Archivo | junio 15, 2016

El Ministerio de Industria, Energía y Turismo y Saborea España impulsan la celebración simultánea del Día Mundial de la Tapa en 29 países‏

* Será mañana jueves 16 de junio. El objetivo es comunicar al gran público la potencialidad de la tapa como seña de identidad de la gastronomía española y, por ende, reforzar el reconocimiento de la marca destino España.

* Las Oficinas Españolas de Turismo han previsto 210 acciones de marketing y comunicación, con la colaboración de 437 restaurantes en todo el mundo con motivo de este día.

* La gastronomía tiene un creciente peso en la demanda turística: más de 9,5 millones de turistas internacionales que viajan a España realizan actividades gastronómicas.

15.04.16. El Ministerio de Industria, Energía y Turismo, junto con Saborea España, impulsa la celebración de forma simultánea en 29 países del Día Mundial de la Tapa. Será mañana, jueves 16 de junio.

El objetivo de la acción es crear un evento a nivel mundial que sirva para comunicar al gran público la potencialidad de la gastronomía española y, por ende, reforzar el reconocimiento de la marca destino España.

La gastronomía española no sólo atrae al creciente segmento gourmet de la demanda, sino que enriquece la percepción del destino para cualquier tipo de turista. Tiene un potencial extraordinario y constituye un producto prioritario y transversal del Plan Operativo Anual de Turespaña.

De hecho, se trata de un elemento clave en la estrategia de promoción internacional del turismo como consecuencia de su creciente peso en la demanda turística. Se calcula que más de 9,5 millones de turistas internacionales que viajan a España realizan algún tipo de actividad gastronómica (alta gastronomía, visita a bodegas, etc.).

La gastronomía se ha convertido además en un elemento dinamizador de la economía española con un fuerte impacto en el sector de la hostelería.

De igual forma, es un atributo diferenciador de la Marca España con un gran prestigio y reconocimiento tanto a nivel nacional como internacional.

El acuerdo entre Turespaña y Saborea España prevé la organización del Día Mundial de la Tapa el tercer jueves de junio de cada año. El reto es convertir esta celebración en un evento periódico de repercusión internacional referido a la marca país.

¿Por qué la tapa?

Son varias las razones que avalan la elección de la tapa como protagonista del Día Mundial:

* De manera principal, la tapa es una seña de identidad de España:

o Por su elaboración singular, en pequeñas y variadas porciones.

o Porque se consume en todo el país.

o Por la forma de hacerlo: habitualmente de pie y en grupo, compartiendo de un mismo plato, hechos que comunican los valores positivos de convivencia, diversión, forma de vida.

* La tapa, la cocina en miniatura, es al mismo tiempo objeto de atención de nuestros cocineros más innovadores.

* “Tapa” es, en fin, una palabra que reconocen los hablantes de las principales lenguas.

Este valor a la vez identitario y universal explica la reciente propuesta del Ministro de Educación, Cultura y Deporte a la UNESCO para considerar la tapa Patrimonio de la Humanidad.

Edición internacional del DMT

Saborea España se ocupa de organizar el Día Mundial de la Tapa en España y Turespaña en el resto de países.

La red de Oficinas Españolas de Turismo de Turespaña ha previsto 210 acciones de marketing en 28 mercados: Alemania, Azerbaiyán, Chile, República Checa, Bélgica, Brasil, Canadá, China, Dinamarca, Estados Unidos, Colombia, Finlandia, Francia, Holanda, India, Irlanda, Italia, Japón, México, Noruega, Polonia, Portugal, Reino Unido, Rusia, Singapur, Suecia, Suiza y Uzbekistán.

Participarán 437 restaurantes de todo el mundo.

La edición internacional del Día Mundial de la Tapa se va a articular en dos niveles:

1. Celebración del Día Mundial de la Tapa a través de restaurantes en el exterior, seleccionados por las Oficinas Españolas de Turismo de Turespaña (OETs).

2. Eventos gastronómicos especiales ofrecidos en colaboración con las Embajadas de España y destinados a profesionales del turismo, periodistas relevantes, creadores de opinión.

Las actuaciones dirigidas al público final, son las que dan mayor sentido de marketing turístico a la acción; los eventos gastronómicos contribuyen a aumentar la repercusión y el prestigio de la iniciativa.

La acción al público comprenderá varios elementos comunes:

* Nombre y lema: Dia Mundial de la Tapa. Viaje al Sabor de España / World Tapas Day. Journey to the Flavors of Spain

* Logo y cartel

* Microsites en colaboración con Segittur: destinados al consumidor final, se ha creado un modelo general adaptable a cada mercado, donde se daba información a público final sobre el Día (establecimientos participantes, etc.)

* Concursos.

Se ha creado así mismo un microsite general que da cuenta de la totalidad de la acción http://www.spain.info/es/diamundialdelatapa2016. A través del mapa del mundo localizado en el mismo se puede acceder a los distintos microsites mercado.

Se ha producido un video en 16 lenguas para la difusión internacional de evento: https://www.youtube.com/watch?v=dYyiiSTGOZM

Se ha elaborado una estrategia de comunicación del Día Mundial de la Tapa a través de las Redes Sociales. Turespaña está presente en Facebook (Spain.info), Twitter (@Spain), Instagram (@Spain) y Youtube (@Spain) con más de 2 millones de seguidores en todo el mundo. Siguiendo la tendencia creciente en redes sociales, la mayor parte de la promoción se está realizando con contenido audiovisual, a través del video y resto de material mencionado.

Aunque la campaña en redes sociales comenzó hace más de un mes, el 16 de junio todos los contenidos que se publiquen se van a referir al Día Mundial de la Tapa.

Turespaña ha contado en la organización del Día Mundial de la Tapa con la participación de 100 patrocinadores o colaboradores, tanto extranjeros como españoles. Se debe mencionar la colaboración del ICEX y la Red de Oficinas Económicas y Comerciales de España, así como del Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medioambiente.

Ejemplos de elementos gráficos: se pueden descargar en https://digitur.tourspain.es/index.php/s/1SYDyhXcTVh3HMD

Pechados/as no Meixoeiro concéntranse diante do hospital para agradecer as mostras de apoio doutras áreas sanitarias

Persoal do Sergas de distintos puntos do país mobilizouse hoxe contra o peche de camas no verán e en solidariedade cos empregados/as do hospital vigués
A xunta de persoal do Chuvi e a plataforma SOS Meixoeiro desenvolveron este mediodía unha concentración na entrada do Meixoeiro para agradecer o apoio das outras áreas sanitarias de Galiza que hoxe se mobilizaron para denunciar o peche de camas durante o verán e amosar a súa solidariedade cos traballadores/as pechados/as no centro vigués.
2016 06 15 ConcentracionMeixoeiroApoioAreasSanitarias01

(Galería de imaxes)

A concentración, convocada pola xunta de persoal e SOS Meixoeiro, tivo lugar na entrada principal do centro médico vigués a partir das 12.00 horas, onde durante 20 minutos os participantes no peche e numerosos/as traballadores/as berraron consignas como “Xerente dimisión”, “O Meixoeiro querémolo enteiro” ou “Conselleiro dimisión”.

Acto seguido regresaron ao interior do edificio para continuar co peche iniciado o pasado día 1 de xuño para rexeitar o desmantelamento do hospital vigués e reivindicar a súa importancia dentro do sistema sanitario público. Alí seguiron gritando consignas até as 12.30 horas, tempo no que se uniron numerosos/as usuarios/as e empregados/as do centro médico.

Segundo explicaron os promotores/as, con esta concentración pretenden trasladar o seu agradecemento ao persoal das distintas áreas sanitarias de Galiza que hoxe se mobilizaron -O Barbanza, O Salnés e Santiago, entre outras- para denunciar o peche de camas durante o verán e en solidariedade co peche que manteñen os empregados/as do hospital vigués.

Ao remate da protesta lembraron que todas as mobilizacións que están a desenvolver son para defender a sanidade pública universal, gratuíta e de calidade, agradeceron a presenza dos traballadores/as e dos usuarios/as e fixeron un chamamento a participar na manifestación convocada para o vindeiro mércores día 22 de xuño.

REY VARELA REAFIRMA O COMPROMISO DA XUNTA DE GALICIA DE AVANZAR CARA UN MUNDO CON MENOS BARREIRAS E UNHA SOCIEDADE MÁIS INTEGRADORA

  • _PHG4228
    • Un total de 65 persoas con discapacidades físicas, psíquicas, sensoriais ou intelectuais do centro Juan María de Nigrán, da Asociación Vontade de Tomiño e do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Redondela participaron nesta nova edición da actividade
    • O responsable da área Social do Goberno autonómico destacou o labor que está a desenvolver esta escola e as entidades que  traballan coas persoas con discapacidade na provincia pontevedresa porque “contribúen a facer unha Galicia máis social e integradora”
    • Asemade, Rey Varela destacou que esta nova etapa de impulso das políticas sociais en Galicia céntrase tamén nun maior compromiso con este colectivo, tal e como se pon de manifesto na Estratexia Galega sobre Discapacidade 2015-2020. Esta estratexia contempla seis liñas prioritarias de intervención: accesibilidade, autonomía persoal, educación, formación e emprego, saúde e servizos sociais


    Baiona (Pontevedra), 15 de xuño de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reafirmou hoxe o compromiso da Xunta de Galicia a favor da “consecución dun mundo con menos barreiras e unha sociedade máis integradora e que inclúa a todos e a todas” na clausura do curso da Escola de Vela Adaptada de Monte Real Club de Iates de Baiona. No acto, no que en representación da administración autonómica tamén participou a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro Vázquez, entregáronse os diplomas ao alumnado das distintas asociacións que participaron nesta edición. En total, foron 65 persoas con discapacidades físicas, psíquicas, sensoriais ou intelectuais procedentes do centro Juan María de Nigrán, da Asociación Vontade de Tomiño e do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Redondela as que tomaron parte nesta actividade, das que 42 recolleron hoxe o seu diploma.


    Na súa intervención, Rey Varela destacou o labor que está a desenvolver esta escola do Monte Real Club de Iates de Baiona e as entidades que traballan coas persoas con discapacidade na provincia pontevedresa porque “contribúen a facer unha Galicia máis social e integradora”. “Non cabe dúbida”, engadiu o conselleiro, “que a actividade que desenvolve esta entidade supón un avance significativo para o progreso da sociedade xa que o valor desta tamén está en como trata as persoas máis vulnerables, e nisto esta escola é un exemplo a seguir”.


    O responsable da área Social indicou que “esta nova etapa de impulso das políticas sociais en Galicia ten como obxectivo avanzar na consecución da igualdade real das persoas con discapacidade e a súa inclusión social en tódolos ámbitos”. Un compromiso ao que responde a nova Estratexia Galega sobre Discapacidade 2015-2020, e que definiu como “a folla de ruta para dar pasos adiante na plena integración social e laboral deste colectivo”. Ao respecto, Rey Varela explicou que esta estratexia, na que están implicadas distintas consellerías, ademais do movemento asociativo e os profesionais do sector, céntrase en seis liñas prioritarias de intervención. Estas son: a accesibilidade, a autonomía persoal, a educación, a formación e o emprego, a saúde e os servizos sociais.


    Así mesmo, cada un dos seis eixes de actuación da estratexia conta cunha serie de medidas concretas, ata sumar no seu conxunto preto de 500 accións. Algunhas destas medidas son o establecemento de liñas de axudas para mellorar a accesibilidade e a eliminación de barreiras arquitectónicas; a concesión de subvencións individuais para a adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal; a elaboración dun catálogo de postos de traballo para persoas con discapacidade no ámbito do emprego público ou o asesoramento e formación académica e profesional.


    Distincións

    O Monte Real Club de Iates de Baiona foi fundado en 1964 e a súa Escola de Vela Adaptada nace no ano 2012 co obxectivo de acercar o mundo de vela a persoas con algún tipo de discapacidade. A través da mesma, esta entidade deportiva organiza saídas ao mar para persoas con distintos tipos de discapacidade. No 2014 o club foi merecedor dunha distinción da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) pola eliminación de barreiras arquitectónicas e o seu traballo con persoas discapacitadas; e máis recentemente, o pasado mes de marzo deste ano, a súa actividade tamén obtivo o recoñecemento de Boas Prácticas na Feira Internacional de Turismo de Berlín.

 

PLANO A XUNTA PUBLICA NO DIARIO OFICIAL DE GALICIA A LICITACIÓN DO PROXECTO PARA A CONSTRUCIÓN DO ENLACE DE AREAS, NA VÍA DE ALTA CAPACIDADE TUI- A GUARDA

  • O inicio da contratación do proxecto construtivo posibilitará que se poida iniciar a redacción este mesmo verán para a continuación licitar as obras do enlace que suporá un investimento da Xunta de preto de  12 millóns de euros
  • Considérase prioritario este treito da VAC á Guarda, xa que nel conflúen a futura VAP á Guarda; a A-55, que une Vigo con Portugal e dá saída á rede nacional de autovías; a N-551 que leva á ponte internacional; e e a PO-552 que vertebra o Baixo Miño
  • Co novo enlace que se integra na VAC Tui – A Guarda posibilítase a conexión do polígono empresarial que xera tráficos pesados derivados das actividades industriais, como un elevado número de vehículos particulares que se achegan ás diferentes zonas comerciais

 

Santiago, 15 de xuño de 2016.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a licitación do servizo para a redacción do proxecto de construción da Vía de Alta Capacidade (VAC) de Tui-A Guarda, treito enlace A-55 – enlace de Areas.

 

Este contrato licítase por un importe de máis de 75.000 euros e prevese un prazo de execución de 8 meses. A data límite para a presentación de ofertas será o vindeiro día 30 de xuño. No seguinte enlace pódese consultar máis información sobre esta resolución: http://goo.gl/rz8FwT

 

O inicio da contratación do proxecto construtivo posibilitará que se poida iniciar a súa redacción este mesmo verán. A continuación será posible licitar as obras do enlace que suporán un investimento por parte da Xunta de arredor de 12 millóns de euros.

Coa licitación de hoxe avánzase na determinación do Goberno galego por completar o eixo de altas prestacións entre Tui e A Guarda, comezando pola conexión do enlace de Areas coa N-551 e a A-55, necesario para solucionar os tráficos e mellorar as conexións dun polígono que rexistra unha importante actividade económica, industrial e comercial. Cómpre lembrar que con data 6 de maio foi sometido a información pública a efectos expropiatorios o proxecto de trazado do enlace de Areas, que se desenvolverá nivel construtivo e se integrará co da VAC Tui – A Guarda mediante o contrato que hoxe se licita.

A Xunta, tras unha fonda análise técnica, funcional e social, detectou que este treito é o máis urxente nesta infraestrutura, xa que nel conflúen a Autovía A-55, que une Vigo con Portugal e dá saída á rede nacional de autovías; a N-551 que leva á ponte internacional; e e a PO-552 que vertebra o Baixo Miño. Ademais posibilítase a conexión dun polígono empresarial, o de Areas, que xera tanto tráficos pesados derivados das actividades industriais, como un elevado número de vehículos particulares que se achegan ás diferentes zonas comerciais.

O Goberno galego xa ten acadado unha solución que posibilita movementos directos sen necesidade de meter os tráficos no núcleo de Areas.

Cómpre lembrar que dende o 2014 está en servizo o treito entre Goián e A Guarda, 10 quilómetros de vía de altas prestacións cos que máis de 6.000 vehículos cada día ven mellorados os tempos de percorrido e, sobre todo, a súa seguridade viaria.

 

 

MÁIS DE 13.000 MOZOS E MOZAS PARTICIPARON NOS OBRADOIROS IMPARTIDOS POLOS CENTROS QUÉROTE+ NO CURSO 2015/2016

  • Con este acto deuse por concluído o ciclo de obradoiros que os técnicos do Quérote + impartiron durante este curso escolar en centros de toda Galicia, que se centraron na construción de ferramentas para o desenvolvemento persoal de mozas e mozas en aspectos vinculados á sexualidade e á afectividade; á imaxe corporal e autoestima; á convivencia entre iguais, sexa no espazo físico ou no virtual e no consumo de drogas

Fisterra (A Coruña), 15 de xuño de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou no IES Fin do Camiño de Fisterra na presentación dun vídeo promocional dos recursos do servizo Quérote +, realizado polos alumnos e alumnas deste centro dentro do seu proxecto multidisciplinar “De ti a ti”, que pretende fomentar a información entre iguais e enriquecer a aprendizaxe dos alumnos/as en varias materias, entre elas, a educación para a cidadanía.

A directora xeral animounos a seguir con este proxecto, xa que “que as accións realizadas polos propios compañeiros e compañeiras de clase ou de grupos de iguais teñen máis impacto e atención que as realizadas por persoas adultas, polo que é de interese promover este tipo de campañas protagonizadas pola propia mocidade”. O vídeo pódese ver no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=gDmthn7zZbw

Con este acto tamén se deu por concluído o ciclo de obradoiros que os técnicos do Quérote + impartiron durante este curso escolar en centros de toda Galicia, que se centraron na construción de ferramentas para o desenvolvemento persoal de mozas e mozas en aspectos vinculados á sexualidade e á afectividade; á imaxe corporal e autoestima; á convivencia entre iguais, sexa no espazo físico ou no virtual e no consumo de drogas; contribuíndo á convivencia harmónica e respectuosa na comunidade.

Neste curso que remata os centros Quérote+ acudiron a máis de 100 centros de ensino, impartindo un total de 542 obradoiros, nos que participaron máis de 13.000 estudantes de secundaria dos centros de ensino de Galicia.

Ademais dos coñecementos e competencias dos obradoiros, os mozos e mozas que participan nos mesmos tamén coñecen un recurso que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon á súa disposición ao longo de todo o ano: o servizo de consultoría Quérote+, ao que poden acudir ao longo de todo o ano para resolver as súas dúbidas, tanto de forma presencial como por teléfono, mensaxería instantánea ou vídeo chat.

 

Presentación proyecto Blue Growth en Europa

Bruselas 223Vigo, 15 de junio de 2016.- La Comisión Europea ha presentado la economía azul como una buena herramienta para la creación de empleo y riqueza vinculado a las actividades marítimas, donde se encuentra enclavado el proyecto de BLUE GROWTH desarrollado por el Puerto de Vigo en consorcio con la Xunta de Galicia a través de la Consellería do Mar y la Consellería de Industria, la Agencia Gallega de Innovación, el Campus do Mar, Zona Franca y Puertos del Estado.

 

Está estrategia de economía azul lleva operativa 3 años en Europa, experimentándose su implantación en la práctica, lo que ha permitido comprobar su ventajas e inconvenientes dentro del Plan de Acción del Atlántico.

 

En esta mesa redonda se analizaron los diferentes sectores estratégicos donde se quiere implantar la economía azul, haciendo especial hincapié en la sostenibilidad, el medio ambiente, la creación de empleo y riqueza.

 

El Presidente de la Autoridad Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga presentó la iniciativa que se está llevando a cabo en el Puerto de Vigo, en detalle, al Intergrupo y parlamentarios europeos.

 

El proyecto BLUE GROWTH impulsado por la Autoridad Portuaria de Vigo, ha sido presentado como ejemplo de buena práctica de innovación en la Unión Europea. En el que se destacó la participación mayoritaria de más de 300 personas de diversos ámbitos como: la universidad, los institutos de investigación de la ciudad de Vigo, los distintos centros de innovación sectoriales, las asociaciones sindicales y empresariales, las administraciones y empresas.

 

Otra cuestión de interés viene constituida por la hibridación de distintos sectores, como se ha aplicado en el proyecto de Vigo, formando grupos de trabajo y de análisis en sectores tan diferentes como la automoción, la construcción naval, la pesca, etc., creando sinergias de transferencia de conocimiento entre ellos.

 

El Puerto de Vigo ha finalizado con la segunda fase de los grupos de trabajo, habiéndose identificado 41 proyectos vinculados a las 14 áreas temáticas (biotecnología y tecnología azul, autopistas y autovías marítimas, mercancía general, pesca fresca, pesca congelada, level playing field, construcción naval, energía azul, puertos deportivos, tráficos de cruceros, simplificación de trámites administrativos, Plisan, historia, cultura y educación portuaria y marítima, y gobernanza), además de

actividades que puedan hacer más competitivo al Puerto de Vigo y a los sectores intervinientes en el proyecto.

 

También ha sido posible conocer las iniciativas que se están realizando en Canadá y Estados Unidos en el Plan de Acción de Atlántico con el fin de promover la innovación y la creación de empleo vinculado al mar, y la cooperación con la Unión Europea que ya está siendo una realidad actualmente.

 

Concerto coral Aita Garayoa Afundación Vigo e Pontevedra

O Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) e o Auditorio Sede Afundación de Pontevedra (Augusto González Besada, 2) acollerán a vindeira semana, os días 24 e 25, respectivamente, un recital da coral vasca Aita Garayoa. Ambos os concertos terán lugar ás 20.30 h e neles interpretarase un repertorio composto por diversos estilos e épocas: desde a polifonía do século XVI e posteriores, ata o folclore vasco e universal, a música relixiosa e as arias de ópera, da man de compositores tan diferentes como Haendel, Javier Busto, Julio Domínguez ou Paul McCartney, entre outros. A asistencia aos recitais será libre e gratuíta, previa retirada das entradas nas sedes de Afundación de Vigo e Pontevedra desde o pasado luns, 6 de xuño.

A XUNTA DE GALICIA DESTINA ESTE ANO MÁIS DE 1,4 MILLÓNS DE EUROS AO CONCERTO DE PRAZAS PARA A ATENCIÓN A PERSOAS DISCAPACITADAS EN CENTROS DA ASOCIACIÓN JUAN XXIII

  • A administración autonómica mantén un total de 166 prazas concertadas en centros ocupacionais e de día desta entidade, así como nunha vivenda tutelada

 

Pontevedra, 15 de xuño de 2016.- A Xunta de Galicia destinará este ano 2016 máis de 1,4 millóns de euros ao financiamento de prazas residenciais e de servizos dirixidos a persoas con discapacidade e ás súas familias que a Asociación Juan XIII desenvolve na provincia de Pontevedra. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, durante a visita que fixo á devandita entidade, que conta con distintos centros ocupacionais, de educación especial, de emprego e de día localizados en Marín, Cangas do Morrazo e Pontevedra; ademais dunha vivenda tutelada en Pontevedra.

Rey Varela destacou o traballo que realiza a Asociación Juan XXIII en promover un contorno positivo onde as persoas con discapacidade intelectual vivan, aprendan e traballen; co obxectivo de aumentar así a súa calidade de vida. Ao respecto, o conselleiro sinalou que a administración autonómica colabora coa importante rede de servizos que ten esta asociación a través do concerto de prazas, o que permite poñer a disposición de máis xente recursos de todo tipo a favor da integración. En total, a Consellería de Política Social mantén 166 prazas concertadas nos centros de Juan XXIII, que se distribúen da seguinte maneira: 108 prazas concertadas nos centros ocupacionais e outras 50 nos centros de día da entidade en Pontevedra e Cangas; e 8 prazas nunha vivenda tutelada situada tamén en Pontevedra.

Ademais, Rey Varela salientou que o maior compromiso da Xunta de Galicia cos colectivos máis vulnerables se reflicte no aumento nun 12% dos orzamentos da Consellería de Política Social para o presente exercicio. Nesta liña, dixo que o apoio ás persoas con discapacidade e as súas familias é un compromiso asumido polo conxunto do Goberno galego, tal e como se pon de manifesto na nova Estratexia Galega sobre Discapacidade 2015-2020. Este documento recolle preto de 500 accións concretas que fan fincapé en seis liñas estratéxicas de intervención: a accesibilidade, a autonomía persoal, a educación, a formación e o emprego, a saúde e os servizos sociais.

Así, algunhas destas medidas consisten en liñas de axudas para a mellora da accesibilidade e a eliminación de barreiras arquitectónica, subvencións individuais para a adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, elaboración dun catálogo de postos de traballo para persoas con discapacidade no ámbito do emprego público ou o asesoramento e orientación académica e profesional.

O conselleiro valorou esta Estratexia Galega sobre Discapacidade como “a folla de ruta para os vindeiros anos de cara a conseguir unha sociedade máis integradora, un camiño no que todos temos que sumar: administracións, entidades de iniciativa social, axentes públicos e sociais, empresas e cidadanía en xeral”.

 

Próximos eventos CUARENTA , Rosalía de Castro, 29 Vigo

CUARENTA40Miércoles 15 de Junio:
Música a la carta y Karaoke … disfruta de los temas de música a tu  elección y atrévete a cantarlos
a partir de las 23:30, entrada libre.
 
Jueves 16 de Junio:
Fiesta remember: homenaje al Pub. PUNTA DEL ESTE este jueves a CUARENTA!!! nos reencontraremos con su ambiente y disfrutaremos de su música en una noche emocionante y contando con la presencia de Tata y su staff 

a partir de las 23:30, entrada libre.
—————————————————-
Viernes 17 de Junio
Sesión especial LOLO The Sound con los mejores temas más actuales – en primera planta –  a partir de las 23:30 h. Entrada libre
—————————————————-
Sábado 18 de Junio
Contaremos con la presencia especial de OLIVEIRA de la agencia BIGLAB y su sesión especial con los mejores temas de baile del momento en primera planta –  a partir de las 23:30 h. Entrada libre
Sesión especial LOLO The Sound recordando grandes éxitos de la música de los 90´s Classic House Tracks Visual en planta baja –  a partir de las 23:30 h. Entrada libre
—————————————————–
 
Domingo 19 de Mayo
Contaremos con la presencia y con la mejor música de LOLO The Sound & Alberto Picon dentro de la fiesta PURE HOUSE MUSIC: SOUNDAYS 
a partir de las 23:30 h. Entrada libre