A DIRECTORA XERAL DE INFANCIA PARTICIPA NA INICIATIVA DE ALDEAS INFANTILES ‘DEPUTADOS POR UN DÍA’ QUE FAI QUE OS RAPACES ADQUIRAN VALORES COMO OS DA PRUDENCIA E DA AUDACIA

  • A Consellería de Política Social e Aldeas Infantiles SOS Galicia teñen asinado un convenio para a execución do ‘Programa de apoio ao acollemento en familia extensa’ que conta cun orzamento total de 265.423,78 euros

 

Santiago, 17 de xuño de 2016.- A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, participou na mañá de hoxe nunha sesión plenaria no Parlamento de Galicia protagonizada por nenos e nenas. A iniciativa -‘Deputados por un día’- forma parte do programa educativo ‘Abraza os teus valores’ de Aldeas Infantiles SOS Galicia que neste curso cumpre a súa décimo oitava edición centrándose en fomentar a importancia da prudencia e a audacia entre os alumnos de educación primaria.

 

Deste xeito, os portavoces do alumnado en representación de cada unha das catro provincias galegas -Lucía Taboada García do CPI Armando Cotarelo Valledor de Boimorto (A Coruña); Gabriel Valoría Figueroa do CEIP Casás (Lugo); Jorge Prol García do CEIP Pluringüe de Seixalbo (Ourense); e Mª Luisa Carollo Rey do CEIP Cerdeiriñas-Piloño en Viladecruces (Pontevedra)- xunto aos demais rapaces participantes, trasladaron as súas inquedanzas ás autoridades e medios de comunicación. Ademais, tras a exposición dos compromisos por parte dos catro portavoces, os demais alumnos votaron aquel que mellor consideraron.

 

Neste programa educativo de Aldeas Infantiles SOS Galicia participaron este ano 7.500 escolares de primaria de Galicia (202.700 en toda España).  

 

Cómpre recordar o convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Aldeas Infantiles SOS Galicia para a execución do ‘Programa de apoio ao acollemento en familia extensa’, mediante o cal se facilita apoio aos procesos de acollemento familiar de menores por membros da súa propia familia. O orzamento total desta acción ascende a 265.423,78 euros, dos que a Consellería de Política Social achega para o ano 2016 151.679 euros e Aldeas Infantiles SOS de Galicia aporta 113.744,78 euros.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: