A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL CONTINÚA A TRABALLAR COS CONCELLOS NA OPTIMIZACIÓN DE RECURSOS PARA AXUDAR Á INFANCIA E Á DEPENDENCIA

  • O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro co alcalde de Ames, JosŽ Manuel Mi–ones Conde.

    O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro co alcalde de Ames, JosŽ Manuel Mi–ones Conde.

    José Manuel Rey Varela reuniuse esta tarde co alcalde de Ames, José M. Miñones Conde, para establecer posibles novas vías de colaboración e repasar os programas que a Xunta desenvolve no municipio

  • A Xunta de Galicia abriu no 2010 unha escola infantil en Milladoiro que oferta máis de 100 prazas e ademais, ten en previsión construír outra en Bertamiráns con máis de 80 prazas
  • A administración autonómica mantén un concerto de prazas co Centro Ocupacional Arcea Adames, polo que achega máis de 77.000 euros

 

Santiago, 8 de xuño de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo hoxe un encontro en San Caetano co alcalde de Ames, José M. Miñones Conde. Unha reunión que serviu para afianzar as liñas de colaboración entre as administracións autonómica e local e que se enmarca na rolda de contactos cos rexedores galegos posta en marcha por Rey Varela.

 

No encontro, o titular de Política Social e o rexedor, repasaron os principais programas que a Xunta de Galicia está a desenvolver na localidade no eido social. Na área de Dependencia, cómpre destacar o incremento de 1.111 horas no Servizo de Axuda no Fogar, ascendendo así o número total de horas a 3.390 das que se benefician 49 usuarios.

 

Na área de infancia, a Consellería de Política Social mantén a xestión pública da escola infantil de Ames- Milladoiro, que conta con 7 unidades e cun total de 102 prazas. Así mesmo, o departamento autonómico ten en previsión dotar á localidade dunha nova escola infantil en Bertamiráns, que contaría con 6 unidades e máis de 80 prazas, un asunto que tamén foi tratado no encontro entre ambos mandatarios.

 

Cómpre destacar que a Xunta de Galicia mantén un concerto de 11 prazas co Centro Ocupacional Arcea Ademes que presta servizos a persoas con discapacidade e para o que a administración autonómica aposta máis de 77.000 euros neste 2016.

 

Rey Varela afirmou ao termo do encontro que a vía para garantir unhas verdadeiras políticas sociais é á da acción conxunta entre administracións para a optimización de recursos, de xeito que redunden na mellora do benestar dos galegos e galegas máis desfavorecidos. Deste xeito, conselleiro e rexedor tamén abordaron a posibilidade de explorar novas vías de colaboración para a mellora da carteira de servizos sociais que existe na actualidade neste concello, así como de incrementar o persoal das unidades básicas de traballo social.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: