Archive | junio 25, 2016

Fin peche Meixoeiro.

2016 06 23 FinPecheMeixoeiro01A Xunta de persoal da Área sanitaria de Vigo e a plataforma “SOS meixoeiro” comunican á opinión pública que, na Asemblea celebrada hoxe, decidimos rematar co peche na entrada do H. Meixoeiro que se iniciara o día 1 de xuño. Facemos unha valoración moi positiva do resultado desta mobilización pois fomos quen de poñer de manifesto na cidadanía a situación do H. Meixoeiro, que non é máis que o resultado da política de recortes e privatizacións da Consellería de Sanidade.

A resposta diaria do Xerente da EOXI de Vigo e do Conselleiro de sanidade é o mellor indicador de que as nosas reivindicacións estaban cargadas de razón.

Queremos agradecer o apoio das e dos profesionais e da cidadanía da nosa área sanitaria e tamén de organizacións e plataformas doutras áreas de Galicia.

Tamén queremos poñer de manifesto que as repetidas declaracións do Xerente da EOXI de Vigo non fixeron máis que unir a traballadores e cidadanía no rexeitamento do modelo privatizador que nos queren impoñer.

E anunciamos que continuaremos coas mobilizacións até conseguir o remate deste modelo e recuperemos a nosa Sanidade Pública, polo que durante os meses de xullo e agosto continuaremos cun calendario de accións que iremos anunciando e, se non muda a situación, retomaremos con máis forza nos meses seguintes.

 

Vigo, 23 de xuño de 2016

Anuncios

A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL APOSTA POLO ENVELLECEMENTO ACTIVO A TRAVÉS DO PROXECTO ‘CAMIÑO DE SANTIAGO 2016’ DA RESIDENCIA DE MAIORES DE OLEIROS

  • O primeiro grupo, composto por aquelas persoas con mellores condicións e sen alteracións de comportamento, realizará un total de 115,3 Km, distancia do Camiño de Santiago  comprendida entre Sarria (Lugo) e Santiago de Compostela

 

Oleiros (A Coruña), 23 de xuño de 2016.- A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, leva a cabo na Residencia Asistida de Maiores de Oleiros (A Coruña) o proxecto ‘Camiño de Santiago 2016’, unha iniciativa de reeducación e mantemento da marcha que simula a ruta xacobea para motivar os residentes  a aumentar o seu perímetro de marcha, favorecendo o mesmo tempo a integración e socialización entre eles. A  preservación da marcha é un dos requisitos máis importantes para un envellecemento satisfactorio xa que diminúe o número de caídas, aumenta a forza e  axuda a mellorar o estilo de vida dos maiores.

 

Os destinatarios deste programa serán residentes  que acoden a fisioterapia para tratarse de  alteracións no aparello locomotor e estarán divididos en dous grupos en función da súa autonomía e  capacidade funcional da marcha. Deste xeito, poranse a disposición dos usuarios dous circuítos. Un primeiro estándar e outro adaptado en función das características dos usuarios

 

O primeiro grupo, composto por aquelas persoas con mellores condicións e sen alteracións de comportamento, marcará o ritmo e tempo que durará o proxecto, realizando un total de 226 voltas ao circuíto estándar  (510 m) equivalente a 115,3 quilómetros, distancia do Camiño de Santiago comprendida entre Sarria (Lugo) e Santiago de Compostela. Unha vez acadado este obxectivo, os residentes participantes no proxecto acudirán a Santiago de Compostela, para asistir a misa do peregrino, recibir a Compostela que acredite que gañaron o Xubileo neste Ano Santo da Misericordia e gozar dun xantar de homenaxe xunto cos maiores da Residencia Volta do Castro de Santiago.

 

Deste xeito, a Consellería de Política Social dá un novo pulo ao envellecemento activo. Cómpre lembrar que a Estratexia Galega de Envellecemento Activo desde a Innovación 2016-2020 (ESGAEN), que será aprobada proximamente, ten o obxectivo de posicionar á nosa comunidade como referente no eido do envellecemento activo e saudable desde unha perspectiva centrada nas persoas.

 

Marta Dahlgren, gañadora do Premio Plácido Castro de Tradución

O xurado da décimo quinta edición do premio Plácido Castro de Tradución acordou hoxe en Pontevedra recoñecer o labor de Marta Dahlgren pola súa tradución da obra de Karin Boye, Kallocaína.

O xurado quixo destacar o feito de que sexa unha tradución directa do sueco, unha lingua pouco traducida ao galego, feita con mestría, rigor e viveza, trazos habituais no estilo dunha tradutora consolidada e directamente relacionada coa formación de novos profesionais da tradución. Igualmente sinálase que se trata dunha obra actual que conecta á perfección coas novas xeracións de lectores e lectoras.

Novelista e poetisa sueca, Karin Boye (1900-1941), ten nesta unha das súas obras mais coñecidas. Inspirada no apoxeo do nacional-socialismo en Alemaña, narra o empeño dun científico idealista que inventa unha especie de soro da verdade, a kallocaína.

Marta Dahlgren, profesora na universidade de Vigo, con ampla especialización en Literatura Inglesa ou Semántica, entre outros, durante décadas contribuíu á formación de xeracións de novos tradutores. A súa obra tradutora goza de significado recoñecemento.

Integraron o xurado desta edición: Xavier Senín (Fundación Plácido Castro),  Carlos Arias Iglesias (Xunta de Galicia), Fernando Moreiras (Asociación de Tradutores Galegos), Xosé Antón Palacio (Real Academia Galega) e Xulio Ríos (Director do IGADI), quen actuou en calidade de Secretario do xurado, con voz pero sen voto.

O premio entregarase proximamente.

DISFRUTA CON EL MAKING OF DE “ESTRIBILLO”

http://www.jamesonnotodofilmfest.com/EPORTAL_IMGS/GENERAL/NOTODOFILMFEST/IMG-cw576d0c8352714/estribillobol.jpg

MAKING OF DE “ESTRIBILLO”

Estribillo” ha sido el corto ganador de la XIV edición. Dirigido por César Tormo, se trata de un cortometraje en clave de comedia protagonizado por la joven actriz Ada Tormo y el propio director. Ahora tienes la oportunidad de vivir en primera persona elmaking of del cortometraje.

Con la sinopsis “ya no me verás más. Ya no me verás más. Te juro que nunca más. Ya no me verás más“, se dan las principales pistas de historia, en la que una niña con aspiraciones artísticas le da una lección a su propio padre sobre cómo se debe componer una canción pegadiza y, por supuesto, con estribillo.

Para saber cómo transcurrió el rodaje o cómo fueron los ensayos haz clic en este enlace.

Desde el equipo del festival damos la enhorabuena a todo el equipo de “Estribillo”,ganador del premio Jameson a la Mejor Película de la XIV edición y Mejor Sonido.