A XUNTA AFIRMA QUE A AMPLIACIÓN DO CEIP DE NAVIA ESTÁ PARALIZADA POLA FALTA DE TERREOS QUE TEN QUE CEDER O CONCELLO DE VIGO

  • 20062016_RPColexioNaviaO delegado territorial en Vigo, Ignacio López-Chaves, destacou que “a Xunta ten un presuposto, quere ampliar o colexio e sabe que é unha necesidade”
  • López-Chaves insistiu en que dende o Concello de Vigo non asinaron o acordo e firma do convenio necesarios, solicitados dende hai máis de 4 meses
  • Trátase dun proxecto que da resposta ao aumento dun 25% da poboación escolar do entorno de Navia e a previsión de crecemento futuro
  • O delegado territorial criticou que o proxecto é unha “necesidade” para Navia e que a súa poboación é a principal prexudicada do retraso do Concello

 

Vigo, 20 de xuño de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo falou esta mañá, en rolda de prensa, do proxecto de ampliación de CEIP Alfonso Rodríguez Castelao de Navia. “Para poder executar esta ampliación o que fai falla son os terreos, que neste momento están en posesión do Concello de Vigo” explicou López-Chaves. A este respecto solicitou ao alcalde da cidade, Abel Caballero, a documentación necesaria para continuar co procedemento e firmar canto antes o convenio de colaboración.

 

Dentro da documentación requirida solicítase a posta a disposición dos terreos, requisito necesario para poder formalizar o acordo de cooperación entre Consellería e Concello. Ditos informes xa se pediron dende o departamento que dirixe o conselleiro Román Rodríguez fai máis de 4 meses e, sen ir máis lonxe e coma lembrou o delegado, reiterouse nunha visita do conselleiro á cidade olívica no mes de abril.

 

López-Chaves insistiu hoxe na necesidade de continuar coa tramitación para ampliar o centro educativo. Os datos así o xustifican xa que a Consellería ten constancia dun aumento do 25% da poboación escolar do entorno así coma unha previsión de crecemento futuro. “Ante iso a Xunta cre que é lóxico aumentar a oferta educativa”, aclarou. A actuación neste CEIP permitirá ampliar a súa capacidade de unha liña por curso escolar a 3, polo que crearanse 450 novas prazas, cun orzamento de máis de 3,5 millóns de euros.

 

A obra suporá a demolición da cuberta para posibilitar a ampliación do edificio existente en 1.434,90 m² para 11 aulas –9 delas polivalentes, 1 de música e outra de informática– de educación primaria e 7 de apoio. Por outra banda construirase un novo módulo independente de educación infantil, con 9 aulas con aseos incorporados, sala polivalente, 3 aulas de desdobre, espazos comúns e instalacións.

 

En canto se remita o acordo de posta a disposición dos terreos por parte do Concello e se asine o convenio de colaboración, a Consellería licitará as obras. Este trámite xa podería terse realizado se xa se contase coa documentación solicitada ao Concello hai máis de 4 meses, o que cualificou López-Chaves como “un retraso grave na tramitación do expediente”.

 

O delegado territorial da Xunta criticou tamén que o “prexuízo fundamental é para a poboación de Navia”. “A Xunta ten un presuposto, quere ampliar o colexio e sabe que é unha necesidade e non o podemos facer porque dende o Concello de Vigo non asinaron o acordo e firma do convenio”, destacou. O obxectivo inicial é que o proxecto estivese listo para o inicio do novo curso e as obras licitadas a finais de ano pero, coma finalizou López-Chaves, “o Concello aínda non entregou os terreos”.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: