A XUNTA DE GALICIA REIVINDICA AS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS EN CONDICIÓNS DE IGUALDADE EN TODAS AS ESFERAS DA VIDA EDUCATIVA, SOCIAL, CULTURAL, ECONÓMICA E POLÍTICA DA NOSA COMUNIDADE

  • O acordo institucional lembra que as linguas de signos españolas están recoñecidas por lei a nivel estatal e autonómico, o que compromete á sociedade ás institucións tanto a promover a aprendizaxe e coñecemento das mesmas como a garantir o seu libre uso en tódolos ámbitos da vida
O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, dar‡ lectura ‡ declaraci—n institucional con motivo do D’a Nacional das Linguas de Signos Espa–olas.

O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, dar‡ lectura ‡ declaraci—n institucional con motivo do D’a Nacional das Linguas de Signos Espa–olas.

Santiago, 14 de xuño de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, leu hoxe a declaración institucional conmemorativa  do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas que se celebrou nas dependencias de San Caetano e que contou coa presenza do presidente da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), Iker Sertucha Lista, e doutros membros da xunta directiva desta entidade. Con este acto quérese poñer de relevo o papel importante que xoga a lingua de signos española para a transmisión de ideas, as relacións persoais e sociais, e o intercambio de coñecementos.

 

A Xunta de Galicia, con motivo desta xornada, quere poñer de relevo o valor destas linguas no exercicio dos dereitos, deberes e liberdades das persoas xordas e xordocegas, como garantes da súa participación igualitaria na vida democrática. De feito, o acordo institucional da conta do recoñecemento por lei das linguas de signos españolas a nivel estatal e autonómico, o que compromete á sociedade e ás institucións tanto a promover a aprendizaxe e coñecementos das mesmas como a garantir o seu libre uso en todos os ámbitos da vida.

 

Así, e a través da propia declaración, a Xunta “apela a todas as institucións, axentes públicos, socias e ao conxunto da cidade para actuar de forma comprometida para colocar as linguas de signos españolas en condicións de igualdade en todas as esferas da vida educativa, social, cultural, económica e política da nosa Comunidade Autónoma”. Neste sentido, o texto institucional recoñece que “as linguas xogan un papel fundamental para a convivencia e o respecto das nosas comunidades, por iso debemos articular medidas que garantan a protección das linguas de signos españolas”.

 

Por último, o acordo ao que deu lectura o titular de Política Social recoñece “o labor do movemento asociativo da Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE), que contribuíu decisivamente a que estas linguas alcancen un status legal e social pero sobre todo por manter vivo un legado que forma parte do patrimonio común de toda a cidadanía”.

 

Conmemoración nas cidades

A FAXPG celebra nas sete grandes cidades de Galicia o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas instalando na rúa carpas informativas nas que ademais se fan actividades dirixidas aos nenos e nenas. O obxectivo é dar a coñecer a lingua de signos á cidadanía en xeral, promover a súa difusión e normalizar o seu uso.

 

O Día Nacional das Linguas de Signos Españolas adoptouse en 2014 en Consello de Ministros, e dende entón celébrase cada 14 de xuño porque este mesmo día de 1936 constituíuse a Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE), entidade que este ano celebra o seu 80 aniversario. Con esta conmemoración, España segue a senda doutros países europeos como Islandia, Finlandia, Suecia e Eslovenia que contan con iniciativas semellantes.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: