ABANCA recibe a máxima certificación internacional pola súa primeira memoria de Responsabilidade Social Corporativa

  • O documento segue o modelo Global Reporting Initiative, que asegura a veracidade e relevancia da información presentada
  • A memoria responde á vontade de transparencia de ABANCA, segundo o seu vicepresidente Juan Carlos Escotet Rodríguez
20160616-abanca-presentacion-memoria-rsc-2015
Primeira Memoria de RSC de ABANCA

Descarga en alta resolución

16-06-2016

ABANCA presentou esta mañá a súa primeira Memoria deResponsabilidade Social Corporativa, un documento que dá conta das actividades desenvolvidas pola entidade financeira en 2015 nos planos social, de goberno corporativo e de negocio.

No acto de presentación, que tivo lugar na sede de Afundación na Coruña coa asistencia de máis de 150 invitados, estiveron presentes o presidente de ABANCA, Javier Etcheverría de la Muela, o vicepresidente, Juan Carlos Escotet Rodríguez, o conselleiro delegado, Francisco Botas Ratera, e o director xeral de Responsabilidade Social Corporativa e Comunicación, Miguel Ángel Escotet Álvarez.

Na súa intervención Juan Carlos Escotet Rodríguez vinculou a elaboración da memoria á vontade de transparencia da entidade, unha das súas señas de identidade fundamentais. “Tanto na nosa actividade comercial como na nosa información económica e no noso modelo de goberno corporativo queremos ser totalmente transparentes, en primeiro lugar cara aos nosos clientes, pero tamén cara ao conxunto da sociedade”, explicou.

Certificación GRI

No proceso de redacción da súa primeira memoria de RSC, ABANCA seguiu as directrices establecidas na Guía para a Elaboración de Informes de Sustentabilidade do Global Reporting Initiative (GRI), metodoloxía recoñecida internacionalmente que acredita a veracidade, exhaustividade e relevancia da información presentada. De acordo con este modelo, a memoria recolle 159 indicadores, 58 deles xerais e 101 específicos da actividade desenvolvida por ABANCA. Como garantía adicional, a memoria foi verificada por KPMG Asesores de acordo coa norma ISAE 3000.

O deseño e maquetación do documento foron realizados por Trébore, grupo de empresas de economía social vinculado á Fundación Paideia Galiza. Ademais dunha versión impresa en papel 100% reciclado, da que se distribuirán máis de 1.000 copias entre numerosas empresas, entidades e organismos públicos de Galicia, a memoria contará cunha versión PDF navegable que se poderá consultar online en http://www.abanca.com. Ademais, realizouse un folleto resumen que se porá a disposición dos clientes de ABANCA na súa rede de oficinas.

Confiabilidade e responsabilidade

Na presentación do documento Juan Carlos Escotet Rodríguez repasou os principais fitos alcanzados polo banco en 2015, vinculándoos ao catro valores que forman o núcleo da cultura corporativa da entidade: calidade, confiabilidade, responsabilidade e innovación.

No capítulo de confiabilidade, Escotet destacou os logros da entidade en materia de solvencia e rendibilidade, a adopción dun modelo de goberno corporativo que incorpora os máis altos estándares internacionais, a aplicación dun código ético de obrigado cumprimento para todo o persoal, a aprobación no ámbito laboral dun plan de igualdade, a adhesión a iniciativas éticas de tipo institucional como o Pacto Mundial, e a gran implantación da entidade sobre o terreo, cunha rede de oficinas que cobre o 98% da poboación de Galicia e está presente nas principais localidades do resto de España. “Somos un banco sólido, solvente, ético e próximo no que a sociedade pode confiar”, resumiu.

Baixo o epígrafe de responsabilidade, o vicepresidente de ABANCA enumerou as accións de RSC desenvolvidas polo banco no terreo formativo e cultural (difusión da Colección de Arte ABANCA, planificación do IESIDE, programa de educación financeira), de promoción do deporte (acordo coa Fundación Deporte Galego), de protección dos debedores hipotecarios (aplicación do Código de Boas Prácticas, cesión de vivendas, alugueres sociais, renegociación de débedas pendentes), de acción social (ReSuena, S.O.S. Nepal, bancos de alimentos) e de voluntariado corporativo (protección de ecosistemas, colaboración con entidades sociales).

Ademais referiuse á alianza con Afundación, á que ABANCA apoia económica e organizativamente e coa que colabora no desenvolvemento do seu programa de actividades formativas, de envellecemento activo, artísticas e culturais.

A memoria tamén reflicte o compromiso da entidade coa súa contorna, materializado no impacto económico (directo, indirecto e inducido) da súa actividade corporativa e de financiamento, que supón o 1,42% do PIB galego e case 16.000 empregos, no seu apoio a compañías galegas en dificultades, que contribuíu ao mantemento de 300 empresas e 11.000 empregos, e nas súas actuacións no terreo ambiental.

Calidade e innovación

Co obxectivo de mellorar de xeito continuo o servizo que ofrece aos seus clientes, ABANCA situou a sinxeleza e a transparencia como criterios fundamentais á hora de deseñar os seus produtos e servizos, apostou polas certificacións como forma de acreditar a súa calidade, incrementou as capacidades do seu persoal cun amplo programa de formación, potenciou a funcionalidade das súas canles web, móbil e telefónica, e reforzou as vías de comunicación co cliente.

Como se recolle na memoria, a entidade está a implantar na súa actividade numerosas innovacións, como o seu programa ABANCA Dixital e o seu novo modelo de oficina. ABANCA, única entidade europea e segunda do mundo en dispor da certificación CMMI nivel 5 de madurez no desenvolvemento de software, investiu un total de 82 millóns de euros en innovación en 2015.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: