O DIARIO OFICIAL DE GALICIA PUBLICA A LICITACIÓN DOS SEGUROS DE RISCO, GARANTÍA DE COBRO E ASISTENCIA XURÍDICA QUE PROTEXERÁN OS INMOBLES QUE SE INTEGREN NO PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS

 

  • Con estas pólizas, os propietarios das vivendas teñen asegurada a cobertura dos posibles desperfectos e a percepción das rendas do alugueiro
  • Ata o momento 23 concellos xa solicitaron oficialmente a súa incorporación ao programa posto en marcha pola Xunta en colaboración coa Fegamp e outros 24 pediron información sobre o seu funcionamento
  • O Concello de Ourense foi xa o primeiro municipio galego en formalizar a súa adhesión a ao Programa, que permite ofrecer vivendas privadas en réxime de alugueiro a prezos limitados

 

 

Santiago, 14 de xuño de 2016.- A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación dos seguros multirrisco do fogar e de garantía de cobro de rendas impagadas, con asistencia e defensa xurídica, incluídos no Programa de Vivendas Baleiras (http://goo.gl/nR3lP5).

 

O importe da licitación é de 396.750 para o seguro multirrisco do fogar e de 292.864,98 euros para o seguro de garantía de cobramento de rendas impagadas e asistencia e defensa xurídica, polo que a Xunta destinará en total case 700.000 euros a estas garantías para os inmobles desocupados que se destinen a alugueiro social.

 

Ata o momento xa son 23 os concellos de toda Galicia, que solicitaron formalmente a adhesión ao Programa de Vivendas Baleiras, entre os que destacan o de Ourense, que foi o primeiro en adherirse. Outros 24 concellos, solicitaron da Consellería de Infraestruturas e Vivenda información previa á súa solicitude de adhesión ao convenio.

 

O Programa de Vivendas Baleiras é unha iniciativa da Xunta de Galicia coordinada e acordada coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) que ten por obxecto destinar vivendas baleiras de propiedade pública ou privada ao alugueiro social por parte de familias desfavorecidas.

 

Os concellos que o desexen deben solicitar a súa adhesión ao Programa ante a Xutna  e mobilizar vivendas desocupadas para destinalas a alugueiro social. Estas vivendas terán aseguradas, por parte da Xunta e sen custe para os propietarios coberturas que hoxe se licitan no Diario Oficial de Galicia:

 

  1. Un seguro multirrisco do fogar, polo que quedarán cubertos todos aqueles danos sufridos pola vivenda durante a vixencia do arrendamento.

 

  1. Un seguro da garantía do cobro da renda nas mensualidades impagadas polos arrendatarios e a asistencia e defensa xurídica dos arrendadores nos procesos de desafiuzamento ou reclamacións de cantidade por impago de rendas, que inclúa os honorarios de avogado e dereitos e suplidos de procurador, cando a súa intervención sexa preceptiva, gastos notariais e de outorgamento de poderes para preitos e gastos de execución procesual.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: