A DIRECCIÓN XERAL DE INFANCIA AMOSA O SEU COMPROMISO COA PREVENCIÓN E DETECCIÓN DE CASOS DE BULLYING NA PRIMEIRA XORNADA ABERTA SOBRE ACOSO ESCOLAR

A DIRECCIÓN XERAL DE INFANCIA AMOSA O SEU COMPROMISO COA PREVENCIÓN E DETECCIÓN DE CASOS DE BULLYING NA PRIMEIRA XORNADA ABERTA SOBRE ACOSO ESCOLAR

 

  • O obxectivo da mesma é facer visible este fenómeno social e propiciar unha reflexión pública para atallar esta problemática
  • Entre as medidas de prevención, destaca a participación da Consellería de Política Social no proxecto piloto “Casas de empatía” que busca minimizar as taxas de bullying en centros de acollemento residencial

 

Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), xuño de 2016.- A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, participou na I Xornada Aberta sobre Acoso Escolar e Bullying organizadas pola Asociación TDAH Salnés coas que se pretende facer visible este fenómeno social e propiciar un debate e reflexión pública sobre estratexias de prevención e detección dos casos de acoso e ciberacoso. O evento, que continuará no día de mañá, conta con relatorios a cargo de mestres, profesores e psicólogos entre outros.

 

Durante a súa intervención, a titular autonómica fixo fincapé na importancia que ten a mellora da calidade de vida dos nenos e nenas de Galicia e asegurar o seu benestar, moi especialmente nos casos daqueles que por distintas circunstancias, se atopan nunha situación de maior vulnerabilidade. “O acoso escolar ou bullying ten efectos negativos na saúde física, o benestar emocional e o rendemento académico dos nenos e nenas especialmente se a dita violencia se repite no tempo o é severa, por elo, a Dirección Xeral que represento non pode deixar de colaborar e traballar intensamente nesta materia”, asegurou Amparo González.

 

Así, a directora xeral anunciou a participación da Consellería de Política Social nun proxecto piloto de “Casas de empatía”, unha actuación validada pola Comisión Europea e formada por un equipo de catro organización de diferentes países da Unión Europea, e cuxo fin é o desenvolvemento dunha metodoloxía adecuada que pretende minimizar as taxas de bullying en centros de acollemento residencial.

 

Ademais, unha das novidade s normativas levadas a cabo por este departamento autonómico e incluída na Lei estatal 26/2015 do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, é o establecemento e clasificación dos deberes dos menores no ámbito escolar. O artigo 9 indica que “os menores deben respectar as normas de convivencia e aos profesores e outros empregados, así como ao resto de compañeiros, evitando situación de acoso escolar en calquera das súas formas, incluíndo o ciberacoso”.

 

Esta mesma norma recolle igualmente, de xeito novidoso, como principio reitor da actuación administrativa, a protección dos menores contra calquera forma de violencia.

 

Amparo González lembrou tamén que a nivel autonómico, a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, recolle como principio reitor, o fomento da solidariedade e sensibilidade social ante calquera manifestación de abuso, acoso e maltrato físico, psíquico ou emocional.

 

A implicación da Xunta de Galicia co tratamento desta problemática é total, non só dende a Consellería de Política Social, senón tamén a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que publicou a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020 e un protocolo xeral para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar. O obxectivo deste último é que “o profesorado dun centro educativo saiba como actuar nos posibles casos de acoso, pois é imprescindible que se actúe de xeito inmediato e decidido, tanto co alumno ou alumna implicado como coas súas familias” apuntou Amparo González.

 

A directora xeral pechou a súa intervención agradecendo á Asociación TDAH Salnés a organización destas xornadas, nas que “ademais de adquirir coñecementos e habilidades, foméntase a creación e fortalecemento de vínculos entre todos os axentes implicados na loita contra o bullying”.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: