribúen a estender o alcance da RSC a cada vez máis público”.

A entidade financeira, ademais de patrocinar o evento, participará no encontro cunha iniciativa innovadora na que os asistentes poderán dicir que pensan acerca das accións que desenvolve a entidade e como cren que deberían enfrontar o seu papel como entidade bancaria responsable. A sesión ‘ABANCA Responsable: Cal crees que debe ser o noso papel? Ven e cóntanolo’ celebrarase o venres 10 de xuño ás 14.00 horas e estará moderada por José Manuel Mourelo. “É a primeira vez que unha empresa fai algo deste tipo. Para nós é un exercicio de transparencia e valentía e esperamos que o resultado nos axude a seguir contribuíndo a mellorar a nosa sociedade”, explicou Mourelo.

Encontro colaborativo

Este terceiro encontro está organizado pola consultora galega intheMOVE. Pilar Casals, unha das fundadoras e consultoras RSE da devandita empresa xunto con Noelia López, fixo fincapé en que “é necesario crear espazos de encontro onde as grandes empresas, pemes, emprendedores, administración e terceiro sector, teñan a oportunidade de falar e entender como se afectan mutuamente e como a través da Responsabilidade Social poden satisfacer as súas necesidades e fortalecer as súas organización”. Pola súa banda, Noelia López engadiu que “deseñamos este encontro en base á nosa experiencia en intheMOVE, que nos demostra que soamente a través da implicación de todos os actores conséguense empresas con profundas raíces capaces de aumentar os seus resultados económicos á vez que contribuír ao desenvolvemento sustentable”.

Ao longo do tres días de evento, será posible participar en sesións de traballo en pequenos grupos e en talleres dirixidos a adquirir habilidades prácticas con relatoras de renome, visitar unha empresa responsable e intervir en dinámicas de networking.

O III RSEncuentro será inaugurado polo Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e a directora de RSC de ABANCA, Tatiana Suárez.

Nun formato íntimo e informal, presentado polo cómico Víctor Grande, poderanse escoitar as historias dos fundadores de iniciativas de emprendemento social e consumo responsable ‘Made in Galicia’ como son Saraiva Senior, Fundación Lonxanet, Galletas Daveiga, Discamino, Vojo, Arqueixal e Promove.

O evento conta co apoio e a participación activa de ABANCA, a Xunta de Galicia, Gadis, a Escola Europea de Negocios, Nasas Social Media, Mugatra, Metal Ferrol, Martín Códax e Cafés Candelas, entre outros.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: