A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL APOSTA POLO ENVELLECEMENTO ACTIVO A TRAVÉS DO PROXECTO ‘CAMIÑO DE SANTIAGO 2016’ DA RESIDENCIA DE MAIORES DE OLEIROS

  • O primeiro grupo, composto por aquelas persoas con mellores condicións e sen alteracións de comportamento, realizará un total de 115,3 Km, distancia do Camiño de Santiago  comprendida entre Sarria (Lugo) e Santiago de Compostela

 

Oleiros (A Coruña), 23 de xuño de 2016.- A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, leva a cabo na Residencia Asistida de Maiores de Oleiros (A Coruña) o proxecto ‘Camiño de Santiago 2016’, unha iniciativa de reeducación e mantemento da marcha que simula a ruta xacobea para motivar os residentes  a aumentar o seu perímetro de marcha, favorecendo o mesmo tempo a integración e socialización entre eles. A  preservación da marcha é un dos requisitos máis importantes para un envellecemento satisfactorio xa que diminúe o número de caídas, aumenta a forza e  axuda a mellorar o estilo de vida dos maiores.

 

Os destinatarios deste programa serán residentes  que acoden a fisioterapia para tratarse de  alteracións no aparello locomotor e estarán divididos en dous grupos en función da súa autonomía e  capacidade funcional da marcha. Deste xeito, poranse a disposición dos usuarios dous circuítos. Un primeiro estándar e outro adaptado en función das características dos usuarios

 

O primeiro grupo, composto por aquelas persoas con mellores condicións e sen alteracións de comportamento, marcará o ritmo e tempo que durará o proxecto, realizando un total de 226 voltas ao circuíto estándar  (510 m) equivalente a 115,3 quilómetros, distancia do Camiño de Santiago comprendida entre Sarria (Lugo) e Santiago de Compostela. Unha vez acadado este obxectivo, os residentes participantes no proxecto acudirán a Santiago de Compostela, para asistir a misa do peregrino, recibir a Compostela que acredite que gañaron o Xubileo neste Ano Santo da Misericordia e gozar dun xantar de homenaxe xunto cos maiores da Residencia Volta do Castro de Santiago.

 

Deste xeito, a Consellería de Política Social dá un novo pulo ao envellecemento activo. Cómpre lembrar que a Estratexia Galega de Envellecemento Activo desde a Innovación 2016-2020 (ESGAEN), que será aprobada proximamente, ten o obxectivo de posicionar á nosa comunidade como referente no eido do envellecemento activo e saudable desde unha perspectiva centrada nas persoas.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: