MÁIS DE 13.000 MOZOS E MOZAS PARTICIPARON NOS OBRADOIROS IMPARTIDOS POLOS CENTROS QUÉROTE+ NO CURSO 2015/2016

  • Con este acto deuse por concluído o ciclo de obradoiros que os técnicos do Quérote + impartiron durante este curso escolar en centros de toda Galicia, que se centraron na construción de ferramentas para o desenvolvemento persoal de mozas e mozas en aspectos vinculados á sexualidade e á afectividade; á imaxe corporal e autoestima; á convivencia entre iguais, sexa no espazo físico ou no virtual e no consumo de drogas

Fisterra (A Coruña), 15 de xuño de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou no IES Fin do Camiño de Fisterra na presentación dun vídeo promocional dos recursos do servizo Quérote +, realizado polos alumnos e alumnas deste centro dentro do seu proxecto multidisciplinar “De ti a ti”, que pretende fomentar a información entre iguais e enriquecer a aprendizaxe dos alumnos/as en varias materias, entre elas, a educación para a cidadanía.

A directora xeral animounos a seguir con este proxecto, xa que “que as accións realizadas polos propios compañeiros e compañeiras de clase ou de grupos de iguais teñen máis impacto e atención que as realizadas por persoas adultas, polo que é de interese promover este tipo de campañas protagonizadas pola propia mocidade”. O vídeo pódese ver no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=gDmthn7zZbw

Con este acto tamén se deu por concluído o ciclo de obradoiros que os técnicos do Quérote + impartiron durante este curso escolar en centros de toda Galicia, que se centraron na construción de ferramentas para o desenvolvemento persoal de mozas e mozas en aspectos vinculados á sexualidade e á afectividade; á imaxe corporal e autoestima; á convivencia entre iguais, sexa no espazo físico ou no virtual e no consumo de drogas; contribuíndo á convivencia harmónica e respectuosa na comunidade.

Neste curso que remata os centros Quérote+ acudiron a máis de 100 centros de ensino, impartindo un total de 542 obradoiros, nos que participaron máis de 13.000 estudantes de secundaria dos centros de ensino de Galicia.

Ademais dos coñecementos e competencias dos obradoiros, os mozos e mozas que participan nos mesmos tamén coñecen un recurso que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon á súa disposición ao longo de todo o ano: o servizo de consultoría Quérote+, ao que poden acudir ao longo de todo o ano para resolver as súas dúbidas, tanto de forma presencial como por teléfono, mensaxería instantánea ou vídeo chat.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: