Archive | junio 17, 2016

Treinta “palilleiras” de Camariñas, descendientes de las “palilleiras del Titanic” reakizarán una……

Era el único cargamento español en las bodegas del Titanic: una caja de puntillas de Camariñas:Foto Puntillas Camariñas (2)

TREINTA “PALILLEIRAS” DE CAMARIÑAS, DESCENDIENTES DE LAS “PALILLEIRAS DEL TITANIC” REALIZARÁN, MAÑANA SÁBADO,  UNA DEMOSTRACIÓN DE COMO SE  CONFECCIONARON, HACE 104 AÑOS,  LOS ENCAJES QUE SE HUNDIERON EN LA BODEGA DEL TITANIC. 

Ofrecerán esta demostración en la exposición del Titanic, en la Estación Marítima del puerto de Vigo, mañana  sábado a las dos de la tarde. 

Invitadas por la Fundación Titanic, treinta “palilleiras” de Camarillas, todas ellas descendientes de las “palilleiras” que, hace 104 años,  confeccionaron los encajes que  se hundieron en la noche del 14 de abril de 1912 en las bodegas del Titanic,  visitarán, mañana sábado, a las dos de la tarde, Titanic The Reconstruction, la exposición sobre el “buque de los sueños”, que se puede visitar  en la Estación Marítima del Puerto de  Vigo, donde realizarán una demostración de como se conserva la tradición “palilleira” de todo un pueblo.

En la exposición, donde con la ayuda de objetos, documentos e imágenes originales se cuenta, en la voz de sus protagonistas, la historia del Titanic, se reproduce también una de las bodegas de carga del barco, donde se puede ver una caja de puntillas de Camariñas, igual a la que viajaba en las bodegas del mítico buque, donde se pueden ver, junto a una carta original, los encajes cedidos por el Ayuntamiento de la localidad coruñesa y pertenecientes a su Museo.

En el documento de embarque de carga del Titanic figura solamente una carga de origen español: Una caja de encajes de Camariñas que, desde esta población coruñesa se enviaba desde Londres a Los Angeles, vía Nueva York, dirigida a un comerciante americano.

Las “palilleiras” que este sábado realizarán una demostración en la Estación Marítima de Vigo,  intentarán confeccionar el mismo tipo de encajes que se hundieron en el “buque de los sueños”.

 

Os e as participantes realizarán escavacións, prácticas de limpeza, siglado e debuxo arqueolóxico A Consellería de Política Social organiza un total de 24 campos de traballo na comunidade galega nos meses de verán e ofrece aos mozos e mozas galegos 575 prazas para participar nos que se realizan en Galicia, no resto de España e noutros países Galicia é a comunidade de referencia na materia e o ano pasado organizou o 34% dos campos de traballo internacionais que se celebraron en toda España Esta actividade enmárcase na Campaña de Verán 2016, que oferta 9.046 prazas para albergues, campamentos e actividades de ocio e tempo libre para a mocidade e na que a Xunta de Galicia inviste 2,6 millóns de euros Rois (A Coruña), 17 de xuño de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, presentou esta mañá o Campo de Traballo Internacional de Rois que se celebrará na localidade entre o 1 e o 12 de agosto. Este campo centrará a súa actividade na intervención arqueolóxica no Castro de Socastro. Concretamente, os voluntarios e voluntarias realizarán escavacións, prácticas de limpeza, siglado e debuxo arqueolóxico. O Castro de Socastro atópase na parroquia de San Pedro de Herbogo e está configurado por un recinto principal de planta oval cunhas dimensións de 125 por 85 metros, delimitado por un parapeto de terreo. Este castro é visible dende todas as montañas que rodean a conca fluvial do río Valeirón, polo que se pode supoñer que fose a acrópole máis importante da zona. Nesta iniciativa conxunta entre a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e o Concello de Rois, participarán un total de 20 voluntarios de entre 18 e 30 anos, procedentes de Galicia, do resto de España e doutros países de todo o mundo. Cecilia Vázquez destacou que “os proxectos de voluntariado xuvenil, como este campo de traballo, supoñen unha magnífica ferramenta de educación non formal para a nosa mocidade”. En concreto, os campos de traballo contribúen á difusión de valores como a participación, a solidariedade, o coñecemento do contorno e o traballo en equipo entre os participantes. Así mesmo, fomentan a mobilidade, pois ofrecen aos mozos e mozas a oportunidade de tomar parte en campos doutras Comunidades e países. Son polo tanto recursos de gran valor xuvenil, nos que Galicia é a comunidade de referencia na materia. Cómpre destacar que o ano pasado Galicia organizou o 34% dos campos de traballo internacionais que se celebraron en toda España, segundo o balance realizado polo Injuve. A Consellería de Política Social organiza un total de 24 campos de traballo na comunidade galega nos meses de verán nos concellos coruñeses de Outes, A Laracha, Ponteceso, Boqueixón, Rois, Betanzos, Curtis, Vedra, Ribeira e Coirós e nos concellos ourensáns de Celanova, Ourense, Muíños, Vilamarín e A Peroxa. Así mesmo, celebraranse nos municipios lucenses de Folgoso do Courel, Portomarín, Becerreá, Pantón, Quiroga e Xermade, así como en localidades da provincia de Pontevedra como as Illas Cíes (4 quendas), Cotobade e Vilanova de Arousa. Este ano os mozos e mozas galegos dispoñen de 575 prazas para participar nos Campos de traballo. Destas prazas, 120 son para Campos noutras comunidades autónomas, 250 para Campos en 34 países de Europa, Asia, África e América e 205 para Campos en Galicia. Con estes datos, Galicia é a comunidade española con máis prazas en campos de traballo. Campaña de verán 2016 Cecilia Vázquez lembrou que os campos de traballo enmárcanse dentro da Campaña de Verán 2016 que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. “Esta campaña é a máis inclusiva e importante dos últimos anos no que se refire a número de prazas ofertadas. En total, son 9.046 as prazas que se ofrecen, o que significa incrementar nun 6% as prazas dispoñibles no ano pasado”, explicou a directora xeral. Ademais destes campos, a campaña de verán inclúe albergues, campamentos e actividades de ocio e tempo libre para a mocidade. A Consellería de Política Social destina un orzamento de 2,6 millóns de euros a esta campaña. Cómpre destacar que, outro dos aspectos positivos da campaña está no impulso ao emprego que leva aparellada. Grazas ao desenvolvemento destas actividades, as empresas de ocio e tempo libre de Galicia darán traballo a máis de 900 monitores/as e directores/as de campamentos. Os interesados e interesadas nesta campaña, xa poden consultar toda a información relativa á mesma en http://xuventude.xunta.es.

Os problemas co material e a súa esterilización son constantes desde a posta en marcha do Novo Hospital e da reestruturación da actividade cirúrxica. O feito de que aínda hoxe esteamos poñendo en marcha a nova central de esterilización e tomando medidas “temporais” para solucionar os problemas, 6 meses despois, indica a incapacidade da Xerencia da EOXI de Vigo para xestionar con eficiencia e seguridade a nosa sanidade pública.

Mandar o material a esterilizar a POVISA tampouco serviu para garantir que ese material chegara aos quirófanos do H. Álvaro Cunqueiro en condicións de seguridade para realizar as intervencións, polo que continúan as suspensións e retrasos nas intervencións, coa conseguinte repercusión nas listas de espera.

En 6 meses esta Xerencia non foi quén de facer un correcto diagnóstico das causas que xeraban os problemas, polo que os tratamentos aplicados non están a funcionar.

Insistimos en que é lamentable que tendo unha central de esterilización pública, acreditada e con profesionais competentes, nos vexamos, desde que se iniciou o traslado ao Novo hospital, con continuos problemas co material, que ocasionan reiteradas suspensións de intervencións cirúrxicas.

Se a Xerencia escoitara aos profesionais, que facían posible o funcionamento con altos estándares de calidade da antiga central de esterilización, no canto de presionalos e facelos traballar en condicións imposibles, sería máis doado facer un diagnóstico correcto e aplicar as medidas correctoras necesarias.

Non parece tolerable que sigamos permitindo que un aspecto básico na seguridade dos pacientes siga sen funcionar. So a responsabilidade das e dos profesionais está garantindo esa seguridade, co incremento de tensión que se produce antes de cada intervención coa lotería de se a caixa de material virá en condicións de ser usada ou non.

Non podemos agardar por máis “solucións temporais” nin cambios da organización para ver se funcionan. Esiximos da Xerencia unha avaliación seria e competente da situación e que se tomen as medidas necesarias para solucionala, aínda que iso signifique ter que modificar decisións xa tomadas e cambiar o lugar do lavado e esterilización do material para facelo o máis próximo en tempo e lugar a onde se produce.

 

Vigo, 17 de xuño de 2016

 

Manuel González Moreira

Secretario Comarcal de CIG-Saúde

UN TOTAL DE 20 VOLUNTARIOS/AS REALIZARÁN EN ROIS INTERVENCIÓNS ARQUEOLÓXICAS NO MARCO DUN CAMPO DE TRABALLO INTERNACIONAL DA DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE

  • Os e as participantes realizarán escavacións, prácticas de limpeza, siglado e debuxo arqueolóxico
  • A Consellería de Política Social organiza un total de 24 campos de traballo na comunidade galega nos meses de verán e ofrece aos mozos e mozas galegos 575 prazas para participar nos que se realizan en Galicia, no resto de España e noutros países
  • Galicia é a comunidade de referencia na materia e o ano pasado organizou o 34% dos campos de traballo internacionais que se celebraron en toda España
  • Esta actividade enmárcase na Campaña de Verán 2016, que oferta 9.046 prazas para albergues, campamentos e actividades de ocio e tempo libre para a mocidade e na que a Xunta de Galicia inviste 2,6 millóns de euros

 

Rois (A Coruña), 17 de xuño de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, presentou esta mañá o Campo de Traballo Internacional de Rois que se celebrará na localidade entre o 1 e o 12 de agosto. Este campo centrará a súa actividade na intervención arqueolóxica no Castro de Socastro.

 

Concretamente, os voluntarios e voluntarias realizarán escavacións, prácticas de limpeza, siglado e debuxo arqueolóxico. O Castro de Socastro atópase na parroquia de San Pedro de Herbogo e está configurado por un recinto principal de planta oval cunhas dimensións de 125 por 85 metros, delimitado por un parapeto de terreo. Este castro é visible dende todas as montañas que rodean a conca fluvial do río Valeirón, polo que se pode supoñer que fose a acrópole máis importante da zona.

 

Nesta iniciativa conxunta entre a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e o Concello de Rois, participarán un total de 20 voluntarios de entre 18 e 30 anos, procedentes de Galicia, do resto de España e doutros países de todo o mundo.

 

Cecilia Vázquez destacou que “os proxectos de voluntariado xuvenil, como este campo de traballo, supoñen unha magnífica ferramenta de educación non formal para a nosa mocidade”. En concreto, os campos de traballo contribúen á difusión de valores como a participación, a solidariedade, o coñecemento do contorno e o traballo en equipo entre os participantes. Así mesmo,  fomentan a mobilidade, pois ofrecen aos mozos e mozas a oportunidade de tomar parte en campos doutras Comunidades e países.

 

Son polo tanto recursos de gran valor xuvenil, nos que Galicia é a comunidade de referencia na materia. Cómpre destacar que o ano pasado Galicia organizou o 34% dos campos de traballo internacionais que se celebraron en toda España, segundo o balance realizado polo Injuve.

 

A Consellería de Política Social organiza un total de 24 campos de traballo na comunidade galega nos meses de verán nos concellos coruñeses de Outes, A Laracha, Ponteceso, Boqueixón, Rois, Betanzos, Curtis, Vedra, Ribeira e Coirós e nos concellos ourensáns de Celanova, Ourense, Muíños, Vilamarín e A Peroxa. Así mesmo, celebraranse nos municipios lucenses de Folgoso do Courel, Portomarín, Becerreá, Pantón, Quiroga e Xermade, así como en localidades da provincia de Pontevedra como as Illas Cíes (4 quendas), Cotobade e Vilanova de Arousa.

 

Este ano os mozos e mozas galegos dispoñen de 575 prazas para participar nos Campos de traballo. Destas prazas, 120 son para Campos noutras comunidades autónomas, 250 para Campos en 34 países de Europa, Asia, África e América e 205 para Campos en Galicia. Con estes datos, Galicia é a comunidade española con máis prazas en campos de traballo.

 

Campaña de verán 2016

 

Cecilia Vázquez lembrou que os campos de traballo enmárcanse dentro da Campaña de Verán 2016 que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. “Esta campaña é a máis inclusiva e importante dos últimos anos no que se refire a número de prazas ofertadas. En total, son 9.046 as prazas que se ofrecen, o que significa incrementar nun 6% as prazas dispoñibles no ano pasado”, explicou a directora xeral.  

 

Ademais destes campos, a campaña de verán inclúe albergues, campamentos e actividades de ocio e tempo libre para a mocidade. A Consellería de Política Social destina un orzamento de 2,6 millóns de euros a esta campaña.

 

Cómpre destacar que, outro dos aspectos positivos da campaña está no impulso ao emprego que leva aparellada. Grazas ao desenvolvemento destas actividades, as empresas de ocio e tempo libre de Galicia darán traballo a máis de 900 monitores/as e directores/as de campamentos.

 

Os interesados e interesadas nesta campaña, xa poden consultar toda a información relativa á mesma en http://xuventude.xunta.es.

 

O XERENTE DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR DESTACA A IMPORTANCIA DA “FORMACIÓN NON REGULADA DOS NOSOS MAIORES” NA CLAUSURA DO CURSO UNED SÉNIOR A CORUÑA

  • A Consellería de Política Social colabora nesta iniciativa a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade cunha partida de 13.200 euros

 

A Coruña, 17 de xuño de 2016.- O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, clausurou esta mañá o curso UNED Sénior A Coruña no que colabora a Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade cunha partida de 13.200 euros.

Alí, o xerente do Consorcio destacou a importancia da “formación non regulada dos nosos maiores” para acadar “un envellecemento activo e participativo”. Nesta liña, cómpre destacar a actualización do Plan rexional de Persoas Maiores que está en fase de elaboración e que será aprobada proximamente no Consello da Xunta.

No acto, que tivo lugar no centro asociado da UNED na Coruña, Perfecto Rodríguez, destacou o “esforzo e dedicación” dos maiores graduados e gabou á UNED “que leva organizando estas actividades na súa sede central e nos seus centros asociados desde o ano 2008”.

A DIRECTORA XERAL DE INFANCIA PARTICIPA NA INICIATIVA DE ALDEAS INFANTILES ‘DEPUTADOS POR UN DÍA’ QUE FAI QUE OS RAPACES ADQUIRAN VALORES COMO OS DA PRUDENCIA E DA AUDACIA

  • A Consellería de Política Social e Aldeas Infantiles SOS Galicia teñen asinado un convenio para a execución do ‘Programa de apoio ao acollemento en familia extensa’ que conta cun orzamento total de 265.423,78 euros

 

Santiago, 17 de xuño de 2016.- A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, participou na mañá de hoxe nunha sesión plenaria no Parlamento de Galicia protagonizada por nenos e nenas. A iniciativa -‘Deputados por un día’- forma parte do programa educativo ‘Abraza os teus valores’ de Aldeas Infantiles SOS Galicia que neste curso cumpre a súa décimo oitava edición centrándose en fomentar a importancia da prudencia e a audacia entre os alumnos de educación primaria.

 

Deste xeito, os portavoces do alumnado en representación de cada unha das catro provincias galegas -Lucía Taboada García do CPI Armando Cotarelo Valledor de Boimorto (A Coruña); Gabriel Valoría Figueroa do CEIP Casás (Lugo); Jorge Prol García do CEIP Pluringüe de Seixalbo (Ourense); e Mª Luisa Carollo Rey do CEIP Cerdeiriñas-Piloño en Viladecruces (Pontevedra)- xunto aos demais rapaces participantes, trasladaron as súas inquedanzas ás autoridades e medios de comunicación. Ademais, tras a exposición dos compromisos por parte dos catro portavoces, os demais alumnos votaron aquel que mellor consideraron.

 

Neste programa educativo de Aldeas Infantiles SOS Galicia participaron este ano 7.500 escolares de primaria de Galicia (202.700 en toda España).  

 

Cómpre recordar o convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Aldeas Infantiles SOS Galicia para a execución do ‘Programa de apoio ao acollemento en familia extensa’, mediante o cal se facilita apoio aos procesos de acollemento familiar de menores por membros da súa propia familia. O orzamento total desta acción ascende a 265.423,78 euros, dos que a Consellería de Política Social achega para o ano 2016 151.679 euros e Aldeas Infantiles SOS de Galicia aporta 113.744,78 euros.

 

LÓPEZ-CHAVES PIDE AO ALCALDE DE VIGO QUE CONVOQUE XA O PLENO DE ZONA FRANCA PARA “DESBLOQUEAR” O DESENVOLVEMENTO DA ETEA

  • 24052016_RPVivendaO delegado territorial explicou que Xunta, Zona Franca e Universidade de Vigo pretenden impulsar o ámbito científico-tecnolóxico coa posta en marcha do Campus do Mar sendo o único “tapón” a falla de xestión do rexedor vigués
  • O convenio de colaboración para o seu desenvolvemento xa foi autorizado polo Consello da Xunta no mes de marzo, ademais de ser aprobado pola Universidade e polo comité executivo de Zona Franca
  • Considera que “xa fixemos os nosos deberes” e que soamente resta a firma do alcalde coma presidente do pleno de Zona Franca para levar adiante dito protocolo

 

Vigo, 17 de xuño de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, solicitou hoxe ao alcalde da cidade, Abel Caballero, que convoque dunha vez o pleno de Zona Franca para “desbloquear” o desenvolvemento da ETEA.

 

Coma explicou en rolda de prensa, hai máis de tres meses que o Consello da Xunta autorizou o convenio de colaboración que permitiría a Xunta, Zona Franca e Universidade de Vigo impulsar o desenvolvemento da ETEA, en concreto, do ámbito científico-tecnolóxico coa posta en marcha do Campus do Mar. “Dende hai tempo se está a traballar conxuntamente co obxectivo de poñelo en marcha”, declarou hoxe.

 

Sen embargo, dito convenio aínda non é efectivo por ser necesaria a convocatoria do pleno do Consorcio de Zona Franca, a cal debe firmar o rexedor vigués coma seu presidente. “Para que sexa unha realidade soamente falta un requisito”, dixo López-Chaves.

Dito protocolo conta tamén xa co consenso e aprobación da Universidade de Vigo e do comité executivo de Zona Franca. “Está bloqueado por decisión de Caballero”, insistiu o delegado, matizando que mentres sucede isto o resto de administracións implicadas “xa fixemos os nosos deberes”. “Todas temos interese en facelo”, sinalou especificando que o “tapón” para levar adiante este proxecto soamente radica na falla de xestión do rexedor vigués coma presidente do pleno do Consorcio. Considerou así que esta “negativa” provoca que “se retrase” o desenvolvemento dun proxecto “de primeira magnitude” para Vigo.

 

Hai que lembrar que unha vez se aprobe o convenio, a Xunta reverterá á Zona Franca dúas parcelas que se corresponden coa área científico-tecnolóxica. O seu destino será un espazo para a sede corporativa do Campus do Mar, acelerador de empresas (Emprendemar) e centro de innovación gastronómico ademais de albergar actividades relacionadas coas tecnoloxías avanzadas mariñas.

 

O obxectivo deste proxecto é acadar un espazo multidisciplinar no cal se unan os usos sociais (asistenciais, culturais, deportivos…) e os científicos, co fin de atraer a cidadanía cara a este campus ademais de permitir recuperar un espazo público e transformar esta área urbana ao tempo que se integra no barrio de Teis.

 

O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL AMOSA O SEU COMPROMISO COS MENORES EN SITUACIÓN DE DESPROTECCIÓN FAMILIAR DURANTE A VISITA ÁS INSTALACIÓNS DA ASOCIACIÓN ARELA

  • O domicilio ofrece 10 prazas de atención a menores e o recurso de atención diúrna, 8
  • O obxectivo destes recursos asistenciais é acadar a integración familiar e social dos usuarios e usuarias mediante unha intervención educativa, integral e individualizada
  • A Xunta de Galicia mantén varios concertos de prazas coa entidade nos que inviste máis de 1,2 millóns de euros para o mantemento de 68 prazas no 2016
  • Rey Varela destacou que a partida orzamentaria destinada neste ano á atención ao menor ascende a 26 millóns de euros, o que supón 1,5 millóns de euros máis que o exercicio pasado

 

O Barco de Valdeorras, 17 de xuño de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou hoxe as instalacións da entidade ARELA no Barco de Valdeorras, en concreto, a casa de familia e o centro de día, nos que traballan con nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección familiar e/ou conflito social.  

 

Rey Varela percorreu a casa da familia, que ten como obxectivo principal a integración familiar e social dos usuarios e usuarias mediante unha intervención educativa, integral e individualizada. Para elo, cada menor ten definido un Proxecto Educativo Individualizado (PEI)  e no pasado ano se potenciou o traballo en rede cos servizo sociais especializados. Na actualidade, a casa de familia de O Barco acolle a un total de 10 menores a través de 6 prazas residenciais xerais, 2 prazas residenciais especiais e 2 prazas de día, en virtude do concerto de prazas que a Xunta de Galicia mantén coa entidade e polo que aporta 183.390 euros.

 

A administración autonómica, a través da Consellería de Política Social, colabora tamén coas outras 5 casas de familia que ARELA ten en Galicia. En total, a Xunta inviste 998.953 euros no concerto de prazas para as 6 casas, nas que se atenden a 48 menores.

 

Tras a visita á instalación residencial, o titular de Política Social trasladouse ao centro de atención de día integral sito na mesma localidade. Na actualidade, grazas ao recente incremento de dúas prazas, este recurso ten capacidade para a atención de 10 prazas para as que a Xunta de Galicia achega un total 143.376 euros. No centro de día, ademais do PEI, a entidade leva a cabo o Proxecto de Intervención Familiar (PIF) a través do que se busca a implicación e responsabilización paulatina da familia na educación dos seus fillos e fillas.

 

Cómpre destacar que ademais do centro de día do Barco, ARELA conta co mesmo recurso en Santiago de Compostela no que se ofertan 8 prazas de día a través do convenio de colaboración coa administración autonómica e polo que esta inviste 164.956 euros.

 

Rey Varela explicou que “en total, son 68 as prazas concertadas polas que achegamos un total de 1.291.277 euros para o mantemento das mesmas. Un investimento que responde ao compromiso de axudar ás persoas que máis o precisan e ás entidades que traballan no día a día con elas, como é o caso de ARELA”. Ademais, o titular autonómico lembrou que a Xunta mantén un convenio de colaboración con ARELA para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións en medio aberto, ao que destina un orzamento de 413.957 euros.

 

“Dende logo, o compromiso da administración á que represento non queda só en palabras, senón que queda demostrado coa aposta orzamentaria que fai con ARELA para que esta entidade poida seguir a realizar o seu traballo do mellor xeito posible”, afirmou o titular de Política Social.

 

Máis recursos para as situacións de desprotección

O titular da carteira autonómica asegurou que “é unha prioridade realizar unha atención integral a toda a infancia, e de xeito particular, aos menores que sofren unha situación de desprotección ou conflito social”. “O que queremos é previr situacións de desamparo; e no caso de que se produzan, actuar de maneira rápida e eficaz, garantindo en todo momento os dereitos do menor”, engadiu Rey Varela.

 

Así, a partida orzamentaria destinada en 2016 á atención ao menor ascende a 26 millóns de euros, o que supón 1,5 millóns de euros máis que o exercicio pasado. Este aumento repercutirá de xeito positivo nas persoas máis desprotexidas a través de dedicar máis recursos económicas a medidas como o Programa de intervención familiar, o Programa Mentor ou os puntos de encontro familiar; así como a liña telefónica gratuíta de axuda á infancia 116 111 ou o Rexistro Unificado de Maltrato Infantil.

 

REY VARELA DESTACA O TRABALLO DE ASFAVAL NA MELLORA DA CALIDADE DE VIDA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL A TRAVÉS DA INTEGRACIÓN SOCIAL E LABORAL

  • A administración autonómica destina este ano 2016 máis de 140.000 euros ao concerto de 18 prazas distribuídas entre o centro ocupacional e o centro de día da entidade
  • A entidade ofrece aos usuarios e usuarias obradoiros de estimulación cognitiva e sensorial, de lecto-escritura e de costura ou reciclaxe entre outros
  • O titular autonómico destacou que “este ano iniciamos o despregamento de novas prazas residenciais para persoas con discapacidade intelectual e a comarca do Barco de Valdeorras será unha das prioritarias”
  • A Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade aumentou o seu peso nos Orzamentos da Xunta para a presente anualidade ata chegar aos 281,3 millóns de euros, cantidade que supón practicamente un terzo do global dos presupostos destinados ás políticas sociais

 

O Barco de Valdeorras, 17 de xuño de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou hoxe o centro de día da Asociación de Familiares de Persoas con Discapacidade Intelectual de Valdeorras (ASFAVAL), sito na localidade de O Barco de Valdeorras. Esta visita forma parte da rolda de encontros que o titular da carteira autonómica está a realizar por toda a Comunidade Autónoma.

 

Rey Varela tivo a oportunidade de coñecer o “importante traballo que leva a cabo ASFAVAL, encamiñado a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e das súas familias, intentando dar resposta ás necesidades de integración social e laboral no medio ao que pertencen, o medio rural”.

 

ASFAVAL presta servizo á Comarca de Valdeorras e conta cun centro ocupacional con 15 prazas concertadas, no que os usuarios do mesmo realizan obradoiros de costura, reciclaxe, informática ou habilidades sociais entre outros. Así mesmo, a entidade conta cun centro de día no que se ofertan obradoiros de estimulación cognitiva e sensorial, de lecto-escritura ou de actividades básicas de vida diaria. Das 15 prazas que oferta a entidade na modalidade de centro de día, 3 son concertadas. Rey Varela destacou que “o goberno autonómico non é alleo á importancia que teñen estes centros no desenvolvemento persoal das persoas con discapacidade, polo que a Consellería de Política Social destina un importe de 140.636 euros para o mantemento  destas 18 prazas”.

 

Tras a visita ao centro, o titular autonómico salientou que “este ano iniciamos o despregamento de novas prazas residenciais para persoas con discapacidade intelectual e a comarca do Barco de Valdeorras será unha das prioritarias”.

 

Plan de acción contra a discapacidade

O titular da carteira autonómica insistiu en que “coordinarse e traballar conxuntamente coas outras administracións e as entidades é o bo camiño para poder avanzar na igualdade de dereitos e oportunidades das persoas con discapacidade”.

 

Neste sentido, o colectivo de persoas con discapacidade gaña en 2016 en presenza e en recursos económicos na carteira autonómica de Política Social. De feito, a Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade aumentou o seu peso nos Orzamentos da Xunta para a presente anualidade ata chegar aos 281,3 millóns de euros, cantidade que supón practicamente un terzo do global dos presupostos destinados ás políticas sociais. Ademais, esta nova etapa en políticas sociais signifícase por un traballo máis intenso coas entidades en temas como o desenvolvemento do Plan de Acción da Estratexia Galega sobre Discapacidade 2015-2020, aprobada polo Consello da Xunta en novembro do ano pasado.

 

Afundación organiza en Vigo obradoiros de verán dedicados á cociña, á robótica e ao mundo da radio e televisión

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) acolle durante este mes de xuño e xullo na súa sede de Vigo a proposta de obradoiros de verán 2016, dirixidos a nenas e nenos de 4 a 14 anos, respectivamente, e dedicados á robótica, á radio e á televisión e á cociña. O Centro Interactivo de Educación Ambiental Naturnova tamén ofrece visitas dinamizadas para nenos ou grupos. O obxectivo destas actividades, que se desenvolverán entre o 13 de xuño e o 7 de xullo en Vigo, é que os participantes poidan aprender divertíndose e, ao mesmo tempo, promover un espazo que contribúa á conciliación da vida laboral e familiar. Información e reservas no teléfono 986 447 369 ou a través da web de Ataquilla.com.

TODA LA OBRA DE CRISTINA DE MIDDEL REUNIDA EN ‘MUCHISMO’, SU ÚLTIMA PUBLICACIÓN

La Fábrica publica Muchismo, un volumen que reúne toda la trayectoria fotográfica de Cristina de Middel comisariado por ella mismaunnamed (1)

Un proyecto que plantea la relación entre la fotografía y la objetividad, el fotorreportaje y la verdad

Un volumen, numerado y firmado, en el que Cristina de Middel busca dar una vuelta al mundo del arte y sus convenciones

Plantea una revisión de sus series emblemáticas como Antipodes, Afronauts, Polyspam, This Is What Hatred Did o Party, en un volumen de 180 páginas

 

Más información: www.lafabrica.com