Archive | junio 22, 2016

Manifestación Meixoeiro 22 de xuño de 2016

SONY DSC

SONY DSC

Boas tardes a todas e a todos e grazas por estar aquí hoxe, diante do Meixoeiro, que é un símbolo do que está a pasar coa nosa sanidade pública: desmantelamento e privatización.

No “Acordo Básico pola Saúde na Área Sanitaria de Vigo” do ano 2006 xa se apostaba por facer un Novo Hospital para a área sanitaria de Vigo que rematara coa fragmentación da Atención Especializada e se potenciara a Atención Primaria, nun novo deseño da área sanitaria que permitira incrementar os recursos e a utilización integrada dos existentes.

Nese deseño inicial, se reservaba para o H. do Meixoeiro un papel de especial importancia como hospital especializado en Oncoloxía, para tirar partido da tecnoloxía xa alí instalada, e tamén actividade relacionada coa Cirurxía Programada (Maior Ambulatoria e con Ingreso), traumatoloxía, xeriatría, coidados paliativos e medicina interna, mantendo 422 camas activas.

O Novo Hospital, segundo a Consellería, tería 1.465 camas, que engadidas ás 422 do Meixoeiro e as 117 do Nicolás Peña farían un total de 2.004 camas no conxunto do CHUVI.

O Consello da Xunta de Galicia aprobou, o 5 de febreiro de 2009, as condicións da licitación das obras do Novo Hospital de Vigo e como consecuencia se asinou o Convenio Específico entre o Sergas e a Sociedade Pública de Investimentos, no que se establecía unha provisión inicial de fondos de 300 millóns de euros para o Novo Hospital de Vigo. O custe final da construción sería de 374.371.630 € con IVE incluído.

A licitación non se chegou a realizar, pese ás demandas da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da área de Vigo, por que o Partido Popular gañou as eleccións ao Parlamento de Galicia de marzo do 2009.

Tras constituírse o novo goberno da Xunta, e xa coa desculpa da crise económica, comezaron a tomar medidas que mudarían de xeito dramático os plans de actuación para a nosa área sanitaria.

A primeira delas a supresión do Plan de Mellora da Atención Primaria, no que se enmarcaba un importante investimento en recursos humanos e materiais para a área de Vigo.

A segunda o cambio de modelo do Novo Hospital de Vigo, abandonando o Convenio Especifico coa Sociedade Pública de Investimentos e apostando pola colaboración “público privada” é dicir pola súa privatización!.

O Sergas modificou o plan funcional e financeiro inicial e licitou a construción do Novo Hospital en Beade, e a prestación dos servizos “non clínicos” tanto no Novo Hospital como no do Meixoeiro e Nicolás Peña.

Como consecuencia do modelo de licitación, o Novo Hospital é privado e está no balance contable da Sociedade Concesionaria como un activo financeiro, por importe de 232.000.132,58 €, que é o valor estimado dos custes de construción.  A Sociedade Concesionaria o arrendará ao Sergas mediante un canon durante 20 anos que nos custará 1.414.067.091 € IVE incluído.

A realidade da área sanitaria é ben distinta da prevista inicialmente, o Novo Hospital abre con 845 camas, no Meixoeiro redúcense a 347 e o Nicolás Peña a 68, polo que disporemos 1.260 camas, é dicir 744 camas menos das prometidas e anunciadas.

O CHUVI deixou de ser centro de referencia para a Área Norte de Pontevedra en importantes servizos: Oncoloxía Radioterápica, Cirurxía Torácica, Neurocirurxía, Cirurxía Plástica, Cirurxía pediátrica, cardioloxía intervencionista (unidades de hemodinámica) e Cirurxía Cardíaca. A referencia destes servizos para a Área Norte de Pontevedra están agora no Complexo Hospitalario de Santiago. POVISA mantén o concerto con poboación asignada e continúa a ser a referencia de Cirurxía Maxilofacial, Nervio Periférico e Queimados.

O Novo Hospital non ten Laboratorio Central que se substitúe por un laboratorio de resposta rápida. O laboratorio Central trasládase ao Meixoeiro onde non hai espazo nin medios para albergar un Laboratorio destas características, co que é preciso facer obras que retrasan a súa posta en marcha e o fragmenta en diferentes plantas.

O Novo Hospital tampouco ten Central de Esterilización, nin sequera deixaron un espazo para poder facer o lavado e preparación das caixas de material para ser logo esterilizadas, e hoxe estamos a ver as consecuencias, para as traballadoras e para os pacientes.

Recórtanse drasticamente as Área de Urxencias e Atención a Pacientes Críticos (malia a conxestión que periodicamente afecta a este servizo): A superficie redúcese un 25,5% e as 72 camas de observación previstas redúcense a 32.

Elimináronse do proxecto inicial compoñentes importantes que privan ao Novo Hospital do seu carácter estratéxico que o equiparaban aos Hospitais do Norte de Galicia (A Coruña e Santiago): Módulo de Docencia e Investigación, módulo de Rehabilitación, Hotel de Pacientes, 160 camas de Coidados Mínimos-Intermedios.

Suprímense tamén os dous Centros de Alta Resolución previstos no Plan Funcional, un no anexo I do edificio do Hospital Xeral e outro no Morrazo. E nestes días estamos a reclamar que se manteña o uso sanitario dos dous anexos do H. Xeral, de perder o anexo I  perderíamos a posibilidade de situar alí o Centro de Alta Resolución da cidade de Vigo.

O Hospital do Meixoeiro non está a xogar o papel que tiña previsto no plan funcional inicial e a aparente falta de criterio da Xerencia está a sementar moitas dúbidas sobre o seu futuro.

A súa situación actual é intolerable, coa metade das camas pechadas e co persoal movéndose, polo Meixoeiro e o Cunqueiro, cubrindo baixas, vacacións ou acúmulos, mentres se derivan pacientes á sanidade privada.

A solución aos problemas da nosa área sanitaria pasan por recuperar o Hospital Álvaro Cunqueiro para ao Sistema Sanitario Público e retomar o proxecto de Hospital Estratéxico para a área Sur de Galicia, que devolva ao CHUVI os Servizos de Referencia trasladadas ao Complexo Hospitalario de Santiago e as especialidades que se manteñen no hospital privado POVISA, e que se recupere a capacidade do CHUVI de atender ao 100% da cidadanía co restablecemento das camas previstas no proxecto inicial.

E neste novo deseño o Hospital do Meixoeiro debe manter o seu funcionamento como hospital xeral programado para diferentes especialidades, aínda que sen porta de urxencias, recuperando as camas e os recursos recortados.

Para facer posible o proxecto estratéxico de reforzar o tratamento e a investigación en Oncoloxía, deberiamos potenciar a actividade oncolóxica no Meixoeiro, aproveitando e axustando a dotación tecnolóxica específica xa dispoñible para atender estas patoloxías, convertendo ao CHUVI en referencia Oncolóxica para o sur de Galicia.

Tamén temos que situar no Meixoeiro todos os recursos de Cirurxía Programada (Maior Ambulatoria e con Ingreso) da área, aproveitado os seus quirófanos e as camas cirúrxicas (axustándoas segundo necesidades), e para que isto sexa posible é necesario abrir unha Unidade de Coidados Críticos, a pleno rendemento, en todas as quendas e cos RR.HH. e materiais suficientes e adecuados para garantir a seguridade dos pacientes.

Para a completa utilización do H. do Meixoeiro temos que establecer criterios de ingreso para pacientes de traumatoloxía, xeriatría, medicina interna, rehabilitación, reumatoloxía, endocrinoloxía, oftalmoloxía e outros, así como consolidar a Unidade de Coidados Paliativos (co 100% das camas situadas en habitacións individuais), co obxectivo de manter 422 camas activas. Esta especialización determina a necesidade de manter unidades de diagnóstico por imaxe e laboratorio.

A plena utilización do Hospital do Meixoeiro e vital para o futuro da sanidade pública da nosa Área sanitaria.

O Meixoeiro tamén existe! Defendendo ao Meixoeiro estamos defendendo á Sanidade Pública!

ATLANTIC FEST

unnamed (1)Hoy día 22 de junio ha tenido lugar la rueda de prensa presentación de la primera edición de Atlantic Fest. El lugar escogido para una presentación tan especial ha sido un barco pesquero. Organización, instituciones, patrocinadores y prensa han disfrutado de una hora de paseo en barco hasta llegar a una batea cercana en donde ha tenido lugar la intervención de los invitados.

Un día perfecto para ver las maravillas que ofrece un lugar tan especial como A Illa de Arousa y ver como es el medio de vida de los pescadores de la zona.

El primero en intervenir fue  Antonio Caneda, director del festival, que habló del formato del festival, destacando su esencia familiar y de sus diferencias con otros festivales con conciertos de día y de noche. Destacó además las actividades que se desarrollarán, entre ellas las actividades para niños.
Terminó su intervención agradeciendo a instituciones y patrocinadores su apoyo.

Por su parte, Victor Mantiñan, director de marketing de Estrella Galicia, dedicó sus primeras palabras al “cartelazo de este año” que él considera como uno de los mejores a nivel nacional. Añadió que no tiene ninguna duda de que el festival será un “éxito en esta localización tan alucinante”.  Terminó declarando que la primera edición del festival cuenta con un “cartel de música alternativa espectacular”.

La directora de Movistar en Galicia, comenzó su intervención mencionando el original formato de Atlantic Fest y su especial ubicación. Se mostró además  encantada de colaborar con un evento tan importante y pasó a describir en que consistiría la participación de Movistar en el festival. Confirmó la presencia del deportista Movistar Florian Trittel, Campeón de Europa de Kitesurf, que hará una exhibición el día 2 de julio en la Playa del Bao.

El director de comunicación de Galicia Calidade, Iván Fernández trasladó la intención  de la marca de estar unidos a eventos como este, que considera un ejemplo de oferta de calidad en ocio. Terminó añadiendo, que es en eventos como Atlantic Fest en los que se quieren involucrarse, porque considera que encaja como un guante en el concepto que tienen de calidad.

“Atlantic Fest  va a traer más visitantes a Illa de Arousa” así comenzó la intervención del Diputado de Turismo de Pontevedra, Santos Héctor. Declaró además su apuesta además por la consolidación del festival en un entorno fantástico.

A pesar de que Atlantic Fest no tiene la antigüedad necesaria para  acogerse a las ayudas Agadic, su director Jacobo Sútil,  ha querido resaltar la disposición que la agencia tiene de apoyar festivales como Atlantic Fest. Para ello explicó como, a través del mercado  Galician Tunes, la agencia se ha involucrado en el proyecto desde su primera edición.

“En el mundo no hay otro lugar donde se desarrolle un festival de música tan atractivo como este por su entorno” fueron las primera palabras que Carmela Silva, Presidenta de la Diputación de Pontevedra, dijo delante de todos los asistentes a la de prensa. Señaló además que es con “Inteligencia y dinamismo como se consigue convertir eventos como estos en atractivo turístico”.
Continúo diciendo que  Atlantic Fest va a ser “un referente por su calidad. Y destacó la involucración de Turismo Rías Baixas en los Festival Rías Baixas, 7 citas para  no perderse. Todos ellos suman sinergias para convertir Pontevedra en referente de festivales, que nos permite figurar a nivel nacional e internacional.”
“Merece la pena estar al lado de la gente que tiene este tipo de ideas” recalcó, para terminar diciendo como A illa de Arousa describe a la perfección lo que somos los gallegos: pesca, barcos, marisqueo y un espacio espectacular. Se mostró, para finalizar, “Emocionada de tener esta provincia”.

La última intervención fue la del alcalde de A Illa de Arousa, Carlos Iglesias, que dio las gracias a la organización de Atlantic Fest por traer a la isla uno de los eventos  más importantes que se hacen en la comarca. “El primer plano es la  música pero también está el paisaje” así que, lanzó una invitación a los asistentes al festival  a que vuelvan más veces.

O DOG PUBLICA HOXE A ORDE QUE REGULA A CONCESIÓN DE AXUDAS PARA A CREACIÓN DE ESCOLAS INFANTÍS DE 0 A 3 ANOS EN PARQUES EMPRESARIAIS

  • A posta en marcha destas escolas é unha medida pioneira en Galicia que proporcionará un mínimo de 451 novas prazas de atención á infancia2016_0622_17180100
  • A convocatoria conta cun orzamento superior aos 2,3 millóns de euros
  • A través desta convocatoria subvencionarase a realización do proxecto básico e de execución para a construción ou reforma dun inmoble, así como o acondicionamento da parcela entre outras actuacións
  • Trátase dunha nova medida coa que se pretende avanzar no desenvolvemento de medidas de conciliación de modo que as familias poidan dispoñer dun lugar para a atención dos seus fillos e fillas preto do seu posto de traballo

 

Porriño (Pontevedra), 22 de xuño de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo esta tarde unha reunión cos representantes da Federación Galega de Parques e Polígonos Empresariais (FEGAPE) para dar conta da publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) da orde de creación de escolas infantís de 0 a 3 anos en parques empresariais. No encontro, o conselleiro estivo acompañado pola directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González.

 

Rey Varela explicou aos empresarios que se trata dunha “medida pioneira en Galicia, que proporcionará un mínimo de 451 novas prazas de atención á infancia e que permitirán avanzar no desenvolvemento de medidas de conciliación de modo que as familias poidan disponer dun lugar para a atención dos seus fillos e fillas preto do seu posto de traballo”.

 

Así mesmo, estas novas escolas contribuirán ao aumento de produtividade das empresas e a que estas melloren a súa posición no mercado a través dunha mellor administración do seu capital humano e da promoción da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

 

O titular autonómico indicou aos presentes que poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións empresariais ou entidades representantes dun parque empresarial ou polígono industrial, a título individual ou agrupadas que reúnan os seguintes requisitos: desenvolver a súa actividade no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia; dispoñer dunha parcela de terreo apta para o establecemento dunha escola infantil no polígono industrial ou nas súas inmediacións; achegar un estudo que reflicta que existe un mínimo de 50 nenos/as menores de tres anos potenciais usuarios/as (incluídos os/as non nados/as e en proceso de adopción); e presentar un plan de viabilidade que permita a posta en funcionamento e o mantemento do centro durante un mínimo de 5 anos.

 

A través desta convocatoria subvencionarase a realización do proxecto, o acondicionamento da parcela e a construción ou reforma dun inmoble para a creación da escola, así como o seu equipamento, incluíndo o mobiliario e o material didáctico e de xogo

 

No tocante ás características das escolas infantís a crear, estas constarán cun mínimo de tres unidades e 41 prazas. Así mesmo, a parcela onde se empracen estará separada da actividade industrial, preferentemente nunha zona axardinada que protexa o edificio das condicións exteriores, e non estará adosada a naves ou establecementos susceptibles de actividades perigosas.

 

Rey Varela desatacou o importante investimento que realizará a Xunta de Galicia en colaboración co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020), xa que a convocatoria conta cun orzamento total de 2.343.468 euros distribuídos en dúas anualidades, correspondendo 585.867 euros ao ano 2016 e 1.757.601 ao ano 2017.

 

As axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva, prestando atención, ademais de ao número de persoas traballadoras do polígono industrial ou parque empresarial, ao número de fillos/as menores de tres anos destes traballadores/as, á adecuación do número de unidades da escola proposta ao número de nenos/as potenciais usuarios/as así como á porcentaxe de persoas traballadoras menores de 45 anos, entre outros criterios. Tamén, para contribuír á racionalización dos recursos públicos, recibirán puntuación as solicitudes conxuntas para a posta en marcha dunha escola infantil que dea cobertura a máis dun parque empresarial ou polígono industrial. As axudas poderán solicitarse a partir de mañá e durante o prazo dun mes.

 

Os e as empresarias presentes saudaron esta iniciativa que promove a conciliación e que ademais complementa outras medidas da Consellería de Política Social como a Rede de Escolas Infantís, o financiamento de preto de 2.700 prazas en escolas infantís de iniciativa social (convocatoria dotada con 3.067.000 euros), o programa Bono Concilia do que poderán beneficiarse ao redor de 2.400 familias ou a posta en marcha de Casas niño no rural co que se espera crear 30 casas niño que ofertarán un total de 150 prazas. En palabras do secretario de FEGAPE, David Sobral “con esta nova medida da Consellería de Política Social dáse resposta a unha demanda histórica dos parques empresariais de Galicia, contribuíndo de xeito decisivo a una mellor conciliación da vida laboral e familiar”.

 

GALICIA FOI EN ABRIL A TERCEIRA COMUNIDADE QUE PAGOU CON MÁIS AXILIDADE AOS SEUS PROVEDORES, 28 DÍAS ANTES QUE A MEDIA

  • O período medio de pago da Xunta de Galicia sitúase en 18,5 días, fronte aos 46,9 días do conxunto das CCAA
  • Galicia é tamén a cuarta comunidade con menor débeda comercial

 

Santiago, 22 de xuño de 2016.- Galicia foi en abril a terceira comunidade de réxime común que pagou con máis axilidade aos seus provedores, segundo ratifican os datos publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas. O tempo medio de pago foi de 18,5 días en Galicia, 28,4 días menos que a media autonómica, que foi de 46,9 días.

 

Os datos do Ministerio de Hacienda mostran que Galicia presenta un tempo medio de pago só inferior en dúas comunidades autónomas (Canarias e Asturias) e nas dúas comunidades de réxime foral. En abril, o período medio de pago reduciuse en Galicia en 3,5 días sobre o mes anterior, mentres que media autonómica aumentou en 3,5 días.

 

O informe presentado polo Ministerio de Hacienda mostra tamén que só sete comunidades autónomas cumpriron o tempo máximo de pago que establece a lexislación estatal. Entre elas figura Galicia e outras catro comunidades de réxime común.

 

Galicia consolídase un mes máis como unha das comunidades que mellor atende aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega. Esta axilidade é consecuencia da solvencia da Comunidade Autónoma, que permitiu á Xunta manter nestes últimos anos a súa autonomía financeira.

 

Ademais, Galicia é a cuarta comunidade de réxime común con menor débeda comercial, cunha ratio de débeda/PIB do 0,58%, sen variación respecto ao mes de marzo. Este indicador en Galicia é tamén inferior á media autonómica, que no mes de abril aumentou ao 0,85%, fronte ao 0,79% de marzo.

 

Período Medio de Pago – Abril 2016 (*CCAA de réxime foral)
Navarra* (3,56) Cantabria 45,81
País Vasco* (1,88) MEDIA CCAA 46,92
Canarias 0,64 Madrid 47,39
Asturias 10,18 Baleares 60,72
Galicia 18,52 C.Valenciana 73,23
A Rioxa 21,71 Castela e León 76,38
Andalucía 26,23 Murcia 77,61
Cataluña 32,53 Aragón 95,36
Castela-A Mancha 32,56 Estremadura 110,67

A DIRECTORA XERAL DE XUVENTUDE RECIBE AOS 15 MOZOS E MOZAS GALEGOS QUE VIAXARÁN A XAPÓN NO MARCO DUN INTERCAMBIO CULTURAL COA PREFECTURA DE WAKAYAMA

  • O grupo visitará o país asiático entre o 4 e o 11 de xullo
  • Cecilia Vázquez destacou que “os participantes galegos serán os embaixadores da cultura galega no Xapón, ao tempo que coñecerán a cultura e lingua xaponesa, as súas costumes, interactuarán con mozos e mozas xaponeses en distintas actividades e durante tres días convivirán con familias xaponesas de acollida”
  • Ambas culturas están unidas polo vínculo dos seus dous itinerarios de peregrinación: o Camiño de Santiago en Galicia e o Camiño Kumano Kodo en Wakayama

 

Santiago, 22 de xuño de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, recibiu hoxe aos 15 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos que participarán no intercambio de ida á Prefectura de Wakayama (Xapón) do 4 ao 11 de xullo. A titular do departamento autonómico resaltou que durante a semana de duración do intercambio, “os participantes galegos serán os embaixadores da cultura galega no Xapón, ao tempo que coñecerán a cultura e lingua xaponesa, as súas costumes, interactuarán con mozos e mozas xaponeses en distintas actividades e durante tres días convivirán con familias xaponesas de acollida”.

O programa que desenvolverán estes 15 mozos e mozas combina actividades educativas e culturais como a recepción polas autoridades da Prefectura de Wakayama; unha reunión de traballo na Universidade, na que os mozos e mozas, galegos/as e xaponeses/as, traballarán conxuntamente para coñecer e dar a coñecer as súas rexións; a visita á cidade de Tanabe; ou o percorrido dunha parte do Camiño Kumano Kodo no que visitarán o Centro do Patrimonio Kumano Hungu e o santuario sintoísta Kumano Hongo Taisya.

Cecilia Vázquez fixo especial fincapé na realización deste percorrido, pois “a cultura galega e a xaponesa, se ben son moi distintas, están unidas polo vínculo dos seus dous itinerarios de peregrinación: o Camiño de Santiago en Galicia e o Camiño Kumano Kodo en Wakayama, dúas rutas recoñecidas pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade, puntos de referencia no que converxe a pluralidade de concepción de distintos pobos, culturas, linguas e relixións”.

Vázquez resaltou que os intercambios xuvenís “permiten aos mozos e mozas participantes desenvolver habilidades, competencias e coñecementos, descubrir novas culturas, costumes e estilos de vida, sobre todo a través da aprendizaxe entre iguais, consolidar valores como a solidariedade, a democracia e a amizade; facilita a concienciación intercultural e a mellora das competencias lingüísticas”. Un proceso de aprendizaxe que se realiza a través de métodos de educación non formal.

A Prefectura de Wakayama e a Xunta de Galicia comparten vínculos desde a sinatura do seu irmanamento en 1998. A partir deste ano se están a realizar distintos programas conxuntos, sobre todo centrados no turismo e na cultura. No que respecta á xuventude, en 2009 estableceuse un protocolo de traballo entre as dúas administracións rexionais para favorecer os lazos de unión entre as entidades xuvenís de Wakayama e Galicia. Así con este grupo de mozos e mozas galegas esta será a duodécima experiencia de intercambio xuvenil entre a Xunta de Galicia e a Prefectura de Wakayama, sumando un total de 175 participantes.

 

JOSÉ MANUEL REY VARELA AMOSA O SEU COMPROMISO COAS PERSOAS AFECTADAS POR ENFERMIDADES DE DEPENDENCIA NA REUNIÓN MANTIDA COA ASOCIACIÓN DE EXALCOHÓLICOS DE FERROLTERRA

  • _A9A0904A entidade ofrece aos usuarios/as tratamento específico a través do seu equipo técnico formado por un psiquiatra, una psicóloga e un traballador social
  • Así mesmo, axuda a persoas con outras enfermedades como o tabaquismo, a ludopatía ou a cleptomanía

 

Ferrol, 22 de xuño de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse esta mañá no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol con responsables da Asociación de Exalcohólicos de Ferrolterra. O motivo deste encontro foi coñecer de primeira man os servizos e programas que desenvolve esta entidade, así como estudar a posibilidade de abrir novas liñas de colaboración. Na xuntanza tamén estivo presente o director xeral de Inclusión, Arturo Parrado.

 

A entidade, fundada hai máis de catro décadas, ten como piar fundamental combater a enfermidade alcohólica a través dun tratamento específico para os usuarios/as. O seguimento do mesmo realízase a través dun equipo técnico formado por un psiquiatra, unha psicóloga e un traballador social. Así mesmo, ofrécese axuda e tratamento para persoas con outras enfermidades por dependencia como o tabaquismo, a ludopatía ou a cleptomanía.

 

O presidente da asociación, Miguel Fraga López, trasladou ao conselleiro as necesidades da entidade, así como as principais liñas de actuación desenvoltas pola mesma, nomeadamente os obradoiros ocupacionais, os programas de prevención nos colexios, de sensibilización da poboación ou o de prevención de recaídas.

 

LÓPEZ-CHAVES VISITA O CEIP DOUTOR SUÁREZ DE FORNELOS DE MONTES, ONDE A XUNTA EXECUTARÁ ESTE VERÁN A RENOVACIÓN DA SÚA CUBERTA

  • O obxectivo da actuación, con cargo ao RAM, é evitar as filtracións que se viñan producindo no centro educativo nos últimos anos
  • As obras comezarán este verán para non interceder no normal funcionamento do centro durante o próximo curso escolar
  • O cambio de cuberta mellorará a eficiencia enerxética e poderán beneficiarse da mellora preto de 100 alumnos do colexio

22062016_VisitaCEIPFornelos

Vigo, 22 de xuño de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto co xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, e membros da unidade técnica do departamento territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, visitaron esta mañá o CEIP Doutor Suárez de Fornelos de Montes con motivo da renovación da cuberta do centro por parte da Xunta de Galicia.

 

Durante a visita estiveron presentes o alcalde do concello de Fornelos de Montes, Emiliano Lage, e o equipo directivo do centro, formado polo director Jesús Martínez e a secretaria do centro, Mónica Vázquez. Tamén acudiron responsables da ANPA en representación dos pais e nais de alumnos.

 

Como constataron os técnicos, nos últimos anos víñanse observando diversos problemas relacionados con filtracións de auga no edificio. Así pois, o Goberno galego e dentro das reformas a cargo do RAM (reforma, ampliación e mellora), destinará un total de 158.000 euros para a renovación da cuberta co obxectivo de eliminar estes problemas de filtración. Trátase, polo tanto, dunha “obra prioritaria” que responde as necesidades do colexio. Coma valorou o delegado, é unha actuación “para mellorar a infraestrutura escolar de Fornelos”.

 

As obras afectarán a un total de 1,571 metros cadrados e consistirán na substitución da cuberta antiga de tella por unha nova. Esta nova cuberta será máis moderna e estará formada por un panel tipo sándwich, con canelóns e con todas as características precisas para executar a substitución. Con este cambio se mellorará a eficiencia enerxética e o illamento térmico do colexio, que conta con preto de 100 alumnos.

 

Os traballos comezarán este verán e terán unha duración de mes e medio. Deste xeito aprovéitase o período de vacacións co fin de non interceder no normal funcionamento do centro de educación infantil e primaria durante o próximo curso escolar.

 

O CEIP Doutor Suárez desenvolve contratos-programa, concretamente a liña 1 conta cun PROA (Programa de Reforzo, Orientación e Apoio) e tamén ten Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe).   

ABANCA axudará a cinco innovadores a desenvolver e aplicar os seus proxectos

POLÍTICA SOCIAL REFORZA O SEU COMPROMISO PARA CONSEGUIR “UN MUNDO CON MENOS BARREIRAS E UNHA SOCIEDADE MÁIS INTEGRADORA”

  • O responsable da área social do Goberno galego destacou o incremento do 12% dos orzamentos da Xunta de Galicia destinados a políticas sociais e a elaboración da nova Estratexia Galega sobre Discapacidade 2015-2020

 

Ferrol (A Coruña), 22 de xuño de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, destacou a atención directa, especializada e integral que se presta no Centro de Atención a Minusválidos Físicos de Ferrol (CAMF) no acto de celebración do 25 aniversario da súa entrada en funcionamento. Rey Varela felicitou ao equipo profesional, usuarios e familiares que formaron ou forman parte da traxectoria deste Centro, que “día a día responde á necesidade de impulsar a calidade dos servizos que ofrece”, dixo.

 

Na súa intervención, o conselleiro sinalou como prioritaria “a consecución dun mundo con menos barreiros e dunha sociedade máis integradora”, avogando por “abrir todos os ámbitos da sociedade a todas as persoas, sen exclusións”. Neste sentido, destacou o novo impulso dado pola Xunta de Galicia ás políticas sociais cun incremento do 12% dos orzamentos destinados a esta área e a elaboración e a elaboración da nova Estratexia Galega sobre Discapacidade 2015-2020.

 

Ao respecto desta estratexia, sinalou que “é o resultado da participación das entidades e de diferentes departamentos autonómicos e que constitúe “a folla de ruta dos vindeiros anos para que as persoas con discapacidade poidan gozar dunha vida autónoma e independente, así como para avanzar na plena inclusión social”. En concreto, este documento contén preto de 500 medidas centradas en seis liñas básicas: accesibilidade, autonomía persoal, educación, formación e emprego, saúde e servizos sociais; co obxectivo de “contar con todos e todas para conseguir unha Galicia máis próspera e inclusiva”, concluíu.

 

MADRID SE PREPARA PARA RECIBIR EL PHOTOMARATÓN NOCTURNO SAMSUNG GALAXY S7

El plazo de inscripción permanecerá abierto hasta las 19.50 horas del viernes 24 de junio unnamed

A las 20 horas se dará el pistoletazo de salida del PHotoMaratón una vez desvelado el tema de este año

A partir de las 22 horas se celebrará en la plaza de Callao una «gran fiesta» conducida por los presentadores de La Parroquía y con la actuación de Nistra .

El próximo viernes 24 de junio los amantes de la fotografía tendrán oportunidad de «tomar las calles de Madrid» para participar en el PHotoMaraton Nocturno Samsung Galaxy S7, una de las actividades más populares de PHotoEspaña que regresa al festival tras varios años de ausencia. Este PHotoMaraton es una actividad abierta a todos los aficionados a la fotografía, que recorrerán durante la noche las calles de Madrid para captar las mejores fotos nocturnas, sobre un tema que propondrá la organización el mismo día del evento.

Imágenes de alta calidad a cualquier hora del día

Junto a los aficionados, destacados instagrammers participarán en el PHotoMaraton fuera de concurso para mostrar las posibilidades que ofrece la cámara del smartphone Samsung Galaxy S7 en escenas nocturnas, gracias a sus excelentes niveles de exposición y contraste, su rápido enfoque y su alta nitidez.

La cámara de Samsung Galaxy S7 y S7 edge incluye, por primera vez en un smartphone, la tecnología Dual Pixel Sensor propia de las cámaras profesionales, lo que garantiza un enfoque ultra rápido para realizar fotografías nítidas y llenas de detalles incluso en situaciones con poca luz. La apertura y calidad de su lente F1,7 y los píxeles de mayor tamaño (1,4 um) contribuyen además a obtener fotografías con un alto brillo y luminosidad. Otras funciones, como el auto-HDR, permiten tomar extraordinarias fotografías de paisajes, escenas urbanas y fotos a contraluz.

“El PHotoMaraton nocturno Samsung Galaxy S7 será una ocasión perfecta para que los aficionados a la fotografía descubran las capacidades que hacen única a la cámara de nuestro último smartphone premium. Gracias a su enfoque ultra rápido, no se les escapará ninguna de esas instantáneas inolvidables que seguro encontrarán por las calles madrileñas, con la luz del atardecer y el anochecer como telón de fondo”, declara Eduardo Rodriguez, Director de consumo de la división de IM de Samsung España

Recorrido por Madrid al caer el sol

El PHotoMaraton Nocturno Samsung Galaxy S7 saldrá del Centro Cultural Conde Duque a las 20 horas. Tras recoger su dorsal, los photomaratonianos se dispersarán por la ciudad y, de entre las imágenes que capten, deberán elegir una para concursar y compartirla con el hashtag #PhotoMaratonS7, mencionando a las cuentas oficiales de PhotoEspaña (@photoespana) y Samsung (@SamsungEspana) en Instagram.

El recorrido del maratón fotográfico desembocará a las 22 horas en una gran fiesta al aire libre en la Plaza de Callao, conducida por los presentadores de La Parroquia y amenizada por Nistra, y en la que los participantes podrán ver sus fotos en la pantalla gigante de los cines Callao. La organización habilitará también una plataforma online donde se podrán ver todas las fotos a concurso. El jurado para elegir al ganador estará formado por el prestigioso fotógrafo Miguel Ángel Tornero, un representante de PHotoEspaña y un representante de Samsung. Además, se entregará un “premio del público” a la foto que haya conseguido más likes en Instagram. Ambos ganadores recibirán como premio un smartphone Samsung Galaxy S7 edge, unas gafas de realidad virtual Samsung Gear VR y una funda especial Samsung Lens Cover, ideal para los amantes de la fotografía al incorporar dos lentes intercambiables (telefoto y gran angular) que pueden añadirse a la cámara del smartphone.

Para participar y votar las mejores instantáneas del PHotoMaraton, será necesario disponer de una cuenta en Instagram, donde se compartirán las fotos con contactos y seguidores a lo largo del recorrido. Por primera vez, todo el proceso de inscripción -en la web del festivalwww.phe.es- y de votación -a través de Instagram- será íntegramente online.