Archive | junio 8, 2016

ABANCA e AECA organizan unhas xornadas sobre financiamento e xestión empresarial

08.06.2016. Os vindeiros días 9 e 10 de xuño terán lugar en Vigo as VII Xornadas AECA de Valoración e Xestión de Riscos que levarán por título “A importancia da Xestión de Riscos e a Auditoría para a viabilidade empresarial”. Este foro, organizado pola Cátedra AECA-ABANCA de Economía, Finanzas e Administración de Empresas, reunirá a numerosos expertos do control da xestión financeira. O acto terá lugar na sala de conferencias da sede de Afundación en Vigo.

Nesta edición celebraranse catro mesas de debate integradas por expertos na materia, que abordarán aspectos relativos ao financiamento empresarial, as implicacións de Basilea III ou os retos de la banca ante as medidas que afectan aos seus recursos propios e liquidez.

No acto de inauguración participarán o vicepresidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez; o alcalde de Vigo, Abel Caballero; o vicepresidente de AECA, Pedro Rivero; e o director das xornadas e da Cátedra AECA-ABANCA, Manuel Rodríguez. Acto seguido, o catedrático de Economía Financeira da Universidad Complutense de Madrid, Juan Antonio Maroto Acín, pronunciará a conferencia inaugural.

 

DATA 9 de xuño de 2016
HORA 10.30 horas
LUGAR Sala de conferencias da sede de Afundación en Vigo

Policarpo Sanz, 24-26 / Vigo

ASISTEN Juan Carlos Escotet Rodríguez, vicepresidente de ABANCA

Abel Caballero, alcalde de Vigo

Pedro Rivero, vicepresidente de AECA

Manuel Rodríguez, director das xornadas e da Cátedra AECA-ABANCA

Anuncios

A XUNTA COMUNICA AOS CONCELLOS DA ÁREA TERRITORIAL DE VIGO A RESOLUCIÓN DOS OBRADOIROS DE EMPREGO PARA AMPLIAR AS OPORTUNIDADES LABORAIS DE 220 DESEMPREGADOS

O delegado territorial da Xunta informou que se conceden oito obradoiros ordinarios e catro destinados a menores de 30 anos para 10 concellos da área24052016_RPVivenda

  • O Porriño, Mos, Redondela, Soutomaior, Moaña, Cangas, Vigo e os tres municipios do Val Miñor –Baiona, Nigrán e Gondomar- beneficiaranse destes programas mixtos de formación e emprego 
  • López-Chaves destacou a dobre finalidade que aportan estes OOEE con formación á vez que son unha unha ocupación para as persoas desempregadas
  • O delegado aproveitou a ocasión para aclarar o asunto do autobús a Peinador e sinalou que se a liña fose competencia da Xunta “xa estaría en marcha”. Vigo, 08 de xaneiro de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, informou esta mañá en rolda de prensa da resolución dos obradoiros de emprego (OOEE) para beneficio dos concellos pertencentes a área territorial de Vigo e cos que se pretenden ampliar as oportunidades laborais de 220 persoas desempregadas.


    López-Chaves destacou a dobre finalidade destes programas mixtos de formación e emprego porque “aportan formación” á vez que son unha unha ocupación para as persoas que se atopan nunha situación de desemprego.


    A duración dos obradoiros é de 6 meses e diferenciaranse en ordinarios e de garantía xuvenil para menores de 30 anos. A Xunta comunicará dende hoxe a resolución dos mesmos aos municipios e, coma explicou o delegado, concedéronse oito obradoiros ordinarios e catro de garantía xuvenil para un total de 10 concellos da área metropolitana.


    Os municipios beneficiados onde se impartirán os obradoiros son Vigo, Soutomaior, O Porriño, Cangas, Mos, Moaña –Patroado Municipal de Beiramar-, Redondela e os tres concellos da Mancomunidade do Val Miñor (Baiona, Nigrán e Gondomar). Os xuvenís terán lugar en Vigo, Redondela, Mos e Val Miñor. En total se verán beneficiados 220 persoas en situación de desemprego das que 160 realizarán as súas tarefas nos OOEE ordinarios e 60 nos de garantía xuvenil co obxectivo de mellorar a súa inserción laboral.


    Os obradoiros céntranse na realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral. Esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios recibirán formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos.


    As partidas orzamentarias que a Xunta destina para cada un dos obradoiros ordinarios é de 180.000 euros e de 130.000 euros por cada obradoiro xuvenil. O delegado territorial resaltou que isto supón “un aumento das persoas beneficiarias” e a aposta do Goberno galego pola “formación e capacitación no traballo nos meses que duran estes programas”.


    Autobús a Peinador

    Respectivamente o asunto do autobús a Peinador, López-Chaves declarou que “se fose competencia da Xunta xa estaría en marcha”. O problema en Vigo, coma dixo, e a diferencia do que sucede en Santiago, é que ao tratarse dun autobús interurbano é o Concello de Vigo o que ten competencias neste asunto. É labor do concello actuar como “intermediario” entre a empresa concesionaria Vitrasa e a Xunta.


    O delegado territorial da Xunta en Vigo denunciou a “mala xestión” por parte do alcalde, pois a pesar de ser Vitrasa a que ofrece este servizo municipal, “non foi capaz de solicitar un autobús express a Peinador nos nove anos que leva de mandato”. López- Chaves cre que existe unha “mala intención” por parte de Caballero, pero afirmou que aínda que “o alcalde poña todas as trabas, o proxecto sairá adiante”.


A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL SEGUE A APOSTAR POLO VOLUNTARIADO CO PROGRAMA PASAPORTE SOLIDARIO QUE PROMOVE OS VALORES DE SOLIDARIEDADE, PARTICIPACIÓN E COMPROMISO SOCIAL

  • O programa favorece que os escolares se comprometan como voluntarios a través dunha metodoloxía activa e participativa, que achega ao alumnado á realidade do voluntariado

Arzúa (A Coruña), 8 de xuño de 2016.- Os alumnos do CPR Nosa Señora do Rosario de Arzúa que participaron no programa Pasaporte Solidario recibiron hoxe os certificados acreditativos de mans da directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez. Os principais obxectivos deste programa da Consellería de Política Social son os de promover valores de solidariedade, participación, compromiso social e voluntariado entre a comunidade educativa (pais, nais, profesorado e alumnado) e favorecer que os e as escolares se comprometan como voluntarios e voluntarias a través dunha metodoloxía activa e participativa, que achega ao alumnado á realidade do voluntariado.

 

O Pasaporte Solidario é un documento que contén páxinas con propostas de actividades solidarias pensadas tanto para alumnos de Primaria como da ESO. Coordinados polos centros educativos, cada participante ten que encher o seu pasaporte con certificados que acrediten o cumprimento da actividade solidaria. Entre as accións que hai que certificar para cubrir o Pasaporte atópanse tarefas como acompañar aos maiores, colaborar na casa ou axudar aos compañeiros de clase.

 

Cecilia Vázquez foi recibida polo equipo directivo do centro, onde escoitou as súas suxestións e propostas para mellorar o Pasaporte Solidario, unha iniciativa que cumpre o seu quinto ano de vida. A continuación saudou aos alumnos e alumnas participantes e puido coñecer de primeira man como se foron desenvolvendo as distintas actividades. Personificando neses alumnos e profesores, a directora xeral agradeceu a participación neste programa aos máis de 1.900 alumnos de 18 centros de Galicia que están a traballar co Pasaporte Solidario desde o pasado mes de outubro.

 

A directora xeral tamén destacou que con este proxecto a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ofrece unha programación para que os mozos e mozas galegos teñan a posibilidade de que desenvolvan un itinerario voluntario completo e continuo, que comeza en primaria con Móvete, segue co Pasaporte Solidario, dirixido a mozos de ata 12 anos, continúa coa Rede de Centros Solidarios para estudantes de secundaria, e complétase co Servizo de Voluntariado Xuvenil, que se prolonga ata os 30 anos.

 

UN ESPAÑOL EN EL ESTE DE LONDRES. LA MIRADA DETALLISTA DE CARLOS ALBA

unnamedLa Fábrica publica ‘The Observation of Trifles’ un ensayo fotográfico que indaga en un barrio inglés a través de lo cotidiano de sus calles

Sólo un extranjero puede sorprenderse con las pequeñas cosas que quedan abandonadas en las aceras. En una cuidada edición se reúnen aquellas fotografías que son capaces de sumergir al observador en un territorio desconocido

The Observation of Trifles  es una oda a aquello que tiene poca importancia para la mayoría de la gente  pero que, al mismo tiempo, las retrata. Una observación de lo menudo.

Carlos Alba sale al rescate del detalle, como lo han hecho los mejores fotorreporteros y narradores, pero esta vez para hacer una audaz y moderna revisión de un barrio londinense de clase obrera

La gente, la rutina, los objetos, las sombras, la basura, las ventanas…  han sido despojados de su contexto natural por un autor que los transforma para apropiárselo y componer así su propio  universo

REY VARELA SINALA O OBXECTIVO DA XUNTA DE “TRABALLAR MAN A MAN COAS ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL PARA QUE TODOS OS GALEGOS TEÑAN AS SÚAS NECESIDADES CUBERTAS”

  • Cifra en 122.400 euros a colaboración do Goberno galego con este comedor social, o que representa un aumento de máis do 30% desde o ano pasado e un 66% desde 2009
  • Destaca que grazas a Axenda Social de Galicia “melloraranse as axudas aos centros de emerxencia e inclusión social, coa apertura dunha nova liña na convocatoria de subvencións a entidades de iniciativa social para financiar gastos derivados da construción, ampliación, reforma e mellora dos centros”

2016-06-08 12.22.25_resized

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado do director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou na mañá de hoxe as instalacións da Cocina Económica de Santiago de Compostela. Alí, destacou que o obxectivo prioritario da Xunta de Galicia é “traballar man a man con estas entidades para que todos os galegos teñan as súas necesidades cubertas”.

 

Neste sentido, o conselleiro cifrou en 122.400 euros a colaboración do Goberno galego con este comedor social, o que representa un aumento de máis do 30% desde o ano pasado. “Se comparamos esta contía coa asignada en 2009 a axuda da Xunta medrou máis dun 66%”, engadiu.

 

Dentro da colaboración da Xunta de Galicia con outras organizacións sociais, o titular da carteira de Política Social lembrou que a Axenda Social asinada onte coa Fegamp “rubrica o acompañamento do Goberno galego ás entidades de iniciativa social”. Deste xeito, Rey Varela destacou que grazas a este acordo referendado por todos os concellos de Galicia, “melloraranse as axudas aos centros de emerxencia e inclusión social, coa apertura dunha nova liña na convocatoria de subvencións a entidades de iniciativa social para financiar gastos derivados da construción, ampliación, reforma e mellora dos centros”. O conselleiro indicou que a partida orzamentaria para as entidades de iniciativa social aumentará o seu orzamento ata duplicarse.

 

Na súa intervención, o responsable da carteira social gabou o labor que se fai desde unha cociña económica “que celebrará o seu 125 aniversario proximamente” e que permitiu que no ano 2013 repartíranse preto de 98.000 comidas (un 13,74% máis que no 2012), ademais de duplicar o seu número de usuarios pasando dos 70 ou 80 aos 190.

A DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE PRESENTA O CAMPO DE TRABALLO SOBRE A IGUALDADE NO MUNDO RURAL NO QUE PARTICIPARÁN 20 MOZOS E MOZAS

  • Os voluntarios e voluntarias realizarán dinámicas de rúa para presentar o Campo no municipio e entrevistarán en vídeo aos veciños e veciñas con intervencións e opinións sobre a igualdade para axudar a visualizar a problemática, entre outras iniciativas
  • A Consellería de Política Social organiza un total de 24 campos de traballo na comunidade galega nos meses de verán que contribúen á difusión de valores como a solidariedade e fomentan a mobilidade

 

Curtis (A Coruña), 8 de xuño de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, presentou esta mañá o Campo de Traballo de Curtis xunto co alcalde da localidade, Javier Caínzos. Esta iniciativa terá lugar entre o 20 e o 31 de xullo cunha temática ligada á igualdade no mundo rural.

Os voluntarios e voluntarias realizarán dinámicas de rúa para presentar o Campo no municipio, entrevistarán en vídeo aos veciños e veciñas con intervencións e opinións sobre a igualdade, para axudar a visualizar a problemática; traballarán nos campamentos de rapaces para implicar a mocidade nos termos e conceptos da igualdade e das actitudes e, por último, realizarán un traballo de investigación sobre a igualdade no medio rural, cunha exposición final.

Nesta iniciativa, na que colaboran a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e o Concello de Curtis, participarán un total de 20 voluntarios de entre 18 e 30 anos, procedentes de Galicia e do resto de España.

Cecilia Vázquez destacou que “os campos de traballo contribúen á difusión de valores como a participación, a solidariedade, o coñecemento do contorno e o traballo en equipo entre os participantes”. Así mesmo, “fomentan a mobilidade, pois ofrecen aos mozos e mozas a oportunidade de tomar parte en campos doutras Comunidades e países”.

Son polo tanto recursos de gran valor xuvenil, nos que Galicia é a comunidade de referencia na materia. Cómpre destacar que o ano pasado Galicia organizou o 34% dos campos de traballo internacionais que se celebraron en toda España, segundo o balance realizado polo Injuve.

