Marta Dahlgren, gañadora do Premio Plácido Castro de Tradución

O xurado da décimo quinta edición do premio Plácido Castro de Tradución acordou hoxe en Pontevedra recoñecer o labor de Marta Dahlgren pola súa tradución da obra de Karin Boye, Kallocaína.

O xurado quixo destacar o feito de que sexa unha tradución directa do sueco, unha lingua pouco traducida ao galego, feita con mestría, rigor e viveza, trazos habituais no estilo dunha tradutora consolidada e directamente relacionada coa formación de novos profesionais da tradución. Igualmente sinálase que se trata dunha obra actual que conecta á perfección coas novas xeracións de lectores e lectoras.

Novelista e poetisa sueca, Karin Boye (1900-1941), ten nesta unha das súas obras mais coñecidas. Inspirada no apoxeo do nacional-socialismo en Alemaña, narra o empeño dun científico idealista que inventa unha especie de soro da verdade, a kallocaína.

Marta Dahlgren, profesora na universidade de Vigo, con ampla especialización en Literatura Inglesa ou Semántica, entre outros, durante décadas contribuíu á formación de xeracións de novos tradutores. A súa obra tradutora goza de significado recoñecemento.

Integraron o xurado desta edición: Xavier Senín (Fundación Plácido Castro),  Carlos Arias Iglesias (Xunta de Galicia), Fernando Moreiras (Asociación de Tradutores Galegos), Xosé Antón Palacio (Real Academia Galega) e Xulio Ríos (Director do IGADI), quen actuou en calidade de Secretario do xurado, con voz pero sen voto.

O premio entregarase proximamente.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: