Teatro no Porriño

TeatroO ‘Circuíto Galego de Teatro Amador’ chega ao Porriño cas súas representacións impulsadas por compañías de afeizoados a esta actividade cultural que conta coa colaboración do Concello e que  ten o seu escenario no Centro Cultural porriñés, os días 10, 11, 17, 18 e 19 deste mes de xuño, ás 20:30 horas, a cargo das compañías A Fiestra, de A Coruña, Hipócrita Teatro, de Lugo, Atrezzo, de Vigo, e Tiruleque, de O Carballiño.  

Este circuito, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado (FAGATEA), presidida por Chelo Pampillón, está presente en máis de 10 concellos, das catro provincias, nos que medio cento de grupos galegos de teatro poden amosar as súas montaxes en vilas distintas da súa potenciando a colaboración entre asociacións teatrais e institucións públicas que contribúe, deste xeito, á dinamización social e cultural do país.

O proxecto do Circuito Galego de Teatro Amador consiste na realización dunha rede de circuítos teatrais en Galicia: cada circuíto fai unha programación de varias funcións teatrais que promoverán a mobilidade xeográfica das compañías.

Os circuítos concedense atendendo a calidade dos espazos, experiencia dos grupos de teatro na organización de programacións teatrais e interese xeográfico en proporción tamén ao número de grupos federados en cada provincia.

Na actualidade hai 15 concellos galegos nos que haberá un total de 61 representacións, que teñen coma principal obxectivo a “creación de espectadores para o teatro”, unha finalidade que, dacordo cos datos recollidos acerca do público que asiste ás funcións programadas, así como a participación noutras accións levadas a cabo pola Federación Galega de Teatro Federado, como formación, xornadas ou certames, “vén a amosar, ano tras ano, o incremento do interese da poboación por este tipo de actividades culturais”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: