Detido pola Policía Local cando roubaba na rúa Antonio Palacios do Porriño

Axentes da Policía Local do Porriño detiveron este martes, ás 04:50h., a J.R.M.P. de 33 anos de idade, veciño de Vigo, por un presunto delito de roubo con forza nas cousas. O detido foi sorprendido no acto polos integrantes dunha patrulla do 092, que se atopaba en labor de vixianza, cando este saía dun establecemento de hostalería da rúa Antonio Palacios.

O detido foi quen entrar no local logo de forzar a porta principal e, cando estaba saíndo do establecemento arastrando unha máquina comecartos, que tentaba meter nun vehículo, foi sorprendido polos axentes.

Logo de facerse as primeiras dilixencias, o detido foi levado e entregado á Garda Civil do Porriño para a súa posterior posta a disposición xudicial. Asimesmo, os policías comprobaron que o coche que pretendía usar para levarse a máquina, non tiña seguro obrigatorio e tampouco pasara a ITV, polo cal foi inmovilizado no depósito municipal.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: