Vigo acolle este domingo unha manifestación en apoio das persoas refuxiadas

2016 06 19 CartazManifaApoioRefuxiadosVigo

SONY DSC

SONY DSC

A marcha partirá da Doblada ás 11.30 horas baixo o lema “Non ás guerras. Rachemos coas fronteiras”

A cidade de Vigo será escenario este domingo 19 dunha das mobilizacións convocadas en distintas localidades do país pola Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas para denunciar “a política migratoria criminal da UE”. A manifestación, que se celebra baixo o lema “Non ás guerras. Rachemos coas fronteiras”, partirá da Doblada ás 11.30 horas e rematará diante do Marco.

A marcha que percorrerá as rúas de Vigo en apoio das persoas refuxiadas e coa que se pretende chamar á atención sobre as causas da crise humanitaria á que vimos asistindo nos últimos meses foi presentada esta mañá na cidade por representantes dos colectivos promotores da iniciativa, entre eles a CIG.

O secretario comarcal, Alberto Gonçalves, que participou na convocatoria pública para ofrecer os detalles da mobilización, non cualificou o que está a acontecer como “a maior crise humanitaria na historia recente de Europa” e sinalou a responsabilidade da Unión Europea e dos Estados membros, como o español.

“A UE quitou a súa careta social, que sempre foi falsa, para amosar sen complexos unha maquinaria podre e inhumana ao servizo do capital; produce náusea ver como 28 gobernos mercadean coa vida e a esperanza de das persoas refuxiadas, negándolles a acollida e pagando miles de millóns a un Estado autoritario como Turquía para quitalas do medio”, criticou.

Segundo denunciou, a UE é a culpábel das causas que provocan o éxodo de millóns de persoas, expulsadas dos seus fogares pola violencia da guerra, resultado das agresións imperialistas que nas últimas décadas só teñen provocado o caos e multiplicado a desesperación en países como Iraq, Libia, Siria ou Afganistán.

Fronte a isto, apelou á solidariedade internacionalista, “unha solidariedade consciente que parta da certeza de que acoller só é o primeiro paso; un paso ao que deben de serguir outros, na liña de avanzar cara a unha orde internacional que poña fin á barbarie imperialista e que se asente na paz e no diálogo, no respecto e na cooperación entre pobos.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: