A XUNTA DE GALICIA INICIA OS FOROS DE PARTICIPACIÓN “TALENTO XOVE” DIRIXIDOS A FAVORECER O DESENVOLVEMENTO DAS CAPACIDADES DOS MOZOS E MOZAS GALEGOS

  • Representantes de asociacións empresariais, das universidades, técnicos en mocidade doutras administracións e directivos de selección de persoal de empresas participan nestas xuntanzas, co obxectivo de analizar como o talento da xuventude pode reverter no tecido empresarial da nosa comunidade

 

Lugo, 16 de xuño de 2016.- A Consellería de Política Social comeza as reunións de traballo dos foros de participación “Talento Xove”, unha nova iniciativa que ten por obxecto poñer en valor e favorecer o desenvolvemento das destrezas e capacidades dos mozos e mozas galegos. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, mantivo hoxe en Lugo un encontro con representantes de diferentes institucións e entidades que participan nas políticas de xuventude, e ao que tamén asistiu a delegada territorial da Xunta de Galicia na cidade lucense, Raquel Arias Rodríguez.

 

Esta foi a primeira das xuntanzas que realizará Cecilia Vázquez nas catro provincias galegos no marco desta iniciativa para avaliar cos axentes implicados as posibilidades de desenvolvemento dos talentos da mocidade. Así, nestas reunión están convidados a participar asociacións de empresarios, representantes de universidades, técnicos de xuventude doutras administracións e directivos de selección de persoal de empresas.

 

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, explicou que o que se pretende con estes encontros é “recoller a opinión e as ideas dos principais axentes que traballan coa xuventude en Galicia, aos efectos de analizar as necesidades, descubrir as oportunidades e propiciar un intercambio de coñecementos”.

 

Estas reunións de traballo de “Talento Xove” terán unha duración de hora e media, durante a que se analizará e reflexionará dende diferentes puntos de vista sobre como o talento da nosa xuventude pode reverter no tecido empresarial galego.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: