A XUNTA COMUNICA AOS CONCELLOS DA ÁREA TERRITORIAL DE VIGO A RESOLUCIÓN DOS OBRADOIROS DE EMPREGO PARA AMPLIAR AS OPORTUNIDADES LABORAIS DE 220 DESEMPREGADOS

O delegado territorial da Xunta informou que se conceden oito obradoiros ordinarios e catro destinados a menores de 30 anos para 10 concellos da área24052016_RPVivenda

  • O Porriño, Mos, Redondela, Soutomaior, Moaña, Cangas, Vigo e os tres municipios do Val Miñor –Baiona, Nigrán e Gondomar- beneficiaranse destes programas mixtos de formación e emprego 
  • López-Chaves destacou a dobre finalidade que aportan estes OOEE con formación á vez que son unha unha ocupación para as persoas desempregadas
  • O delegado aproveitou a ocasión para aclarar o asunto do autobús a Peinador e sinalou que se a liña fose competencia da Xunta “xa estaría en marcha”. Vigo, 08 de xaneiro de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, informou esta mañá en rolda de prensa da resolución dos obradoiros de emprego (OOEE) para beneficio dos concellos pertencentes a área territorial de Vigo e cos que se pretenden ampliar as oportunidades laborais de 220 persoas desempregadas.


    López-Chaves destacou a dobre finalidade destes programas mixtos de formación e emprego porque “aportan formación” á vez que son unha unha ocupación para as persoas que se atopan nunha situación de desemprego.


    A duración dos obradoiros é de 6 meses e diferenciaranse en ordinarios e de garantía xuvenil para menores de 30 anos. A Xunta comunicará dende hoxe a resolución dos mesmos aos municipios e, coma explicou o delegado, concedéronse oito obradoiros ordinarios e catro de garantía xuvenil para un total de 10 concellos da área metropolitana.


    Os municipios beneficiados onde se impartirán os obradoiros son Vigo, Soutomaior, O Porriño, Cangas, Mos, Moaña –Patroado Municipal de Beiramar-, Redondela e os tres concellos da Mancomunidade do Val Miñor (Baiona, Nigrán e Gondomar). Os xuvenís terán lugar en Vigo, Redondela, Mos e Val Miñor. En total se verán beneficiados 220 persoas en situación de desemprego das que 160 realizarán as súas tarefas nos OOEE ordinarios e 60 nos de garantía xuvenil co obxectivo de mellorar a súa inserción laboral.


    Os obradoiros céntranse na realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral. Esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios recibirán formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos.


    As partidas orzamentarias que a Xunta destina para cada un dos obradoiros ordinarios é de 180.000 euros e de 130.000 euros por cada obradoiro xuvenil. O delegado territorial resaltou que isto supón “un aumento das persoas beneficiarias” e a aposta do Goberno galego pola “formación e capacitación no traballo nos meses que duran estes programas”.


    Autobús a Peinador

    Respectivamente o asunto do autobús a Peinador, López-Chaves declarou que “se fose competencia da Xunta xa estaría en marcha”. O problema en Vigo, coma dixo, e a diferencia do que sucede en Santiago, é que ao tratarse dun autobús interurbano é o Concello de Vigo o que ten competencias neste asunto. É labor do concello actuar como “intermediario” entre a empresa concesionaria Vitrasa e a Xunta.


    O delegado territorial da Xunta en Vigo denunciou a “mala xestión” por parte do alcalde, pois a pesar de ser Vitrasa a que ofrece este servizo municipal, “non foi capaz de solicitar un autobús express a Peinador nos nove anos que leva de mandato”. López- Chaves cre que existe unha “mala intención” por parte de Caballero, pero afirmou que aínda que “o alcalde poña todas as trabas, o proxecto sairá adiante”.


Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: