Archivo | junio 16, 2016

O DIRECTOR XERAL DE INCLUSIÓN SOCIAL PARTICIPA NA CLAUSURA E ENTREGA DE DIPLOMAS DOS CURSOS DO CENTRO SAN XOÁN BAUTISTA DE CARBALLO (A CORUÑA) NOS QUE A XUNTA INVESTIU MÁIS DE 50.000 EUROS

  • Arturo Parrado insistiu na importancia da integración social plena para todas aquelas persoas que presentan dificultades e apuntou cara o traballo como “un dos piares básicos na inserción daquelas persoas que se atopan en situación de risco ou exclusión social”
  • Os cursos trataron sobre a atención sociosanitaria a persoas no seu domicilio ou/en institucións sociais; axudante de pastelería profesional; corte e confección maquinista industrial; e formación para axudante de cociña profesional

 

Carballo (A Coruña), 12 de xuño de 2016.- O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, asistiu ao acto de clausura dos cursos 2015-2016 do Centro de Inclusión Social San Xoán Bautista. Alí, insistiu unha vez máis na importancia da integración social plena para todas aquelas persoas que presentan dificultades e apuntou cara o traballo como “un dos piares básicos na inserción daquelas persoas que se atopan en situación de risco ou exclusión social”.

 

Deste xeito, o centro carballés levou a cabo neste exercicio catro cursos subvencionados pola Xunta de Galicia cun investimento total de 51.580,56 euros. Os cursos, orientados á mellora das competencias sociais e profesionais, trataron sobre a atención sociosanitaria a persoas no seu domicilio ou/en institucións sociais (16.000 euros); axudante de pastelería profesional (5.400,23 euros); corte e confección maquinista industrial (7.680,33 euros) e formación para axudante de cociña profesional (22.500 euros).

 

Os cursos contaron cunha participación total de 92 persoas (21 no de atención sociosanitaria, 26 no de pastelería, 16 no de corte e confección e 29 no de axudante de cociña), dos que 81 completaron satisfactoriamente a formación e obtiveron dereito a diploma.  

O CRÍTICO CINEMATOGRÁFICO JONATHAN ROSENBAUM VISITARÁ GALICIA POR PRIMEIRA VEZ‏

24dacf0b-6070-438e-b8db-125cb6f9cafd IMG_0774O lendario crítico de cinema Jonathan Rosenbaum, será un dos principais convidados da 13ª edición de Curtocircuíto – Festival Internacional de Cine, que terá lugar en Santiago de Compostela entre os días 3 e 9 de outubro de 2016.

O crítico norteamericano vén de visitar España por primeira vez para asistir ao festival Filmadrid. A súa presenza en Curtocircuíto é froito da estreita colaboración que manteñen ambos os dous festivais e que ten como obxecto reivindicar en España a figura dun dos maiores defensores do cine europeo nos EUA.

Rosenbaum será membro do xurado da Sección Oficial de Curtocircuíto e impartirá un seminario titulado “El Cine Imposible”, que estará dedicado a películas que dunha forma ou outra excedan -polo menos resistan- os límites convencionais do cinema en termos de duración, tema, estilo, forma, xénero e actitude. As palestras dedicadas a cada película trataran de establecer un contexto histórico a través da análise que se fará tanto en termos sociais como estéticos. O seminario impartirase ao longo de catro xornadas no CGAC, o Centro Galego de Arte Contemporánea. O curso, que contará aproximadamente con 30 prazas, abrirá o seu prazo de inscrición o próximo mes de xullo.

Ao longo dos próximo meses, o festival Curtocircuíto, que o ano pasado contou con figuras históricas da talla de Jørgen Leth ou de Aki Kaurismäki, irá dando a coñecer a súa programación tanto cinematográfica como musical e formativa.

_ _ _

Jonathan Rosenbaum (1943) foi o principal crítico do Chicago Reader entre 1987 e 2008. Publicou numerosos libros como Movie Mutations (coordinado con Adrian Martin ), Goodbye Cinema, Hello Cinephilia ou Essential Cinema e escribiu nas revistas especializadas máis destacadas do mundo, Cinema Scope, Cahiers du cinéma e Film Comment. Ademais, é profesor na Universidade de Chicago e na FilmFactory de Saraxevo