A Consellería de Política Social organiza un total de 24 campos de traballo na comunidade galega nos meses de verán nos concellos coruñeses de Outes, A Laracha, Ponteceso, Boqueixón, Rois, Betanzos, Curtis, Vedra, Ribeira e Coirós e nos concellos ourensáns de Celanova, Ourense, Muíños, Vilamarín e A Peroxa. Así mesmo, celebraranse nos municipios lucenses de Folgoso do Courel, Portomarín, Becerreá, Pantón, Quiroga e Xermade, así como en localidades da provincia de Pontevedra como as Illas Cíes (4 quendas), Cotobade e Vilanova de Arousa.

Este ano os mozos e mozas galegos dispoñen de 575 prazas para participar nos Campos de traballo. Destas prazas, 120 son para Campos noutras comunidades autónomas, 250 para Campos en 34 países de Europa, Asia, África e América e 205 para Campos en Galicia. Con estes datos, Galicia é a comunidade española con máis prazas en campos de traballo.

Campaña de verán 2016

Cecilia Vázquez lembrou que os campos de traballo enmárcanse dentro da Campaña de Verán 2016 que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. “Esta campaña é a máis inclusiva e importante dos últimos anos no que se refire a número de prazas ofertadas. En total, son 9.046 as prazas que se ofrecen, o que significa incrementar nun 6% as prazas dispoñibles no ano pasado”, explicou a directora xeral.

Ademais destes campos, a campaña de verán inclúe albergues, campamentos e actividades de ocio e tempo libre para a mocidade. A Consellería de Política Social destina un orzamento de 2,6 millóns de euros a esta campaña.

Cómpre destacar que, outro dos aspectos positivos da campaña está no impulso ao emprego que leva aparellada. Grazas ao desenvolvemento destas actividades, as empresas de ocio e tempo libre de Galicia darán traballo a máis de 900 monitores/as e directores/as de campamentos.

Os interesados e interesadas nesta campaña, xa poden consultar toda a información relativa á mesma en http://xuventude.xunta.es.

 

Manifestación Servicarne-Frigolouro Porriño.

a FGAMT-CIG convoca unha manifestación Hoxe mércores día 8 no Porriño en solidariedade co persoal de Servicarne, autónomos/as dependentes de Frigolouro. Os traballadores/as manteñen unha loita sostida dende hai máis de dous meses para reclamar unhas condicións laborais dignas e denunciar a explotación á que son sometidos/as.2016 06 07 CartazServicarneFrigolouroManifaPorrinho
A marcha partirá da Casa da Cultura ás 11.00 horas e rematará diante das instalacións de Frigolouro.

UN TOTAL DE 40 PERSOAS ACHÉGANSE AO MUNDO DA NÁUTICA GRAZAS Á ACTIVIDADE AMAROMAR DA DIRECCIÓN XERAL DE MAIORES E PERSOAS CON DISCAPACIDADE

  • A primeira edición desta iniciativa celebrada hoxe en Baiona, enmárcase no programa Lecer Activo que ten por obxectivo axudar a manter un nivel axeitado de benestar persoal e social en termos físicos, emocionais e psicosociais, e que permiten que os maiores persoas sigan formando parte da sociedade na que viven
  • Os e as participantes realizaron unha saída en barco pola baía de Baiona e as Illas Cíes e completaron un percorrido cultural guiado pola vila pontevedresa

 

Baiona (Pontevedra), 7 de xuño de 2016.- Un total de 40 persoas usuarias das residencias de maiores de Monforte, Castro Caldelas e O Carballiño, participaron hoxe en Baiona na primeira edición da actividade Amaromar, enmarcada no programa Lecer Activo desenvolto pola Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

 

Amaromar permite ás persoas maiores estar en contacto co mar así como achegarse dende un punto de vista recreativo á actividade náutica. Deste xeito, nas instalacións do Club de Iates, os e as asistentes, entre os que se atopaba a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro, coñeceron de primeira man e a través de persoas expertas, o mundo náutico. Así mesmo, realizaron unha saída en barco pola baía de Baiona e as Illas Cíes e completaron un percorrido cultural guiado pola vila pontevedresa.

 

Esta iniciativa, enmárcase no programa Lecer Activo da Consellería de Política Social, que oferta unha serie de actividades de ocio que axudan aos maiores e ás persoas con discapacidade a pasalo ben e gozar de iniciativas que melloran a calidade de vida destas persoas.

 

Os programas incluídos en Lecer Activo destinados ás persoas maiores, incorporan accións que axudan a manter un nivel axeitado de benestar persoal e social en termos físicos, emocionais e psicosociais, e que permiten que os maiores persoas sigan formando parte da sociedade na que viven, con independencia de cal sexa o seu modo de residencia. Na oferta de actividades do programa Lecer Activo 2016 teñen un papel activo tanto as persoas residentes en centros de titularidade pública como os propios equipos profesionais, en tanto que son eles e elas os que deciden as actividades nas que teñen interese en participar, e isto é un elemento fundamental cara a que a través deste programa se poidan acadar os obxectivos que o mesmo ten: fomentar o benestar físico, mental e social a través do lecer.

Dentro da programación destaca o gran abano de posibilidades que ofrece ás persoas maiores con actividades deportivas como a andaina no Bosque de Galicia, actividades en contacto coa natureza como a celebrada hoxe en Baiona, ou actividades culturais como as representacións teatrais.

 

Respecto á programación destinada ás persoas con discapacidade, cómpre subliñar actividades deportivas como a vela adaptada, tenis adaptado, de contacto coa natureza como as actividades con cans e cabalos, así como as culturais como os contacontos.

 

CIG-SAÚDE denuncia que o material cirúrxico do H. Álvaro Cunqueiro está sendo enviado a POVISA para a súa esterilización.

cisaude (2)É lamentable que tendo unha central de esterilización pública, acreditada e con profesionais competentes, nos vexamos, desde que se iniciou o traslado ao Novo hospital, con continuos problemas co material, que ocasionan reiteradas suspensións de intervencións cirúrxicas.

A falta absoluta de previsión da Xerencia da EOXI de Vigo ocasionou que a central de esterilización antiga, que funcionaba, deixara de facelo antes de ter montada e en pleno funcionamento a nova central de esterilización. Esta nova central ten que funcionar coas máximas garantías e as traballadoras e traballadores deben estar preparados para o uso das novas tecnoloxías implantadas.

As e os profesionais de esterilización coas dúas centrais funcionando a medias e con evidentes problemas para optimizar o funcionamento da nova, son insuficientes para sacar o traballo adiante o que fai que a metade da plantilla se atope en situación de baixa laboral pola presión á que está sometida.

Desde CIG-Saúde demandamos que un aspecto tan crítico e que condiciona a asistencia sanitaria da nosa área como é a esterilización sexa unha prioridade, e no canto de contratar coa sanidade privada, se invista en persoal e medios que permitan a correcta posta en marcha da nova central de esterilización de acordo cos estándares e certificacións que garantan que as intervencións se fagan nas mellores condicións, pois o que está en xogo é a saúde de todas e de todos.

 

A TERCEIRA EDICIÓN DE ‘PORRIGALIA’ TRANSFORMARÁ O PORRIÑO QUE RECIBIRÁ,XUNTO CON GALOS, ROMANOS, CASTREXOS, BÁRBAROS E GREGOS A MAÍS DE 20.000 VISITANTES OS DÍAS 29, 30 e 31 DE XULLO

Alcaldesa cos hostaleiros este martesGalos e celtas, lexións romanas, tribus castrexas, mesmo gregos, voltan un ano máis a invadir o Porriño nunha nova edición de ‘Porrigalia’ que transformará a cara da vila durante dous días nos que se celebrarán carreiras de cuadrigas e bigas, mostra de cabalos, aves de cetrería e loita de gladiadores, no que serán os terceiros ‘Xogos Olímpicos’ do Porriño, os segundos que se celebran durante o mandato do actual goberno local.

A alcaldesa, que este martres mantivo unha xuntanza con representantes dos hostaleiros locais, sinalou que a cita deste 2016 implicará un maior protagonismo e implicación das asociacións veciñais e culturais, máis presenza do festa en toda a vila, un aumento dos postos de comida, roupa, un mercado artesán máis concorrida e unha aposta decidida pola presenza tanto de comerciantes do Porriño como de fora, como poñen de manifesto as solicitudes de ‘feirantes’ do resto de España, Portugal, mesmo de Venezuela.

‘Porrigalia’, subliña Eva García de la Torre, tentará superar os 20.000 asistentes do ano pasado impulsando, especialmente, a participación das veciñas e veciños na festa, volvendo a apostar por outro xeiro de lecer, “potenciando o atractivo do Porriño e conquerindo que Porrigalia sexa unha referencia en toda a Área Metropolitana”.

Para conquerirlo, este ano, á programación, que como é tradicional, empezará co encendido do facho ‘olímpico’ no Faro Budiño e o seu traslado, por relevos, ata o centro do Porriño, incorporará “sorpresas e novidades espectaculares” que contribuirán a aumentar o interse pola festa e o entretenimento.