O CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DE XESTUR ADXUDICA MÁIS DE 23.000 NOVOS METROS CADRADOS DE SOLO EMPRESARIAL EN GALICIA
- En total, adxudicáronse 10 parcelas de oito parques empresariais
Santiago, 16 de xuño de 2016.- O consello de administración de Xestur adxudicou hoxe un total de 23.548 metros cadrados de solo empresarial distribuído en 10 parcelas de oito parques empresariais da súa propiedade.
Entre esas adxudicacións destaca a realizada de forma directa en en Ortigueira en réxime de dereito de superficie a unha empresa do sector primario, que aboará, en principio, un canon simbólico anual de 1,25 euros por metro cadrado. O adxudicatario poderá solicitar un ano de carencia, no que non aboará nada e, ademais, poderá adquirir a parcela nos dez primeiros anos da adxudicación.
Ademais, o consello de administración adxudicou en compravenda seis parcelas nos parques empresariais de O Corgo, Mos, A Sionlla, Negreira, Boiro e As Gándaras (Lugo), neste último caso a través da declaración dun proxecto empresarial singular. O importe total da venda é de 1.281.493,2 euros
Finalmente, Xestur autorizou a prórroga do contrato de alugueiro de tres parcelas no parque empresarial de Arbo.
SOLO EMPRESARIAL ADXUDICADO POR XESTUR
PARQUE | Nº PARCELAS | SUPERFICIE m2 |
O Corgo | 1 | 1.483 |
Mos | 1 | 2.894 |
Sionlla | 1 | 2.985 |
Negreira | 1 | 1.559 |
Boiro | 1 | 2.092 |
Proxectos empresariais singulares | ||
As Gándaras | 1 | 8.671 |
Dereito de superficie | ||
Ortigueira | 1 | 1.390 |
Aluguer | ||
Arbo | 3 | 3.957 |