PRETO DE 50 MOZOS E MOZAS VOLUNTARIOS PARTICIPARÁN NOS CAMPOS DE TRABALLO DE VEDRA E BOQUEIXÓN QUE ORGANIZA A DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE

  • As actuacións centraranse na intervención ambiental-artesá e no achegamento ao patrimonio cultural, natural e social
  • No caso de Boqueixón, participarán rapaces e rapazas de Galicia, do resto de España e de varios países do mundo
  • A Consellería de Política Social organiza un total de 24 campos de traballo na comunidade galega nos meses de verán que contribúen á difusión de valores como a solidariedade e fomentan a mobilidade

 

Vedra (A Coruña), 20 de xuño de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, presentou esta mañá os Campos de Traballo de Vedra e Boqueixón, que versarán sobre a intervención ambiental- artesá e sobre o patrimonio cultura, natural e social respectivamente.

 

O campo de traballo de Vedra conta con 25 prazas para mozos e mozas de toda España e terá lugar entre o 19 e o 30 de xullo. Os voluntarios e voluntarias realizarán actividades de intervención ambiental-artesá, como a creación dun obradoiro de artesanía en madeira para fabricar carteis para a sinalización do “Corredor temático do río Ulla”; para a interpretación das pontes e para a concienciación ambiental. Así mesmo, levarán a cabo observacións de niños de paxaros, participarán en xogos populares da zona e realizarán actividades de intervención social, como o desenvolvemento de actividades socioculturais na ludoteca e na Escola de verán ou actividades socioculturais no centro de terceira idade.

 

Con respecto ao concello de Boqueixón, o campo de traballo terá lugar do 18 ao 29 de xullo, con 20 participantes de Galicia, do resto de España e de varios países do mundo. Estará centrado no achegamento ao patrimonio cultural, natural e social que existe ao redor do Pico Sacro a través da redacción dunha unidade didáctica que será aplicada no centro educativo CPI Antonio Orza Couto no vindeiro curso escolar. Os voluntarios e voluntarias tamén establecerán un plan de actuación para a dinamización do Camiño de Santiago ao seu paso por Boqueixón. Ademais realizarán o traxecto do Camiño de Santiago dende o albergue de Vedra ata Lestedo para detectar nese tramo posibles melloras, tanto medioambientais como informativas. Así mesmo, elaborarán –tras recibir un obradoiro informativo- pequenos spots audiovisuais nos tres idiomas presentes no campo que promovan o coñecemento de lugares de interese do concello como o citado Pico Sacro, a ponte de Ponte Ledesma ou a fervenza de Codeso; e colaborarán co tecido asociativo xuvenil do concello.

 

Os campos de traballo contribúen á difusión de valores como a participación, a solidariedade, o coñecemento do contorno e o traballo en equipo entre os participantes. Así mesmo, “fomentan a mobilidade, pois ofrecen aos mozos e mozas a oportunidade de tomar parte en campos doutras Comunidades e países”, tal e como explicou Cecilia Vázquez.

Son polo tanto recursos de gran valor xuvenil, nos que Galicia é a comunidade de referencia na materia. Cómpre destacar que o ano pasado Galicia organizou o 34% dos campos de traballo internacionais que se celebraron en toda España, segundo o balance realizado polo Injuve.

A Consellería de Política Social organiza un total de 24 campos de traballo na comunidade galega nos meses de verán nos concellos coruñeses de Outes, A Laracha, Ponteceso, Boqueixón, Rois, Betanzos, Curtis, Vedra, Ribeira e Coirós e nos concellos ourensáns de Celanova, Ourense, Muíños, Vilamarín e A Peroxa. Así mesmo, celebraranse nos municipios lucenses de Folgoso do Courel, Portomarín, Becerreá, Pantón, Quiroga e Xermade, así como en localidades da provincia de Pontevedra como as Illas Cíes (4 quendas), Cotobade e Vilanova de Arousa.

Este ano os mozos e mozas galegos dispoñen de 575 prazas para participar nos Campos de traballo. Destas prazas, 120 son para Campos noutras comunidades autónomas, 250 para Campos en 34 países de Europa, Asia, África e América e 205 para Campos en Galicia. Con estes datos, Galicia é a comunidade española con máis prazas en campos de traballo dentro da programación do Injuve.

Campaña de verán 2016

Cecilia Vázquez lembrou que os campos de traballo enmárcanse dentro da Campaña de Verán 2016 que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. “Esta campaña é a máis inclusiva e importante dos últimos anos no que se refire a número de prazas ofertadas. En total, son 9.046 as prazas que se ofrecen, o que significa incrementar nun 6% as prazas dispoñibles no ano pasado”, explicou a directora xeral.

Ademais destes campos, a campaña de verán inclúe albergues, campamentos e actividades de ocio e tempo libre para a mocidade. A Consellería de Política Social destina un orzamento de 2,6 millóns de euros a esta campaña.

Cómpre destacar que, outro dos aspectos positivos da campaña está no impulso ao emprego que leva aparellada. Grazas ao desenvolvemento destas actividades, as empresas de ocio e tempo libre de Galicia darán traballo a máis de 900 monitores/as e directores/as de campamentos.

Os interesados e interesadas nesta campaña, xa poden consultar toda a información relativa á mesma en http://xuventude.xunta.es.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: