A XUNTA INICIARÁ NO VERÁN AS OBRAS DE MELLORA DO FIRME NA RÚA ROSALÍA DE CASTRO, EN SALVATERRA DE MIÑO, COA FIN DE INCREMENTAR A SEGURIDADE VIARIA

  • Estas actuacións, cuxo orzamento ascende a máis de 300.000 euros, realizaranse ao longo dos 600 metros do treito urbano entre Salvaterra e A Rañada, na PO-409
  • Reforzarase o firme da calzada, dende a glorieta existente coa rúa do Miño ata o final do tramo urbanizado
  • Vázquez Mourelle tamén lle traslada ao alcalde que a execución da senda peonil da travesía de Oleiros está a piques de rematar, dando cumprimento a unha demanda veciñal
  • Avanza que a Comisión Provincial de Pontevedra propuxo hoxe a adxudicación de dúas vivendas en Salvaterra a dúas familias deste municipio que se atopan en situación de exclusión social

 

Salvaterra de Miño (Pontevedra), 9 de xuño de 2016.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo co alcalde de Salvaterra de Miño, Arturo Grandal, ao que lle trasladou que o Goberno galego iniciará no verán as obras de mellora do firme e reposición de servizos na rúa Rosalía de Castro.

 

Vázquez Mourelle sinalou que a Xunta licitou estas obras no pasado mes de abril por un importe de máis de 300.000 euros.

 

Trátase do treito urbano entre Salvaterra e A Rañada, na PO-409, que ten unha lonxitude de 600 metros. Así, reporase o firme da calzada, dende a glorieta existente coa rúa do Miño ata o final do treito urbanizado, incluíndose tamén accións de instalación de novas redes de saneamento e pluviais.

 

Na reunión de hoxe tamén se abordou outra actuacións que está a piques de rematar, a senda peonil da travesía de Oleiros, na estrada entre Salvaterra e Vilasobroso, na PO-402, cuxo investimento é de preto de 60.000 euros.

 

Esta senda de medio quilómetro de lonxitude, pola marxe dereita da estrada, comunicará o núcleo de Oleiros co cemiterio. A infraestrutura ten tipoloxía de cuneta transitable, de xeito que permite que os veciños transiten por ela de xeito cómodo e seguro, ao tempo que posibilita a recollida de augas pluviais.

Ethel Vázquez salientou que os traballos estanse ultimando, polo que nos vindeiros días estarán completamente rematados, dando cumprimento a unha demanda veciñal que foi trasladada polo alcalde.

Adxudicación de vivendas

Por outra parte, a responsable de Infraestruturas do Goberno galego salientou que a Comisión Provincial de Vivenda de Pontevedra propuxo hoxe a adxudicación de dúas vivendas, propiedade de Abanca, en Salvaterra, a dúas familias deste municipio que se atopan en risco de exclusión social.

 

A Xunta avanza deste xeito no cumprimento do Plan rehaVita, que reforza as medidas destinadas a garantir un fogar as familias máis desfavorecidas. Así, estas solucións non só se dirixen a aquelas persoas que non poden afrontar o pago do alugueiro ou hipoteca da súa vivenda, senón que tamén se ofrece colaboración a outros problemas de índole social.

 

A Consellería de Vivenda lembra que está a dar resposta a todas as familias que solicitan axuda. Neste sentido, a Xunta multiplicou os esforzos para achegar solucións ás persoas en situación de risco, mediante doce medidas activadas para loitar contra os desafiuzamentos, entre as que destacan o Bono de Alugueiro social ou os convenios con entidades financeiras.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: