Archive | junio 18, 2016

A CIG-Servizos organiza unha marcha a pé en lembranza dos dous brigadistas mortos nun lume en Fornelos de Montes en 2010

A iniciativa en homenaxe de Rodrigo Amo e Julio Martínez terá lugar este sábado 18
A federación de Servizos da CIG organiza unha marcha a pé este sábado en lembranza dos dous brigadistas mortos nun lume forestal en Fornelos de Montes en 2010, Rodrigo Amo e Julio Martínez. A iniciativa, que incluirá un acto de homenaxe na Praza do Concello desta localidade pontevedresa, dará comezo ás 11.00 horas en Pazos de Borbén.
2016 06 16 HomenaxeBrigadistasMortosFornelosDeMontes

A marcha a pé en lembranza dos brigadistas mortos durante as labores de extinción dun incendio sairá ás 11.00 horas do Torreiro das Xunqueiras, en Pazos de Borbén, e percorrerá a senda do río Barragán durante cinco quilómetros.

A rota rematará na ponte do encoro do Oitavén, onde se atopa unha área recreativa na que máis tarde se celebrará un xantar de convivencia entre o persoal da empresa pública Seaga, á que pertencían os falecidos.

Previamente, ás 13.30 horas terá lugar un acto de homenaxe na Praza do Concello de Fornelos de Montes, a carón da placa colocada en memoria dos dous traballadores.

Anuncios

O XERENTE DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR PARTICIPA NO 30 ANIVERSARIO DA RESIDENCIA DE MAIORES DE PONTEAREAS (PONTEVEDRA)

 

Ponteareas (Pontevedra), 17 de xuño de 2016.- O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, participou neste mediodía no trixésimo aniversario da residencia de maiores  de Ponteareas (Pontevedra), na que tamén está integrada o centro de día que xestiona a Consellería de Política Social a través do propio Consorcio. Alí, o xerente asegurou que os maiores galegos son “peza esencial” para a Xunta de Galicia e avanzou que a actualización do Plan rexional de Persoas Maiores está en fase de elaboración e será aprobada proximamente no Consello da Xunta.

 

No acto, que tivo lugar na residencia de maiores Santa Ana, Perfecto Rodríguez, destacou o incremento das partidas destinadas a maiores como reflicte que a nova Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade teña neste ano 2016 un aumento do 7% con respecto ao orzamento consignado a esta área en 2015. “Unha suba que nos permitirá coidar mellor dos nosos maiores, consignar máis cartos para atención á dependencia ou abrir máis centros para maiores”, engadiu.

 

A DIRECCIÓN XERAL DE INFANCIA AMOSA O SEU COMPROMISO COA PREVENCIÓN E DETECCIÓN DE CASOS DE BULLYING NA PRIMEIRA XORNADA ABERTA SOBRE ACOSO ESCOLAR

A DIRECCIÓN XERAL DE INFANCIA AMOSA O SEU COMPROMISO COA PREVENCIÓN E DETECCIÓN DE CASOS DE BULLYING NA PRIMEIRA XORNADA ABERTA SOBRE ACOSO ESCOLAR

 

  • O obxectivo da mesma é facer visible este fenómeno social e propiciar unha reflexión pública para atallar esta problemática
  • Entre as medidas de prevención, destaca a participación da Consellería de Política Social no proxecto piloto “Casas de empatía” que busca minimizar as taxas de bullying en centros de acollemento residencial

 

Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), xuño de 2016.- A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, participou na I Xornada Aberta sobre Acoso Escolar e Bullying organizadas pola Asociación TDAH Salnés coas que se pretende facer visible este fenómeno social e propiciar un debate e reflexión pública sobre estratexias de prevención e detección dos casos de acoso e ciberacoso. O evento, que continuará no día de mañá, conta con relatorios a cargo de mestres, profesores e psicólogos entre outros.

 

Durante a súa intervención, a titular autonómica fixo fincapé na importancia que ten a mellora da calidade de vida dos nenos e nenas de Galicia e asegurar o seu benestar, moi especialmente nos casos daqueles que por distintas circunstancias, se atopan nunha situación de maior vulnerabilidade. “O acoso escolar ou bullying ten efectos negativos na saúde física, o benestar emocional e o rendemento académico dos nenos e nenas especialmente se a dita violencia se repite no tempo o é severa, por elo, a Dirección Xeral que represento non pode deixar de colaborar e traballar intensamente nesta materia”, asegurou Amparo González.

 

Así, a directora xeral anunciou a participación da Consellería de Política Social nun proxecto piloto de “Casas de empatía”, unha actuación validada pola Comisión Europea e formada por un equipo de catro organización de diferentes países da Unión Europea, e cuxo fin é o desenvolvemento dunha metodoloxía adecuada que pretende minimizar as taxas de bullying en centros de acollemento residencial.

 

Ademais, unha das novidade s normativas levadas a cabo por este departamento autonómico e incluída na Lei estatal 26/2015 do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, é o establecemento e clasificación dos deberes dos menores no ámbito escolar. O artigo 9 indica que “os menores deben respectar as normas de convivencia e aos profesores e outros empregados, así como ao resto de compañeiros, evitando situación de acoso escolar en calquera das súas formas, incluíndo o ciberacoso”.

 

Esta mesma norma recolle igualmente, de xeito novidoso, como principio reitor da actuación administrativa, a protección dos menores contra calquera forma de violencia.

 

Amparo González lembrou tamén que a nivel autonómico, a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, recolle como principio reitor, o fomento da solidariedade e sensibilidade social ante calquera manifestación de abuso, acoso e maltrato físico, psíquico ou emocional.

 

A implicación da Xunta de Galicia co tratamento desta problemática é total, non só dende a Consellería de Política Social, senón tamén a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que publicou a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020 e un protocolo xeral para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar. O obxectivo deste último é que “o profesorado dun centro educativo saiba como actuar nos posibles casos de acoso, pois é imprescindible que se actúe de xeito inmediato e decidido, tanto co alumno ou alumna implicado como coas súas familias” apuntou Amparo González.

 

A directora xeral pechou a súa intervención agradecendo á Asociación TDAH Salnés a organización destas xornadas, nas que “ademais de adquirir coñecementos e habilidades, foméntase a creación e fortalecemento de vínculos entre todos os axentes implicados na loita contra o bullying”.

 

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, asistirá á presentación da ampliación do centro residencial para maiores O Lecer, fogar para maiores

17062016_FogarOLecerO delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou hoxe o centro residencial para maiores O Lecer, en Matamá. O centro residencial adquire a designación de Fogar e ofrece atención a persoas maiores e con grao de dependencia. Dende o Fogar Residencial O Lecer desenvolven servizos para a promoción da autonomía e prevención da dependencia en colaboración coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

Vigo acolle este domingo unha manifestación en apoio das persoas refuxiadas

2016 06 19 CartazManifaApoioRefuxiadosVigo

SONY DSC

SONY DSC

A marcha partirá da Doblada ás 11.30 horas baixo o lema “Non ás guerras. Rachemos coas fronteiras”

A cidade de Vigo será escenario este domingo 19 dunha das mobilizacións convocadas en distintas localidades do país pola Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas para denunciar “a política migratoria criminal da UE”. A manifestación, que se celebra baixo o lema “Non ás guerras. Rachemos coas fronteiras”, partirá da Doblada ás 11.30 horas e rematará diante do Marco.

A marcha que percorrerá as rúas de Vigo en apoio das persoas refuxiadas e coa que se pretende chamar á atención sobre as causas da crise humanitaria á que vimos asistindo nos últimos meses foi presentada esta mañá na cidade por representantes dos colectivos promotores da iniciativa, entre eles a CIG.

O secretario comarcal, Alberto Gonçalves, que participou na convocatoria pública para ofrecer os detalles da mobilización, non cualificou o que está a acontecer como “a maior crise humanitaria na historia recente de Europa” e sinalou a responsabilidade da Unión Europea e dos Estados membros, como o español.

“A UE quitou a súa careta social, que sempre foi falsa, para amosar sen complexos unha maquinaria podre e inhumana ao servizo do capital; produce náusea ver como 28 gobernos mercadean coa vida e a esperanza de das persoas refuxiadas, negándolles a acollida e pagando miles de millóns a un Estado autoritario como Turquía para quitalas do medio”, criticou.

Segundo denunciou, a UE é a culpábel das causas que provocan o éxodo de millóns de persoas, expulsadas dos seus fogares pola violencia da guerra, resultado das agresións imperialistas que nas últimas décadas só teñen provocado o caos e multiplicado a desesperación en países como Iraq, Libia, Siria ou Afganistán.

Fronte a isto, apelou á solidariedade internacionalista, “unha solidariedade consciente que parta da certeza de que acoller só é o primeiro paso; un paso ao que deben de serguir outros, na liña de avanzar cara a unha orde internacional que poña fin á barbarie imperialista e que se asente na paz e no diálogo, no respecto e na cooperación entre pobos.