A alcaldesa convocará aos voceiros de PP, BNG e EU SON para informarlles sobre o borrador dos orzamentos e da renuncia do interventor municipal

A alcaldesa do Porriño convocará nos vindeiros días aos representantes dos grupos municipais do Partido Popular, BNG e EU Son, para entregarlles o borrador dos orzamentos, explicarlles os obxectivos dos mesmos e coñecer as súas propostas e  opinións.

Eva García de la Torre sinalará aos voceiros que os plantexamentos do goberno local dan prioridade ao Gasto Social que abrangue un incremento das partidas para casos de emerxencia; a sinatura de convenios con entidades financeiras para a cesión de inmobles que facilite ao Concello poder ofrecer a familias en situación de necesidade un lugar no que vivir, pagando alugueiros accesíbeis; novos Plans de Emprego, un de inserción e outro específico para mulleres que, “representan o 33% de todos os veciños do Porriño que están no paro”; asimesmo, haberá unha partida destinada a becas para rapazas e rapaces que, tendo un bo expediente académico, non poden continuar cos estudos por falla de medios para a compra de libro, material ou para o desprazamentos.

García de la Torre sinalará aos representantes dos grupos municipais, entre outras considerancións, que o borrador orzamentario contempla, tamén, un plan de investimentos públicos a catro anos, dando prioridade ao remate do saneamento en todo o Concello e á mellora dos servizos municipais en todas as parroquias, posibilidade que, subliña, “é posible tendo en conta que o Concello do Porriño é unha das entidades locais máis saneadas, non so de Galicia, senón de toda España”.

Ademais, a alcaldesa explicará que ven de aceptar a renuncia do interventor municipal ao que considera “un estupendo profesional” pero que, pola falla de tempo material, non podía atender aos moitos asuntos que se plantexan no Concello do Porriño que, nos últimos meses, estaban sufrindo demoras.

Eva García de la Torre subliña que o interventor, que ten a súa praza en Sanxenxo, so podía desprazarse ao Porriño dúas tardes á semana nas que, ademais, tiña que atender os asuntos do Consorcio de Auga do Louro, “o cal era claramente insuficiente para as nosas necesidades”.

 

Nos vindeiros días, indica a alcaldesa, se incorporará unha interventora que estará no Porriño dous días enteiros e unha tarde, todas as semanas, ata que sexa posible o nomeamento dun interventor con praza fixa na vila en marzo de 2017.    

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: