A XUNTA DE GALICIA DESTINA ESTE ANO MÁIS DE 1,4 MILLÓNS DE EUROS AO CONCERTO DE PRAZAS PARA A ATENCIÓN A PERSOAS DISCAPACITADAS EN CENTROS DA ASOCIACIÓN JUAN XXIII

  • A administración autonómica mantén un total de 166 prazas concertadas en centros ocupacionais e de día desta entidade, así como nunha vivenda tutelada

 

Pontevedra, 15 de xuño de 2016.- A Xunta de Galicia destinará este ano 2016 máis de 1,4 millóns de euros ao financiamento de prazas residenciais e de servizos dirixidos a persoas con discapacidade e ás súas familias que a Asociación Juan XIII desenvolve na provincia de Pontevedra. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, durante a visita que fixo á devandita entidade, que conta con distintos centros ocupacionais, de educación especial, de emprego e de día localizados en Marín, Cangas do Morrazo e Pontevedra; ademais dunha vivenda tutelada en Pontevedra.

Rey Varela destacou o traballo que realiza a Asociación Juan XXIII en promover un contorno positivo onde as persoas con discapacidade intelectual vivan, aprendan e traballen; co obxectivo de aumentar así a súa calidade de vida. Ao respecto, o conselleiro sinalou que a administración autonómica colabora coa importante rede de servizos que ten esta asociación a través do concerto de prazas, o que permite poñer a disposición de máis xente recursos de todo tipo a favor da integración. En total, a Consellería de Política Social mantén 166 prazas concertadas nos centros de Juan XXIII, que se distribúen da seguinte maneira: 108 prazas concertadas nos centros ocupacionais e outras 50 nos centros de día da entidade en Pontevedra e Cangas; e 8 prazas nunha vivenda tutelada situada tamén en Pontevedra.

Ademais, Rey Varela salientou que o maior compromiso da Xunta de Galicia cos colectivos máis vulnerables se reflicte no aumento nun 12% dos orzamentos da Consellería de Política Social para o presente exercicio. Nesta liña, dixo que o apoio ás persoas con discapacidade e as súas familias é un compromiso asumido polo conxunto do Goberno galego, tal e como se pon de manifesto na nova Estratexia Galega sobre Discapacidade 2015-2020. Este documento recolle preto de 500 accións concretas que fan fincapé en seis liñas estratéxicas de intervención: a accesibilidade, a autonomía persoal, a educación, a formación e o emprego, a saúde e os servizos sociais.

Así, algunhas destas medidas consisten en liñas de axudas para a mellora da accesibilidade e a eliminación de barreiras arquitectónica, subvencións individuais para a adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, elaboración dun catálogo de postos de traballo para persoas con discapacidade no ámbito do emprego público ou o asesoramento e orientación académica e profesional.

O conselleiro valorou esta Estratexia Galega sobre Discapacidade como “a folla de ruta para os vindeiros anos de cara a conseguir unha sociedade máis integradora, un camiño no que todos temos que sumar: administracións, entidades de iniciativa social, axentes públicos e sociais, empresas e cidadanía en xeral”.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: