A XUNTA DE GALICIA REFORZA O COMPROMISO COA ATENCIÓN AOS MENORES EN SITUACIÓN DE DESAMPARO A TRAVÉS DO PROGRAMA DA CRUZ VERMELLA PARA O ACOLLEMENTO EN FAMILIA ALLEA

  • A Coruña O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela e a directora xeral de Promoción do Emprego, Amparo González , asinará un convenio de colaboración coa Cruz Vermella para o desenvolvemento do Programa de familias acolledoras. Tras a sinatura realizará unha visita ás instalacións da entidade. 20/06/2016 Foto Moncho Fuentes / AGN A Coruña

    A Coruña
    O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela e a directora xeral de Promoción do Emprego, Amparo González , asinará un convenio de colaboración coa Cruz Vermella para o desenvolvemento do Programa de familias acolledoras. Tras a sinatura realizará unha visita ás instalacións da entidade.
    20/06/2016
    Foto Moncho Fuentes / AGN A Coruña

    O acordo está dotado cun total de 455.753 euros, dos que a administración autonómica achega 330.000, o que supón un incremento do 10% con respecto ao convenio do exercicio pasado. O obxectivo desta iniciativa “é garantir o dereito do menor e da menor a vivir nun entorno familiar”, sinalou Rey Varela

 

A Coruña, 20 de xuño de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e a presidenta de da Cruz Vermella de Galicia, María del Carmen Colmeiro Rojo, asinaron hoxe un convenio de colaboración para o desenvolvemento do programa de acollemento en familia allea de menores en situación de risco ou desamparo. Este acordo está dotado cun total de 455.753 euros, dos que a Xunta achega 330.000 –esta cantidade supón un aumento do 10% en relación ao convenio do exercicio pasado-. O obxectivo desta iniciativa “é garantir o dereito do menor e da menor a vivir nun entorno familiar”, sinalou Rey Varela.

 

A sinatura, que tivo lugar esta mañá na sede da Cruz Vermella na Coruña, vén dar continuidade a esta iniciativa que a devandita Organización Non Gobernamental (ONG) leva xestionando en colaboración coa administración autonómica dende o ano 1995. Así, Cruz Vermella ocúpase da selección, formación e atención continuada ás familias que queiran participar no programa; de buscar a familia idónea para un/unha menor; e tamén de asesorar a ese novo núcleo familiar unha vez constituído.

 

Deste xeito, permítese aos menores que estean baixo a garda ou tutela da administración autonómica vivir temporalmente cunha familia. Existe tamén o acollemento en familia extensa (familiares distintos dos país: avós, tíos…), unha opción que é preferente para manter ao menor no núcleo familiar e para a súa posterior reintegración, pero non sempre é posible. Por iso ponse en marcha este programa coa Cruz Vermella, coa finalidade de que os nenos e as nenas poidan vivir nun entorno familiar.

 

Na súa intervención, o conselleiro insistiu no esforzo da Xunta para que “non haxa ningunha familia sen fillos, traballando para que Galicia sexa o mellor lugar para formar unha familia e para ser neno ou nena; pero tamén para que non haxa ningún menor sen familia”. Neste sentido, destacou a importancia das familias dispostas a acoller un menor, considerándoas “o maior exemplo de amor e solidariedade que podemos atopar na nosa sociedade”.

 

Asemade, Rey Varela referiuse ao reforzamento das medidas que está a desenvolver o Goberno galego a prol do acollemento, indicando que dos case 2.000 menores tutelados ou en garda da Xunta de Galicia, máis da metade atópase en acollemento familiar. Ao respecto, sinalou que a Consellería de Política Social destina este ano 3,8 millóns de euros a diferentes programas e recursos dirixidos aos menores en situación de risco ou desamparo social.

 

Por último, o responsable da área social da Xunta fixo un chamamento a participar en programas de acollemento, e lembrou que pode acoller calquera persoa, matrimonio ou parella de feito, con ou sen fillos, e de calquera condición social, ideoloxía ou crenza. “O único que é necesario é ter a vontade de acoller e a capacidade de darlle aos nenos e as nenas os coidados, a seguridade, a educación e o cariño que precisan”, dixo Rey Varela.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: