Archive | junio 20, 2016

Concello de Vigo


Vigo suma a súa quinta Vasoira de Platino, que a consolida como “a cidade máis limpa de España”

O alcalde explicou este luns que Vigo obtén o máximo recoñecemento neste certame bianual por quinta edición consecutiva: da primeira en 2008 á quinta este ano. Caballero subliñou que os cinco galardóns representan “o relato das prioridades urbanas e do que queremos facer” e avalan tanto a limpeza como a proposta medioambiental viguesa.

 


O alcalde pon en valor o programa de medianeiras que “transforma o feísmo en cor, vida e arte”

O CEIP Sárdoma Moledo presentoulle este luns ao rexedor e á primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, o mural co que decoraron unha das paredes exteriores do centro, que é unha homenaxe ao escultor e canteiro Silva Novas. As creacións artísticas en centros de ensino é unha das actividades do II Programa Municipal para arrumbar medianeiras que este luns ofrece diante do MARCO o concerto de Su Garrido e Treme ás 20:30 horas.

 

O Concello apoia con 146.000 euros a música das bandas populares e con 50.000 o deporte de elite

A Xunta de Goberno Local deu luz verde tamén ao convenio de colaboración coa Asociación de Corais Polifónicas de Vigo que destina 25.000 euros para 108 actuacións do programa “Vigo, un mar de corais”. O convenio coa Federación de Bandas Populares apoia o ciclo de concertos das nove formacións viguesas en toda a cidade. Ademais, está aberto o prazo de solicitude do boni-taxi para as persoas discapacitadas.

 


Caballero eloxia a proposta de Alvaro e Suso Costas en MITIC, que “rompe os moldes” tradicionais da gaita

O alcalde, xunto aos artistas, presentou este luns o novo espectáculo de Álvaro e Suso Costas, MITIC, este domingo, 26 de xuño, ás 20 horas no Auditorio municipal do Concello, con entrada libre. O concerto, cunha quincena de músicos sobre o escenario, sae do rexistro habitual da gaita para ofrecer versións de Frank Sinatra ou Queen, entre outros.

Anuncios

Convocan folga indefinida na empresa Viza Automoción polo bloqueo nas negociacións do convenio

 

  • A decisión foi adoptada pola maioría do comité (CIG, CCOO e UGT) da compañía con sede no Porriño

 

 

As seccións sindicais da CIG, CCOO e UGT en Viza Automoción, compañía de capital galego con sede no Porriño, decidiron convocar folga indefinida ante o bloqueo das negociacións do convenio colectivo. A decisión de promover o paro, que será efectivo a partir da 6.00 horas deste martes 21, foi adoptada pola maioría do comité de empresa.

 

A convocatoria de folga indefinida chega despois de 12 xuntanzas coa dirección de Viza para abordar a negociación do novo convenio colectivo e tras comprobar que a empresa propón 90 despedimentos e unha baixada salarial do 10%, ademais da conxelación de soldos para o persoal indefinido e categorías inferiores para todo o de novo ingreso. Estas condicións terían unha vixencia de catro anos.

 

Dende as centrais sindicais que ostentan a maioría do comité lembran que os traballadores/as de Viza xa levan catro anos cos salarios conxelados, ademais de ter aceptaron unha bolsa de horas polas variacións da produción. Ao mesmo tempo, sinalan que na actualidade manteñen unha batalla xudicial para reclamar o incremento de soldos pactado no convenio anterior.

 

Neste senso, inciden en que a dirección da empresa leva anos incumprindo os acordos do convenio, así como os requirimentos da Inspección de Traballo, “ademais de exercer de xeito continuado represión sindical no centro de traballo”.

 

Sosteñen tamén que o grupo Viza estea a medrar, tal e como demostra a apertura de novas plantas no estranxeiro (Marrocos, Chequia, México), grazas ao esforzo do seu cadro de persoal durante  máis de 50 anos.

 

“Estamos a ver como emprega axudas económicas e políticas públicas para conseguir proxectos e despois deslocalizalos a outras plantas, como o último de Wolswagen, no que se aproveitaron da Xunta de Galiza para ao final levar o proxecto á planta de Chequia, cando de facerse aquí garantiría carga de traballo para 10 anos”, aseguran.

 

Peche camas hospitalarias verán

cisaude (2)CIG-Saúde presentou hoxe un escrito dirixido ao Xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Vigo solicitando información sobre os motivos do peche de camas e sobre o plano de redución de listas de agarda na sanidade pública.

O Conselleiro de Sanidade a través dos medios de comunicación informou á poboación galega, de que o peche de camas deste ano 2016 obedecía a:

  • Un plano de obras que se ían a acometer nos centros hospitalarios.
  • Á indispoñibilidade de profesionais para as coberturas no período estival.

Ao mesmo tempo aprobase no Consello da Xunta  un plano de redución de listas de agarda na sanidade pública.

Dito plano ten un finanzamento de 5 millóns, co obxectivo de reducir en trinta e catro mil persoas as devanditas listas.

Anuncio feito ao mesmo tempo no que se comunicaba o peche de camas no período estival, e como consecuencia  unha redución da actividade ordinaria durante os meses de xuño a outubro; que implicará un maior incremento das listas de agarda.

Desde a CIG-SAÚDE, para poder analizar este tema, co rigor que se merece, necesitamos  ter a información completa. Polo que solicitamos do Xerente da EOXI de Vigo a seguinte información:

1.- Plano de obras que se van a acometer nos centros hospitalarios desta área sanitaria.

2.- Relación das especialidades médicas nas que non hai dispoñibles para a súa contratación.

3.- Relación das persoas que remataron a súa formación vía MIR e que a xerencia procedeu a súa contratación.

No resto de categorías profesionais xa sabemos que non existe indispoñibilidade.

4.- Peche de axendas na atención primaria.

  • Indispoñibilidade de profesionais.
  • Ofertas de intersubstitución, e prolongación de xornadas.

5.-  Plano de redución de listas de agarda, cos seguintes datos:

  • Horario  no que se realizará esta actividade extra.
  • Especialidades ás que afecta.
  • Se a devandita actividade se vai a realizar como xornada extra de tarde (“peonadas”), e polo tanto, co cadro de persoal existente, ou se vai a proceder a nova contratación.
  • Mecanismos de control que  se van a establecer sobre a actividade ordinaria.
  • A prioridade vai ser realizar esta actividade na sanidade pública, ou pola contra priorizarán a sanidade concertada?

Esta información permitirá a CIG-Saúde avaliar a proposta do Conselleiro de Sanidade e valorar en que medida é un xesto propagandístico ou pretende realmente solucionar os problemas que temos coas listas de agarda na Área sanitaria de Vigo.

 

Vigo, 20 de xuño de 2016

 

Manuel González Moreira.

Secretario Comarcal de CIG-Saúde

A ALCALDESA ENTREGA NO CEIP PLURILINGÜE DE ATIOS OS PREMIOS DO I TORNEO ESCOLAR DE XADREZ DO PORRIÑO

Xadrez1A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada polo deputado provincial, Santos Hector, a concellería de Educación, Lourdes Moure, Jose Monte, Vereador de Cultura, Deporte e Xuventude e da Cámara de Valença, e José Luis Abilleira, director do CEIP Plurilingüe de Atios, entregou este luns os trofeos aos gañadores do I Torneo de Escolar de Xadrez do Porriño.

No mesmo participaron 80 xogadores, de 6 a 16 anos, dos centros Antonio Palacios, Cruz-Budiño, José Fernández López, o propio Antonio Palacios, Hermanos Quiroga, Santo Tomás, IES Pino Manso, IES Ribeira do Louro, CPI da Ribeira e CEE Santísimo cristo del Amor.

Os vencedores foron, nas categorías Sub 8, Sub10, Sub 12, Sub 14 e Sub 16, Anxo Castaño Otero, Rodrigo Martínez, Lucas Represas, Adrián Carpintero e Javier Pérez Rocha, ainda que todos os participantes foron distinguidos cunha medalla que premia a súa presenza nesta primeira edición do torneo.

Como sinalou Eva García de la Torre, esta cita, “que se repetirá nos vindeiros anos, cumpliu co desexo que tiñamos todos os que participamos e contribuimos á súa organización: o de potenciar as capacidades e os valores das alumnas e alumnos, fomentar o traballo en equipo e a resolución de problemas”.

Os obxectivos deste torneo, como sinalaron os seus impulsores, entre eles o representante da Deputación, Santos Héctor, eran introducir un proxecto educativo europeo non centros educativos do Porriño, implantar o xadrez coma sinatura relacionando a mesma con outras materias, como matemáticas, literatura, historia, xeografía, informática ou idiomas; mellorar o rendemento escolar, aplicar os recursos informáticos, crear e xestionar un club ou escola municipal de xadrez e impulsare un programa municipal de xadrez.

 

O CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR PROMOVE A FORMACIÓN CONTINUADA E A INTEGRACIÓN SOCIAL DOS USUARIOS A TRAVÉS DO PROGRAMA ‘APRENDIZAXE SOLIDARIA’

  • O próximo 23 de xuño levarase a cabo unha nova xornada de intervención comunitaria no centro de día de Begonte (Lugo)  

200616aprendizaxesolidaria (1)

Santiago, 20 de xuño de 2016.- O centro de día de Begonte (Lugo) da rede do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, desenvolverá o próximo 23 de xuño unha nova xornada do seu programa ‘A Aprendizaxe Solidaria’, que botou andar no pasado mes de maio.

 

O programa ‘A Aprendizaxe Solidaria’ artéllase en sesións formativas impartidas no propio centro por axentes externos, que reciben como contrapartida coñecementos ou servizos por parte dos usuarios ou dos traballadores.

 

Trátase dunha actuación de intervención comunitaria para fomentar a formación continuada dos usuarios mediante a colaboración social polo que, ao mesmo tempo, supón a apertura do centro á comunidade da súa contorna e favorece o intercambio de saberes interxeracionais.

 

Na xornada do próximo 23, dous integrantes do club de tenis de mesa Dez Portas de Lugo realizarán unha exhibición, á que seguirá unha sesión de xogos adaptados para os maiores. Pola tarde, unha veciña de 97 anos de idade fará unha demostración de regueifas para os usuarios.

 

O pasado 25 de maio, o centro de día de Begonte xa acollera unha xornada incluída nese programa, que foi impartida por unha canteira de Guitiriz

A XUNTA E O CONCELLO DE REDONDELA COORDINAN AS ACTUACIÓNS PARA POÑER EN FUNCIONAMENTO O PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS

 

  • Xa solicitaron a adhesión ao programa 27 concellos e outros 24 solicitaron información previa á solicitude de adhesión
  • O Programa de Vivendas Baleiras permitirá ter unha bolsa de vivendas sociais para familias desfavorecidas

 

 

Santiago, 20 de xuño de 2016.- A Xunta e o Concello de Redondela coordinan as actuacións necesarias para poñer en funcionamento o Programa de Vivendas Baleiras neste municipio pontevedrés. A secretaria xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, María Ángeles Domínguez, mantivo hoxe unha reunión co alcalde de Redondela, Javier Bas, e a concelleira de Benestar, Carmen Aomedo, co obxectivo de explicarlle o funcionamento do programa activado polo Goberno galego no pasado mes de abril no marco do Plan rehaVIta, plan galego de rehabilitación, alugueiro e mellor acceso á vivenda 2015-2020.

 

O Concello de Redondela solicitou xa a adhesión ao devandito convenio. Na mesma reunión tamén se explicaron as 12 medidas postas en marcha pola Xunta de Galicia para evitar ou paliara os desafiuzamentos de vivendas.

 

O municipio poderá poñer en marcha os mecanismos de captación de vivendas baleiras para a súa inclusión no programa da Xunta de Galicia unha vez que se asine o correspondente acordo entre o IGVS e o concello adheríndose este último ao convenio asinado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

 

Ata o momento xa son 27 os concellos de toda Galicia, que solicitaron formalmente a adhesión ao Programa de Vivendas Baleiras, entre os que destacan o de Ourense, que foi o primeiro en facelo a comezos do mes de maio e que xa asinou o convenio de adhesión o 6 de xuño, ou o de Santiago de Compostela, que solicitou a adhesión o 18 de maio. Outros 24 concellos, solicitaron do IGVS información previa á súa solicitude de adhesión ao convenio.

 

O Programa de Vivendas Baleiras permitirá, grazas ao convenio asinado entre o IGVS e a Fegamp, destinar vivendas baleiras de propiedade pública ou privada ao alugueiro social por parte de familias desfavorecidas.

 

As vivendas que se incorporen a este programa terán aseguradas, por parte do IGVS e sen custe para os propietarios, as seguintes coberturas:

 

  1. Un seguro multirrisco do fogar, polo que quedarán cubertos todos aqueles danos sufridos pola vivenda durante a vixencia do arrendamento.

 

  1. Un seguro da garantía do cobro da renda nas mensualidades impagadas polos arrendatarios e a asistencia e defensa xurídica dos arrendadores nos procesos de desafiuzamento ou reclamacións de cantidade por impago de rendas, que inclúa como mínimo os honorarios de avogado e dereitos e suplidos de procurador, cando a súa intervención sexa preceptiva, gastos notariais e de outorgamento de poderes para preitos e gastos de execución procesual. A  garantía do cobro das rendas impagadas non poderá superar o período  máximo de doce mensualidades.

 

Estas coberturas serán efectivas durante o tempo en que as vivendas permanezan arrendadas ao abeiro deste programa.

 

Concellos

Poderán acollerse a este programa os concellos que asinen o acordo de adhesión anexo ao convenio coa Fegamp. Os concellos adheridos proporán ao IGVS a incorporación ao programa de vivendas baleiras da súa propiedade ou de terceiros, sempre que estean libres de cargas e gravames que impidan o seu arrendamento, ser conformes coa lexislación que lle sexa de aplicación, incluída a urbanística, estar desocupadas e ser susceptibles de uso, cando menos, desde o momento da solicitude de incorporación ao programa.

 

As vivendas incorporadas ao programa serán adxudicadas aos demandantes que cumpran os requisitos establecidos no convenio

 

Os concellos tamén proporán o procedemento de selección de arrendatarios e de adxudicación de vivendas respectando, en todo caso, os requisitos e prioridades sinalados no convenio coa Fegamp.

 

PRETO DE 50 MOZOS E MOZAS VOLUNTARIOS PARTICIPARÁN NOS CAMPOS DE TRABALLO DE VEDRA E BOQUEIXÓN QUE ORGANIZA A DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE

  • As actuacións centraranse na intervención ambiental-artesá e no achegamento ao patrimonio cultural, natural e social
  • No caso de Boqueixón, participarán rapaces e rapazas de Galicia, do resto de España e de varios países do mundo
  • A Consellería de Política Social organiza un total de 24 campos de traballo na comunidade galega nos meses de verán que contribúen á difusión de valores como a solidariedade e fomentan a mobilidade

 

Vedra (A Coruña), 20 de xuño de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, presentou esta mañá os Campos de Traballo de Vedra e Boqueixón, que versarán sobre a intervención ambiental- artesá e sobre o patrimonio cultura, natural e social respectivamente.

 

O campo de traballo de Vedra conta con 25 prazas para mozos e mozas de toda España e terá lugar entre o 19 e o 30 de xullo. Os voluntarios e voluntarias realizarán actividades de intervención ambiental-artesá, como a creación dun obradoiro de artesanía en madeira para fabricar carteis para a sinalización do “Corredor temático do río Ulla”; para a interpretación das pontes e para a concienciación ambiental. Así mesmo, levarán a cabo observacións de niños de paxaros, participarán en xogos populares da zona e realizarán actividades de intervención social, como o desenvolvemento de actividades socioculturais na ludoteca e na Escola de verán ou actividades socioculturais no centro de terceira idade.

 

Con respecto ao concello de Boqueixón, o campo de traballo terá lugar do 18 ao 29 de xullo, con 20 participantes de Galicia, do resto de España e de varios países do mundo. Estará centrado no achegamento ao patrimonio cultural, natural e social que existe ao redor do Pico Sacro a través da redacción dunha unidade didáctica que será aplicada no centro educativo CPI Antonio Orza Couto no vindeiro curso escolar. Os voluntarios e voluntarias tamén establecerán un plan de actuación para a dinamización do Camiño de Santiago ao seu paso por Boqueixón. Ademais realizarán o traxecto do Camiño de Santiago dende o albergue de Vedra ata Lestedo para detectar nese tramo posibles melloras, tanto medioambientais como informativas. Así mesmo, elaborarán –tras recibir un obradoiro informativo- pequenos spots audiovisuais nos tres idiomas presentes no campo que promovan o coñecemento de lugares de interese do concello como o citado Pico Sacro, a ponte de Ponte Ledesma ou a fervenza de Codeso; e colaborarán co tecido asociativo xuvenil do concello.

 

Os campos de traballo contribúen á difusión de valores como a participación, a solidariedade, o coñecemento do contorno e o traballo en equipo entre os participantes. Así mesmo, “fomentan a mobilidade, pois ofrecen aos mozos e mozas a oportunidade de tomar parte en campos doutras Comunidades e países”, tal e como explicou Cecilia Vázquez.

Son polo tanto recursos de gran valor xuvenil, nos que Galicia é a comunidade de referencia na materia. Cómpre destacar que o ano pasado Galicia organizou o 34% dos campos de traballo internacionais que se celebraron en toda España, segundo o balance realizado polo Injuve.

A Consellería de Política Social organiza un total de 24 campos de traballo na comunidade galega nos meses de verán nos concellos coruñeses de Outes, A Laracha, Ponteceso, Boqueixón, Rois, Betanzos, Curtis, Vedra, Ribeira e Coirós e nos concellos ourensáns de Celanova, Ourense, Muíños, Vilamarín e A Peroxa. Así mesmo, celebraranse nos municipios lucenses de Folgoso do Courel, Portomarín, Becerreá, Pantón, Quiroga e Xermade, así como en localidades da provincia de Pontevedra como as Illas Cíes (4 quendas), Cotobade e Vilanova de Arousa.

Este ano os mozos e mozas galegos dispoñen de 575 prazas para participar nos Campos de traballo. Destas prazas, 120 son para Campos noutras comunidades autónomas, 250 para Campos en 34 países de Europa, Asia, África e América e 205 para Campos en Galicia. Con estes datos, Galicia é a comunidade española con máis prazas en campos de traballo dentro da programación do Injuve.

Campaña de verán 2016

Cecilia Vázquez lembrou que os campos de traballo enmárcanse dentro da Campaña de Verán 2016 que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. “Esta campaña é a máis inclusiva e importante dos últimos anos no que se refire a número de prazas ofertadas. En total, son 9.046 as prazas que se ofrecen, o que significa incrementar nun 6% as prazas dispoñibles no ano pasado”, explicou a directora xeral.

Ademais destes campos, a campaña de verán inclúe albergues, campamentos e actividades de ocio e tempo libre para a mocidade. A Consellería de Política Social destina un orzamento de 2,6 millóns de euros a esta campaña.

Cómpre destacar que, outro dos aspectos positivos da campaña está no impulso ao emprego que leva aparellada. Grazas ao desenvolvemento destas actividades, as empresas de ocio e tempo libre de Galicia darán traballo a máis de 900 monitores/as e directores/as de campamentos.

Os interesados e interesadas nesta campaña, xa poden consultar toda a información relativa á mesma en http://xuventude.xunta.es.

 

A XUNTA DE GALICIA REFORZA O COMPROMISO COA ATENCIÓN AOS MENORES EN SITUACIÓN DE DESAMPARO A TRAVÉS DO PROGRAMA DA CRUZ VERMELLA PARA O ACOLLEMENTO EN FAMILIA ALLEA

  • A Coruña O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela e a directora xeral de Promoción do Emprego, Amparo González , asinará un convenio de colaboración coa Cruz Vermella para o desenvolvemento do Programa de familias acolledoras. Tras a sinatura realizará unha visita ás instalacións da entidade. 20/06/2016 Foto Moncho Fuentes / AGN A Coruña

    A Coruña
    O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela e a directora xeral de Promoción do Emprego, Amparo González , asinará un convenio de colaboración coa Cruz Vermella para o desenvolvemento do Programa de familias acolledoras. Tras a sinatura realizará unha visita ás instalacións da entidade.
    20/06/2016
    Foto Moncho Fuentes / AGN A Coruña

    O acordo está dotado cun total de 455.753 euros, dos que a administración autonómica achega 330.000, o que supón un incremento do 10% con respecto ao convenio do exercicio pasado. O obxectivo desta iniciativa “é garantir o dereito do menor e da menor a vivir nun entorno familiar”, sinalou Rey Varela

 

A Coruña, 20 de xuño de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e a presidenta de da Cruz Vermella de Galicia, María del Carmen Colmeiro Rojo, asinaron hoxe un convenio de colaboración para o desenvolvemento do programa de acollemento en familia allea de menores en situación de risco ou desamparo. Este acordo está dotado cun total de 455.753 euros, dos que a Xunta achega 330.000 –esta cantidade supón un aumento do 10% en relación ao convenio do exercicio pasado-. O obxectivo desta iniciativa “é garantir o dereito do menor e da menor a vivir nun entorno familiar”, sinalou Rey Varela.

 

A sinatura, que tivo lugar esta mañá na sede da Cruz Vermella na Coruña, vén dar continuidade a esta iniciativa que a devandita Organización Non Gobernamental (ONG) leva xestionando en colaboración coa administración autonómica dende o ano 1995. Así, Cruz Vermella ocúpase da selección, formación e atención continuada ás familias que queiran participar no programa; de buscar a familia idónea para un/unha menor; e tamén de asesorar a ese novo núcleo familiar unha vez constituído.

 

Deste xeito, permítese aos menores que estean baixo a garda ou tutela da administración autonómica vivir temporalmente cunha familia. Existe tamén o acollemento en familia extensa (familiares distintos dos país: avós, tíos…), unha opción que é preferente para manter ao menor no núcleo familiar e para a súa posterior reintegración, pero non sempre é posible. Por iso ponse en marcha este programa coa Cruz Vermella, coa finalidade de que os nenos e as nenas poidan vivir nun entorno familiar.

 

Na súa intervención, o conselleiro insistiu no esforzo da Xunta para que “non haxa ningunha familia sen fillos, traballando para que Galicia sexa o mellor lugar para formar unha familia e para ser neno ou nena; pero tamén para que non haxa ningún menor sen familia”. Neste sentido, destacou a importancia das familias dispostas a acoller un menor, considerándoas “o maior exemplo de amor e solidariedade que podemos atopar na nosa sociedade”.

 

Asemade, Rey Varela referiuse ao reforzamento das medidas que está a desenvolver o Goberno galego a prol do acollemento, indicando que dos case 2.000 menores tutelados ou en garda da Xunta de Galicia, máis da metade atópase en acollemento familiar. Ao respecto, sinalou que a Consellería de Política Social destina este ano 3,8 millóns de euros a diferentes programas e recursos dirixidos aos menores en situación de risco ou desamparo social.

 

Por último, o responsable da área social da Xunta fixo un chamamento a participar en programas de acollemento, e lembrou que pode acoller calquera persoa, matrimonio ou parella de feito, con ou sen fillos, e de calquera condición social, ideoloxía ou crenza. “O único que é necesario é ter a vontade de acoller e a capacidade de darlle aos nenos e as nenas os coidados, a seguridade, a educación e o cariño que precisan”, dixo Rey Varela.

 

A XUNTA AFIRMA QUE A AMPLIACIÓN DO CEIP DE NAVIA ESTÁ PARALIZADA POLA FALTA DE TERREOS QUE TEN QUE CEDER O CONCELLO DE VIGO

  • 20062016_RPColexioNaviaO delegado territorial en Vigo, Ignacio López-Chaves, destacou que “a Xunta ten un presuposto, quere ampliar o colexio e sabe que é unha necesidade”
  • López-Chaves insistiu en que dende o Concello de Vigo non asinaron o acordo e firma do convenio necesarios, solicitados dende hai máis de 4 meses
  • Trátase dun proxecto que da resposta ao aumento dun 25% da poboación escolar do entorno de Navia e a previsión de crecemento futuro
  • O delegado territorial criticou que o proxecto é unha “necesidade” para Navia e que a súa poboación é a principal prexudicada do retraso do Concello

 

Vigo, 20 de xuño de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo falou esta mañá, en rolda de prensa, do proxecto de ampliación de CEIP Alfonso Rodríguez Castelao de Navia. “Para poder executar esta ampliación o que fai falla son os terreos, que neste momento están en posesión do Concello de Vigo” explicou López-Chaves. A este respecto solicitou ao alcalde da cidade, Abel Caballero, a documentación necesaria para continuar co procedemento e firmar canto antes o convenio de colaboración.

 

Dentro da documentación requirida solicítase a posta a disposición dos terreos, requisito necesario para poder formalizar o acordo de cooperación entre Consellería e Concello. Ditos informes xa se pediron dende o departamento que dirixe o conselleiro Román Rodríguez fai máis de 4 meses e, sen ir máis lonxe e coma lembrou o delegado, reiterouse nunha visita do conselleiro á cidade olívica no mes de abril.

 

López-Chaves insistiu hoxe na necesidade de continuar coa tramitación para ampliar o centro educativo. Os datos así o xustifican xa que a Consellería ten constancia dun aumento do 25% da poboación escolar do entorno así coma unha previsión de crecemento futuro. “Ante iso a Xunta cre que é lóxico aumentar a oferta educativa”, aclarou. A actuación neste CEIP permitirá ampliar a súa capacidade de unha liña por curso escolar a 3, polo que crearanse 450 novas prazas, cun orzamento de máis de 3,5 millóns de euros.

 

A obra suporá a demolición da cuberta para posibilitar a ampliación do edificio existente en 1.434,90 m² para 11 aulas –9 delas polivalentes, 1 de música e outra de informática– de educación primaria e 7 de apoio. Por outra banda construirase un novo módulo independente de educación infantil, con 9 aulas con aseos incorporados, sala polivalente, 3 aulas de desdobre, espazos comúns e instalacións.

 

En canto se remita o acordo de posta a disposición dos terreos por parte do Concello e se asine o convenio de colaboración, a Consellería licitará as obras. Este trámite xa podería terse realizado se xa se contase coa documentación solicitada ao Concello hai máis de 4 meses, o que cualificou López-Chaves como “un retraso grave na tramitación do expediente”.

 

O delegado territorial da Xunta criticou tamén que o “prexuízo fundamental é para a poboación de Navia”. “A Xunta ten un presuposto, quere ampliar o colexio e sabe que é unha necesidade e non o podemos facer porque dende o Concello de Vigo non asinaron o acordo e firma do convenio”, destacou. O obxectivo inicial é que o proxecto estivese listo para o inicio do novo curso e as obras licitadas a finais de ano pero, coma finalizou López-Chaves, “o Concello aínda non entregou os terreos”.

 

EL FOTÓGRAFO HARRY GRUYAERT GALARDONADO CON EL PREMIO PHOTOESPAÑA. CRISTOBAL HARA OBTIENE EL PREMIO BARTOLOMÉ ROS

PHotoEspaña hace públicos sus máximos galardones, que reconocen la trayectoria de dos grandes figuras de la fotografíaunnamed (2)

Harry Gruyaert recibe el Premio PHotoEspaña en reconocimiento a su labor como fotógrafo y reconoce su magnífico uso de la luz y el color

La obra de Gruyaert se exhibe, dentro de la programación de PHotoEspaña 2016, en el Círculo de Bellas Artes, dentro de la muestra colectiva Transiciones. Diez años que trastornaron Europa   

Cristobal Hara ha sido galardonado con el Premio Bartolomé Ros, por “la originalidad de su obra, su mirada singular y la profundidad de su trabajo a lo largo de las últimas décadas”

Los fotógrafos Harry Gruyaert y Cristóbal Hara han sido galardonados con los premios PHotoEspaña y Bartolomé Ros, respectivamente, los dos máximos galardones que, cada año, se entregan en el marco del Festival internacional de fotografía y artes visuales PHotoEspaña, como reconocimiento al trabajo de grandes personalidades en el ámbito de la fotografía y las artes visuales. 

La organización del festival ha decidido otorgar el Premio PHotoEspaña 2016 al fotógrafo belga Harry Gruyaert (Amberes, 1941). Precursor de un estilo inconfundible que marcó tendencia en las décadas de los años 70 y 80, la obra de Harry Gruyaert se caracteriza por un particular y extraordinario uso del color. Experimentador desde sus inicios como cineasta, ha conseguido dotar a su fotografía de un distintivo propio basado en un exquisito tratamiento de la luz, presente en los trabajos que han dado forma a una singular iconografía repleta de belleza, armonía y autenticidad. Viajero infatigable, sus imágenes de Marruecos, Francia, Bélgica, Egipto, India, Rusia o Estados Unidos forman ya parte del patrimonio fotográfico europeo y sitúan su legado entre los grandes maestros de la fotografía internacional.