LÓPEZ-CHAVES PIDE AO ALCALDE DE VIGO QUE CONVOQUE XA O PLENO DE ZONA FRANCA PARA “DESBLOQUEAR” O DESENVOLVEMENTO DA ETEA

  • 24052016_RPVivendaO delegado territorial explicou que Xunta, Zona Franca e Universidade de Vigo pretenden impulsar o ámbito científico-tecnolóxico coa posta en marcha do Campus do Mar sendo o único “tapón” a falla de xestión do rexedor vigués
  • O convenio de colaboración para o seu desenvolvemento xa foi autorizado polo Consello da Xunta no mes de marzo, ademais de ser aprobado pola Universidade e polo comité executivo de Zona Franca
  • Considera que “xa fixemos os nosos deberes” e que soamente resta a firma do alcalde coma presidente do pleno de Zona Franca para levar adiante dito protocolo

 

Vigo, 17 de xuño de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, solicitou hoxe ao alcalde da cidade, Abel Caballero, que convoque dunha vez o pleno de Zona Franca para “desbloquear” o desenvolvemento da ETEA.

 

Coma explicou en rolda de prensa, hai máis de tres meses que o Consello da Xunta autorizou o convenio de colaboración que permitiría a Xunta, Zona Franca e Universidade de Vigo impulsar o desenvolvemento da ETEA, en concreto, do ámbito científico-tecnolóxico coa posta en marcha do Campus do Mar. “Dende hai tempo se está a traballar conxuntamente co obxectivo de poñelo en marcha”, declarou hoxe.

 

Sen embargo, dito convenio aínda non é efectivo por ser necesaria a convocatoria do pleno do Consorcio de Zona Franca, a cal debe firmar o rexedor vigués coma seu presidente. “Para que sexa unha realidade soamente falta un requisito”, dixo López-Chaves.

Dito protocolo conta tamén xa co consenso e aprobación da Universidade de Vigo e do comité executivo de Zona Franca. “Está bloqueado por decisión de Caballero”, insistiu o delegado, matizando que mentres sucede isto o resto de administracións implicadas “xa fixemos os nosos deberes”. “Todas temos interese en facelo”, sinalou especificando que o “tapón” para levar adiante este proxecto soamente radica na falla de xestión do rexedor vigués coma presidente do pleno do Consorcio. Considerou así que esta “negativa” provoca que “se retrase” o desenvolvemento dun proxecto “de primeira magnitude” para Vigo.

 

Hai que lembrar que unha vez se aprobe o convenio, a Xunta reverterá á Zona Franca dúas parcelas que se corresponden coa área científico-tecnolóxica. O seu destino será un espazo para a sede corporativa do Campus do Mar, acelerador de empresas (Emprendemar) e centro de innovación gastronómico ademais de albergar actividades relacionadas coas tecnoloxías avanzadas mariñas.

 

O obxectivo deste proxecto é acadar un espazo multidisciplinar no cal se unan os usos sociais (asistenciais, culturais, deportivos…) e os científicos, co fin de atraer a cidadanía cara a este campus ademais de permitir recuperar un espazo público e transformar esta área urbana ao tempo que se integra no barrio de Teis.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: