REY VARELA SINALA O OBXECTIVO DA XUNTA DE “TRABALLAR MAN A MAN COAS ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL PARA QUE TODOS OS GALEGOS TEÑAN AS SÚAS NECESIDADES CUBERTAS”

  • Cifra en 122.400 euros a colaboración do Goberno galego con este comedor social, o que representa un aumento de máis do 30% desde o ano pasado e un 66% desde 2009
  • Destaca que grazas a Axenda Social de Galicia “melloraranse as axudas aos centros de emerxencia e inclusión social, coa apertura dunha nova liña na convocatoria de subvencións a entidades de iniciativa social para financiar gastos derivados da construción, ampliación, reforma e mellora dos centros”

2016-06-08 12.22.25_resized

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado do director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou na mañá de hoxe as instalacións da Cocina Económica de Santiago de Compostela. Alí, destacou que o obxectivo prioritario da Xunta de Galicia é “traballar man a man con estas entidades para que todos os galegos teñan as súas necesidades cubertas”.

 

Neste sentido, o conselleiro cifrou en 122.400 euros a colaboración do Goberno galego con este comedor social, o que representa un aumento de máis do 30% desde o ano pasado. “Se comparamos esta contía coa asignada en 2009 a axuda da Xunta medrou máis dun 66%”, engadiu.

 

Dentro da colaboración da Xunta de Galicia con outras organizacións sociais, o titular da carteira de Política Social lembrou que a Axenda Social asinada onte coa Fegamp “rubrica o acompañamento do Goberno galego ás entidades de iniciativa social”. Deste xeito, Rey Varela destacou que grazas a este acordo referendado por todos os concellos de Galicia, “melloraranse as axudas aos centros de emerxencia e inclusión social, coa apertura dunha nova liña na convocatoria de subvencións a entidades de iniciativa social para financiar gastos derivados da construción, ampliación, reforma e mellora dos centros”. O conselleiro indicou que a partida orzamentaria para as entidades de iniciativa social aumentará o seu orzamento ata duplicarse.

 

Na súa intervención, o responsable da carteira social gabou o labor que se fai desde unha cociña económica “que celebrará o seu 125 aniversario proximamente” e que permitiu que no ano 2013 repartíranse preto de 98.000 comidas (un 13,74% máis que no 2012), ademais de duplicar o seu número de usuarios pasando dos 70 ou 80 aos 190.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: