Apoio SOS Sanidade Pública peche Meixoeiro.

IMG_20160608_174827A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de Vigo – SOS Sanidade Pública, reunida o mércores 8 de xuño de 2016, no Hospital do Meixoeiro, acorda facer público o seu apoio ao peche que se está a realizar no Hospital do Meixoeiro desde o 1 de xuño, convocado pola Xunta de Persoal da área sanitaria e “SOS Meixoeiro” e a Manifestación do 22 de xuño, ás 8 da tarde desde a entrada do H. Meixoeiro, por coincidir cos motivos da convocatoria:

  • Apertura de tódalas camas de hospitalización.
  • Apertura da Unidade de Críticos.
  • Contra as derivacións á sanidade privada.
  • Por un plan de choque contra as escandalosas listas de espera.

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo xa ten expresado que a reordenación da área sanitaria debería basearse na integración de todos os recursos asistenciais para evitar a fragmentación e descoordinación entre centros, servizos e niveis asistenciais e na creación de novos recursos para completar unha oferta asistencial racional e axustada ás necesidades e ao volume de poboación.

Tendo en conta a visión global dos recursos dispoñibles na área sanitaria, para o Hospital do Meixoeiro a Plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo reclama:

  • Manter o seu funcionamento como hospital xeral programado aínda que sen porta de urxencias, recuperando as camas e recursos recortados.
  • Concentrar a actividade oncolóxica neste hospital aproveitando e axustando a dotación tecnolóxica específica xa dispoñible neste centro para atender estas patoloxías, convertendo ao CHUVI en referencia Oncolóxica para o sur de Galicia.
  • Situar neste centro todos os recursos de Cirurxía Programada (Maior Ambulatoria e con Ingreso) da área, aproveitado os seus quirófanos e as camas cirúrxicas (axustándoas segundo necesidades) e creando unha unidade de atención a pacientes críticos polivalente.
  • Consolidar a Unidade de Coidados Paliativos (co 100% das camas situadas en habitacións individuais).
  • Esta especialización determina a necesidade de manter unidades de diagnóstico por imaxe e laboratorio.

Por estas razóns, a Plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo fai un chamamento á cidadanía da área sanitaria a que participe na Manifestación do 22 de xuño e apoie o peche que se está a realizar estes días no H. do Meixoeiro.

 

Vigo, 9 de xuño de 2016

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: