REY VARELA DESTACA A IMPORTANCIA DA PROGRAMACIÓN DE LECER ACTIVO QUE PROMOVE O BENESTAR DAS PERSOAS MAIORES E DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE RESIDENTES EN CENTROS DA XUNTA

  • O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, acompa–ar‡ aos usuarios das residencias de Mar’n e Campolongo (Pontevedra) nunha Andaina Saudable polo Bosque de Galicia, actividade inclu’da no Programa Lecer Activo.

    O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, acompa–ar‡ aos usuarios das residencias de Mar’n e Campolongo (Pontevedra) nunha Andaina Saudable polo Bosque de Galicia, actividade inclu’da no Programa Lecer Activo.

    A andaina no Bosque de Galicia insírese dentro dun programa que oferta nos meses de verán un feixe de actividades de ocio que axudarán aos maiores e ás persoas con discapacidade a pasalo ben e gozar dunha serie de iniciativas que, ao mesmo tempo, acadarán a mellora da súa calidade de vida

  • No deseño da programación para maiores tiveron un papel activo tanto as persoas residentes nos centros como os propios equipos profesionais, en tanto que son eles os que deciden as actividades nas que teñen interese en participar, un elemento fundamental para acadar os obxectivos do programa: fomentar o benestar físico, mental e social a través do lecer

 

Santiago, 14 de xuño de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado pola directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro, participou esta mañá nunha andaina de maiores no Bosque de Galicia da Cidade da Cultura na que participaron 46 persoas das Residencias de Marin e  de Campolongo (Pontevedra). Esta andaina insírese dentro do programa Lecer Activo que oferta nos meses de verán un feixe de actividades de ocio que axudarán aos maiores e ás persoas con discapacidade a pasalo ben e gozar dunha serie de iniciativas que, ao mesmo tempo, acadarán a mellora da calidade de vida destas persoas.  

 

Dentro da programación de Lecer Activo destaca o gran abano de posibilidades que ofrece ás persoas maiores con actividades deportivas como esta andaina no Bosque de Galicia na que vén de participar o conselleiro, actividades en contacto coa natureza como Amaromar ou actividades culturais como as representacións teatrais. Respecto á programación destinada ás persoas con discapacidade, cómpre subliñar actividades deportivas como a vela adaptada, tenis adaptado, de contacto coa natureza como as actividades con cans e cabalos, así como as culturais como os contacontos.      

 

Por unha banda, o programa Lecer Activo beneficiará aos maiores que viven en centros residenciais de titularidade pública co obxectivo de fomentar que estas persoas sigan a ser parte activa da sociedade. Os programas destinados ás persoas maiores do programa Lecer Activo incorporan accións que axudan a manter  un nivel axeitado de benestar persoal e social en termos físicos, emocionais e psicosociais, e que permiten que os maiores persoas sigan formando parte da sociedade na que viven, con independencia de cal sexa o seu modo de residencia. Na oferta de actividades do Programa Lecer Activo 2016 teñen un papel activo tanto as persoas residentes nestes centros como os propios equipos profesionais, en tanto que son eles e elas os que deciden as actividades nas que teñen interese en participar, e isto é un elemento fundamental cara a que a través deste programa se poidan acadar os obxectivos que o mesmo ten: fomentar o benestar físico, mental e social a través do lecer.

 

Por outra banda, a participación das persoas con discapacidade en actividades de tempo de lecer, culturais e deportivas é fundamental tanto na súa saúde como no desenvolvemento dos procesos de socialización e da personalidade. A súa realización favorece a estimulación cognitiva, sensorial ou física e facilita a adquisición de habilidades sociais ao tempo que permite o establecemento de relacións imprescindibles para a inclusión e a participación nos diferentes ámbitos da sociedade. A edición deste ano 2016 do Programa Lecer Activo ofértanse unha serie de actividades relacionadas como no caso dos maiores co deporte, a natureza e a cultura, para que o desenvolvemento das potencialidades creativas, deportivas ou artísticas das persoas con discapacidade para mellorar a calidade de vida destas persoas.  

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: