O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL AMOSA O SEU COMPROMISO COS MENORES EN SITUACIÓN DE DESPROTECCIÓN FAMILIAR DURANTE A VISITA ÁS INSTALACIÓNS DA ASOCIACIÓN ARELA

  • O domicilio ofrece 10 prazas de atención a menores e o recurso de atención diúrna, 8
  • O obxectivo destes recursos asistenciais é acadar a integración familiar e social dos usuarios e usuarias mediante unha intervención educativa, integral e individualizada
  • A Xunta de Galicia mantén varios concertos de prazas coa entidade nos que inviste máis de 1,2 millóns de euros para o mantemento de 68 prazas no 2016
  • Rey Varela destacou que a partida orzamentaria destinada neste ano á atención ao menor ascende a 26 millóns de euros, o que supón 1,5 millóns de euros máis que o exercicio pasado

 

O Barco de Valdeorras, 17 de xuño de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou hoxe as instalacións da entidade ARELA no Barco de Valdeorras, en concreto, a casa de familia e o centro de día, nos que traballan con nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección familiar e/ou conflito social.  

 

Rey Varela percorreu a casa da familia, que ten como obxectivo principal a integración familiar e social dos usuarios e usuarias mediante unha intervención educativa, integral e individualizada. Para elo, cada menor ten definido un Proxecto Educativo Individualizado (PEI)  e no pasado ano se potenciou o traballo en rede cos servizo sociais especializados. Na actualidade, a casa de familia de O Barco acolle a un total de 10 menores a través de 6 prazas residenciais xerais, 2 prazas residenciais especiais e 2 prazas de día, en virtude do concerto de prazas que a Xunta de Galicia mantén coa entidade e polo que aporta 183.390 euros.

 

A administración autonómica, a través da Consellería de Política Social, colabora tamén coas outras 5 casas de familia que ARELA ten en Galicia. En total, a Xunta inviste 998.953 euros no concerto de prazas para as 6 casas, nas que se atenden a 48 menores.

 

Tras a visita á instalación residencial, o titular de Política Social trasladouse ao centro de atención de día integral sito na mesma localidade. Na actualidade, grazas ao recente incremento de dúas prazas, este recurso ten capacidade para a atención de 10 prazas para as que a Xunta de Galicia achega un total 143.376 euros. No centro de día, ademais do PEI, a entidade leva a cabo o Proxecto de Intervención Familiar (PIF) a través do que se busca a implicación e responsabilización paulatina da familia na educación dos seus fillos e fillas.

 

Cómpre destacar que ademais do centro de día do Barco, ARELA conta co mesmo recurso en Santiago de Compostela no que se ofertan 8 prazas de día a través do convenio de colaboración coa administración autonómica e polo que esta inviste 164.956 euros.

 

Rey Varela explicou que “en total, son 68 as prazas concertadas polas que achegamos un total de 1.291.277 euros para o mantemento das mesmas. Un investimento que responde ao compromiso de axudar ás persoas que máis o precisan e ás entidades que traballan no día a día con elas, como é o caso de ARELA”. Ademais, o titular autonómico lembrou que a Xunta mantén un convenio de colaboración con ARELA para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións en medio aberto, ao que destina un orzamento de 413.957 euros.

 

“Dende logo, o compromiso da administración á que represento non queda só en palabras, senón que queda demostrado coa aposta orzamentaria que fai con ARELA para que esta entidade poida seguir a realizar o seu traballo do mellor xeito posible”, afirmou o titular de Política Social.

 

Máis recursos para as situacións de desprotección

O titular da carteira autonómica asegurou que “é unha prioridade realizar unha atención integral a toda a infancia, e de xeito particular, aos menores que sofren unha situación de desprotección ou conflito social”. “O que queremos é previr situacións de desamparo; e no caso de que se produzan, actuar de maneira rápida e eficaz, garantindo en todo momento os dereitos do menor”, engadiu Rey Varela.

 

Así, a partida orzamentaria destinada en 2016 á atención ao menor ascende a 26 millóns de euros, o que supón 1,5 millóns de euros máis que o exercicio pasado. Este aumento repercutirá de xeito positivo nas persoas máis desprotexidas a través de dedicar máis recursos económicas a medidas como o Programa de intervención familiar, o Programa Mentor ou os puntos de encontro familiar; así como a liña telefónica gratuíta de axuda á infancia 116 111 ou o Rexistro Unificado de Maltrato Infantil.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: