UN TOTAL DE 40 PERSOAS ACHÉGANSE AO MUNDO DA NÁUTICA GRAZAS Á ACTIVIDADE AMAROMAR DA DIRECCIÓN XERAL DE MAIORES E PERSOAS CON DISCAPACIDADE

  • A primeira edición desta iniciativa celebrada hoxe en Baiona, enmárcase no programa Lecer Activo que ten por obxectivo axudar a manter un nivel axeitado de benestar persoal e social en termos físicos, emocionais e psicosociais, e que permiten que os maiores persoas sigan formando parte da sociedade na que viven
  • Os e as participantes realizaron unha saída en barco pola baía de Baiona e as Illas Cíes e completaron un percorrido cultural guiado pola vila pontevedresa

 

Baiona (Pontevedra), 7 de xuño de 2016.- Un total de 40 persoas usuarias das residencias de maiores de Monforte, Castro Caldelas e O Carballiño, participaron hoxe en Baiona na primeira edición da actividade Amaromar, enmarcada no programa Lecer Activo desenvolto pola Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

 

Amaromar permite ás persoas maiores estar en contacto co mar así como achegarse dende un punto de vista recreativo á actividade náutica. Deste xeito, nas instalacións do Club de Iates, os e as asistentes, entre os que se atopaba a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro, coñeceron de primeira man e a través de persoas expertas, o mundo náutico. Así mesmo, realizaron unha saída en barco pola baía de Baiona e as Illas Cíes e completaron un percorrido cultural guiado pola vila pontevedresa.

 

Esta iniciativa, enmárcase no programa Lecer Activo da Consellería de Política Social, que oferta unha serie de actividades de ocio que axudan aos maiores e ás persoas con discapacidade a pasalo ben e gozar de iniciativas que melloran a calidade de vida destas persoas.

 

Os programas incluídos en Lecer Activo destinados ás persoas maiores, incorporan accións que axudan a manter un nivel axeitado de benestar persoal e social en termos físicos, emocionais e psicosociais, e que permiten que os maiores persoas sigan formando parte da sociedade na que viven, con independencia de cal sexa o seu modo de residencia. Na oferta de actividades do programa Lecer Activo 2016 teñen un papel activo tanto as persoas residentes en centros de titularidade pública como os propios equipos profesionais, en tanto que son eles e elas os que deciden as actividades nas que teñen interese en participar, e isto é un elemento fundamental cara a que a través deste programa se poidan acadar os obxectivos que o mesmo ten: fomentar o benestar físico, mental e social a través do lecer.

Dentro da programación destaca o gran abano de posibilidades que ofrece ás persoas maiores con actividades deportivas como a andaina no Bosque de Galicia, actividades en contacto coa natureza como a celebrada hoxe en Baiona, ou actividades culturais como as representacións teatrais.

 

Respecto á programación destinada ás persoas con discapacidade, cómpre subliñar actividades deportivas como a vela adaptada, tenis adaptado, de contacto coa natureza como as actividades con cans e cabalos, así como as culturais como os contacontos.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: