Os e as participantes realizarán escavacións, prácticas de limpeza, siglado e debuxo arqueolóxico A Consellería de Política Social organiza un total de 24 campos de traballo na comunidade galega nos meses de verán e ofrece aos mozos e mozas galegos 575 prazas para participar nos que se realizan en Galicia, no resto de España e noutros países Galicia é a comunidade de referencia na materia e o ano pasado organizou o 34% dos campos de traballo internacionais que se celebraron en toda España Esta actividade enmárcase na Campaña de Verán 2016, que oferta 9.046 prazas para albergues, campamentos e actividades de ocio e tempo libre para a mocidade e na que a Xunta de Galicia inviste 2,6 millóns de euros Rois (A Coruña), 17 de xuño de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, presentou esta mañá o Campo de Traballo Internacional de Rois que se celebrará na localidade entre o 1 e o 12 de agosto. Este campo centrará a súa actividade na intervención arqueolóxica no Castro de Socastro. Concretamente, os voluntarios e voluntarias realizarán escavacións, prácticas de limpeza, siglado e debuxo arqueolóxico. O Castro de Socastro atópase na parroquia de San Pedro de Herbogo e está configurado por un recinto principal de planta oval cunhas dimensións de 125 por 85 metros, delimitado por un parapeto de terreo. Este castro é visible dende todas as montañas que rodean a conca fluvial do río Valeirón, polo que se pode supoñer que fose a acrópole máis importante da zona. Nesta iniciativa conxunta entre a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e o Concello de Rois, participarán un total de 20 voluntarios de entre 18 e 30 anos, procedentes de Galicia, do resto de España e doutros países de todo o mundo. Cecilia Vázquez destacou que “os proxectos de voluntariado xuvenil, como este campo de traballo, supoñen unha magnífica ferramenta de educación non formal para a nosa mocidade”. En concreto, os campos de traballo contribúen á difusión de valores como a participación, a solidariedade, o coñecemento do contorno e o traballo en equipo entre os participantes. Así mesmo, fomentan a mobilidade, pois ofrecen aos mozos e mozas a oportunidade de tomar parte en campos doutras Comunidades e países. Son polo tanto recursos de gran valor xuvenil, nos que Galicia é a comunidade de referencia na materia. Cómpre destacar que o ano pasado Galicia organizou o 34% dos campos de traballo internacionais que se celebraron en toda España, segundo o balance realizado polo Injuve. A Consellería de Política Social organiza un total de 24 campos de traballo na comunidade galega nos meses de verán nos concellos coruñeses de Outes, A Laracha, Ponteceso, Boqueixón, Rois, Betanzos, Curtis, Vedra, Ribeira e Coirós e nos concellos ourensáns de Celanova, Ourense, Muíños, Vilamarín e A Peroxa. Así mesmo, celebraranse nos municipios lucenses de Folgoso do Courel, Portomarín, Becerreá, Pantón, Quiroga e Xermade, así como en localidades da provincia de Pontevedra como as Illas Cíes (4 quendas), Cotobade e Vilanova de Arousa. Este ano os mozos e mozas galegos dispoñen de 575 prazas para participar nos Campos de traballo. Destas prazas, 120 son para Campos noutras comunidades autónomas, 250 para Campos en 34 países de Europa, Asia, África e América e 205 para Campos en Galicia. Con estes datos, Galicia é a comunidade española con máis prazas en campos de traballo. Campaña de verán 2016 Cecilia Vázquez lembrou que os campos de traballo enmárcanse dentro da Campaña de Verán 2016 que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. “Esta campaña é a máis inclusiva e importante dos últimos anos no que se refire a número de prazas ofertadas. En total, son 9.046 as prazas que se ofrecen, o que significa incrementar nun 6% as prazas dispoñibles no ano pasado”, explicou a directora xeral. Ademais destes campos, a campaña de verán inclúe albergues, campamentos e actividades de ocio e tempo libre para a mocidade. A Consellería de Política Social destina un orzamento de 2,6 millóns de euros a esta campaña. Cómpre destacar que, outro dos aspectos positivos da campaña está no impulso ao emprego que leva aparellada. Grazas ao desenvolvemento destas actividades, as empresas de ocio e tempo libre de Galicia darán traballo a máis de 900 monitores/as e directores/as de campamentos. Os interesados e interesadas nesta campaña, xa poden consultar toda a información relativa á mesma en http://xuventude.xunta.es.

Os problemas co material e a súa esterilización son constantes desde a posta en marcha do Novo Hospital e da reestruturación da actividade cirúrxica. O feito de que aínda hoxe esteamos poñendo en marcha a nova central de esterilización e tomando medidas “temporais” para solucionar os problemas, 6 meses despois, indica a incapacidade da Xerencia da EOXI de Vigo para xestionar con eficiencia e seguridade a nosa sanidade pública.

Mandar o material a esterilizar a POVISA tampouco serviu para garantir que ese material chegara aos quirófanos do H. Álvaro Cunqueiro en condicións de seguridade para realizar as intervencións, polo que continúan as suspensións e retrasos nas intervencións, coa conseguinte repercusión nas listas de espera.

En 6 meses esta Xerencia non foi quén de facer un correcto diagnóstico das causas que xeraban os problemas, polo que os tratamentos aplicados non están a funcionar.

Insistimos en que é lamentable que tendo unha central de esterilización pública, acreditada e con profesionais competentes, nos vexamos, desde que se iniciou o traslado ao Novo hospital, con continuos problemas co material, que ocasionan reiteradas suspensións de intervencións cirúrxicas.

Se a Xerencia escoitara aos profesionais, que facían posible o funcionamento con altos estándares de calidade da antiga central de esterilización, no canto de presionalos e facelos traballar en condicións imposibles, sería máis doado facer un diagnóstico correcto e aplicar as medidas correctoras necesarias.

Non parece tolerable que sigamos permitindo que un aspecto básico na seguridade dos pacientes siga sen funcionar. So a responsabilidade das e dos profesionais está garantindo esa seguridade, co incremento de tensión que se produce antes de cada intervención coa lotería de se a caixa de material virá en condicións de ser usada ou non.

Non podemos agardar por máis “solucións temporais” nin cambios da organización para ver se funcionan. Esiximos da Xerencia unha avaliación seria e competente da situación e que se tomen as medidas necesarias para solucionala, aínda que iso signifique ter que modificar decisións xa tomadas e cambiar o lugar do lavado e esterilización do material para facelo o máis próximo en tempo e lugar a onde se produce.

 

Vigo, 17 de xuño de 2016

 

Manuel González Moreira

Secretario Comarcal de CIG-Saúde

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: