MARCO Vigo: inauguración MAIDER LÓPEZ

MAIDER LÓPEZ

Desprazamentounnamed

10 xuño – 18 setembro 2016

Salas de exposición da planta baixa

Martes a sábados (festivos incluídos), de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 / Domingos, de 11.00 a 14.30

Comisariado: Iñaki Martínez Antelo

Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo / Koldo Mitxelena Kulturunea

Desprazamento dá título ademais á exposición de Maider López (San Sebastián, 1975), artista cun importante curriculum de intervencións no espazo público e exposicións internacionais. A mostra revisa o seu traballo dos dez últimos anos, no que accións cotiás e realidades comúns son cuestionadas. O espazo urbano e a paisaxe natural dislócanse mediante estratexias que alteran hábitos e relacións, xerando novos espazos ou situacións, novas regras do xogo, convidándonos a repensar a nosa contorna.Desprazamento é unha intervención específica na planta baixa do MARCO que xera un duplicado de medio metro de altura das paredes do museo que, ao seren desprazadas, nos permiten repensar o lugar, ofrecendo perspectivas, itinerarios e circulacións non habituais.

Desprazar é “mover ou sacar a alguén ou algo do lugar no que está”, definición que nos dá as claves necesarias para enfrontarnos a estes traballos. Non só porque Maider López utiliza o desprazamento como recurso para crear situacións de estrañamento, senón pola súa vontade de xerar un novo lugar mental no que confrontar as nosas ideas preestablecidas.

A exposición é unha coprodución de MARCO de Vigo e Koldo Mitxelena Kulturunea, onde tivo lugar entre outubro de 2015 e febreiro de 2016. Ademais da intervención que dá título á mostra, o percorrido polos espazos da planta baixa do MARCO abrangue toda unha serie de proxectos específicos realizados ao longo dos últimos dez anos, e conectados conceptualmente coa peza central da exposición.

No texto “Desvelando as conexións do real”, incluído no catálogo da mostra, a escritora e comisaria Fulya Erdemci formula como Maider López, a partir de traballos non exentos de humor, e que a miúdo implican a participación activa de persoas de distintos ámbitos, fainos experimentar co estado das cousas mediante sutís cambios, pequenas alteracións e movementos na súa orde:

“A través de detalles da vida cotiá, dos espazos que nos rodean ou das relacións triviais e ordinarias entre as persoas, nos seus proxectos imos entendendo a estrutura e a orde das cousas e facémonos conscientes da súa fraxilidade, comprendendo que facilmente poderían ser doutra maneira”.

—————————————————————————–

 

+ INFO en  http://www.marcovigo.com/content/maider-l-pez-desprazamento

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: