A XUNTA REÚNE EN GANDARÍO A MÁIS DUN CENTENAR DE ESTUDANTES DE PRIMARIA NA XUNTANZA DE FIN DE CURSO DO PROGRAMA MÓVETE

  • Estudantes dos CEIP da Lomba (Vilagarcía de Arousa), Fontiñas (Santiago de Compostela) e Virxe da Cela (Monfero) déronse cita hoxe neste encontro que puxo o punto e final a este programa piloto de dinamización do voluntariado
  • A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, visitou hoxe esta iniciativa que “pretende ser un instrumento para a formación dos alumnos e alumnas máis novos a través de valores asociados ao voluntariado e á solidariedade dende un contexto lúdico que vincula a música como elemento motivacional”

 

Bergondo (A Coruña), 21 de xuño de 2016.- Un total de cento dez alumnos dos CEIP da Lomba (Vilagarcía de Arousa), Fontiñas (Santiago de Compostela) e Virxe da Cela (Monfero) acompañados polos seus docentes participaron no albergue de Gandarío na xuntanza de final de curso do programa piloto Móvete de dinamización do voluntariado entre o alumnado dos primeiros cursos de educación Primaria.

 

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou hoxe esta iniciativa, que “pretende ser un instrumento para a formación integral dos alumnos máis novos a través dos valores asociados ao voluntariado e á solidariedade dende un contexto lúdico que vincula á música como elemento motivacional”.

 

Os obxectivos deste programa de voluntariado entre os máis pequenos son os de sensibilizar aos e ás nenos e nenas participantes sobre os valores solidarios e a xustiza social, motivando o compromiso e participación como axentes xeradores de cambio, detectando necesidades sociais e identificando as causas que as provocan. O programa traballa as diferencias individuais sociais e culturais, potenciando as diferencias como algo enriquecedor e positivo, así como habilita un espazo de reflexión e ofrece recursos ao alumnado para a súa participación activa.

 

Os alumnos destes tres centros desenvolveron durante o curso senllos proxectos de voluntariado que tiveron como temática o desenvolvemento rural, a protección dos dereitos dos animais e o coñecemento da realidade social da contorna.

 

Este programa Móvete para alumnos de primaria é o primeiro paso no itinerario de voluntariado integral e completo para os máis novos que ten en marcha a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. O seguinte paso é o Pasaporte Solidario –dirixido a rapaces de ata 12 anos-, continua coa Rede de Centros Solidarios para estudantes de Secundaria e complétase co Servizo de Voluntariado Xuvenil, que se prolonga ata os 30 anos.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: