A XUNTA CELEBRA A RECTIFICACIÓN DO CONCELLO DE VIGO E SOLICÍTALLE AXILIDADE NA ADAPTACIÓN DOS DISPOSITIVOS DE COBRO PARA FACER EFECTIVA A SÚA INCORPORACIÓN AO PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO O ANTES POSIBLE

  • 160627 EthelVazquezVázquez Mourelle indica que esta integración posibilitará que á media de descontos actuais, de 600 euros  ao ano, sumaranse as bonificacións do urbano, o que elevará os aforros dos usuarios ata os 1.000 euros ao ano
  • Este Plan social fomenta o uso do transporte público e axuda á economía das familias, polo que a modo de exemplo, unha persoa que colla todos os días o autobús desde Vigo a outro concello da área aforrará 420 euros ao ano
  • A conselleira subliña que 15 meses despois, o éxito do Plan é incuestionable, tal e como o amosan os case 3 millóns de viaxes que se teñen realizado neste tempo, dos que máis da terceira parte se corresponde coas viaxes de navieiras
  • Salienta que o Goberno galego asume a bonificación dos 100% dos transbordos interurbanos e ofrece descontos adicionais para usuarios frecuentes, familias numerosas e, moi pronto, para os menores de 18 anos
  • Avanza que o vindeiro xoves celebrase unha reunión da Comisión de Seguimento, polo que, a partir deste mesmo venres, estarase en disposición de asinar o convenio cando indique o Concello de Vigo
  • Sinala que a Xunta coñece ben as complicacións das adaptacións técnicas, xa que tivo que facelas en todas as compañías que daban servizo aos 12 concellos da área e para as que foi preciso mes e medio de traballo intenso

 

Vigo, 27 de xuño de 2016.- A Xunta celebra a rectificación do Concello de Vigo en canto á adhesión ao Plan de Transporte Metropolitano (PTM) e solicitoulle axilidade nas adaptacións tecnolóxicas necesarias para que os veciños deste municipio se poidan beneficiar das vantaxes do Plan o antes posible. Así o manifestou hoxe a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, que xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, presentou o convenio para a incorporación de Vigo ao PTM.

Vázquez Mourelle destacou que a integración de Vigo fará aínda máis vantaxoso e atractivo o Plan, xa que os usuarios non van ter que pagar o transporte urbano cando empreguen o autobús interurbano para entrar ou saír na cidade cara a algún dos outros 12 concellos que integran a área. Precisou que esta incorporación posibilitará que á media de descontos actuais, de 600 euros  ao ano, será posible engadir as bonificacións relativas ao urbano, o que elevará os aforros dos vigueses e usuarios do PTM dos municipios veciños ata os 1.000 euros ao ano.

Trátase dun Plan social impulsado pola Xunta de Galicia que persegue fomentar o uso do transporte publico colectivo ao tempo que axuda, de xeito importante, á economía das familias. A modo de exemplo, unha persoa que colla todos os días o autobús para ir ao seu traballo desde Vigo a outro concello da área aforrará, na viaxe de ida e volta: 1,72 euros ao día (os transbordos do urbano); 8,6 euros á semana (5 días laborais); 37,84 nun mes (22 días laborais); e 420 euros ao ano.

Outro dos casos máis claros podería ser un deprazamento dende a praza de América de Vigo ata Aldán porque para esta viaxe é preciso coller o autobús urbano ata a Estación Marítima; logo, o barco ata Cangas; e o autobús interurbano a Aldán. Hai ano e medio, esta viaxe supoñía pagar 3 billetes independentes que terían un custe total de case 5 euros, pero coa entrada en funcionamento do Transporte Metropolitano actual os billetes de barco e bus interurbano convertíanse nun só e máis barato, minorando un 56% o prezo da viaxe. Agora, coa entrada do Concello de Vigo, tamén o prezo do urbano estará incluído nese mesmo billete que non incrementa o seu custe de 1,30 euros. Polo tanto, a viaxe que fai ano e medio valía case 5 euros agora valerá só 1,30, un 73% de aforro.

A responsable de Infraestruturas salientou que 15 meses despois, o éxito do Plan é incuestionable, tal e como o amosan os case 3 millóns de viaxes que se teñen realizado neste tempo, dos que máis da terceira parte se corresponde coas viaxes de navieiras. Ademais cómpre destacar que se distribuíron arredor de 34.000 tarxetas do PTM.

A Xunta estima que arredor do 20 % destas viaxes bonificadas foron realizadas por vigueses, que xa se están beneficiando dos descontos que supón o Plan de Transporte Metropolitano de Galicia a pesar de que o Concello de Vigo aínda non se ten incorporado. Ademais, neste mesmo período o número de tarxetas expedidas ascendeu a 33.572, das que en Vigo cidade se tramitaron o maior número 9.260 tarxetas, seguida de Cangas, Moaña e Redondela.

Axilidade nos trámites

A conselleira avanzou que o vindeiro xoves celebrase unha reunión da Comisión de Seguimento, polo que, a partir deste mesmo venres, estarase en disposición de asinar o convenio cando indique o Concello de Vigo. Engadiu que unha vez asinado, só restará a adaptación técnica que, segundo a claúsula 7ª do convenio, debe realizar o Concello de Vigo para que os seus dispositivos de cobro sexan compatibles coa tarxeta TMG e, nese momento, a cidadanía comezará a beneficiarse destes novos descontos.

 

Ethel Vázquez sinalou que a Xunta cumpriu e está a cumprir coas súas obrigas, con investimentos e traballo serio en beneficio dos vigueses e agora tócalle ao Concello de Vigo axilizar os temas pendentes para poder facer efectiva, canto antes, a súa integración.

 

Vázquez lembrou que o Goberno galego coñece ben as complicacións das adaptacións técnicas, xa que tivo que facelas en todas as compañías que daban servizo aos 12 concellos da área e para as que foi preciso mes e medio de traballo intenso

 

Vantaxes do Plan de Transporte Metropolitano

En abril de 2015 botaba a andar o Plan de Transporte Metropolitano na área de Vigo e facíao cos 12 concellos que subscribiron o convenio coa Xunta.  Desde entón, neses municipios véñense aplicando as condicións do Plan, que supoñen un abaratamento das tarifas e, polo tanto, aforros económicos substanciais para os usuarios. Non obstante, o Concello de Vigo non se adheriu por propia vontade.

 

A bonificación das tarifas realízase dividindo a área en 11 zonas e cobrando os desprazamentos en función do número de saltos que se realicen entre elas, sendo irrelevante o número de transbordos que haxa que realizar, e ofrecendo un medio de pago único: a Tarxeta TMG. Isto posibilita uns aforros para os que a Xunta financia o 80% da bonificación no traxecto e os concellos achegan o 20% restante.

 

O Goberno galego tamén asume a bonificación dos 100% dos transbordos interurbanos e ofrece descontos adicionais para os usuarios frecuentes, para as familias numerosas e, moi pronto, para os menores de 18 anos.

 

A conselleira subliña que o uso da Tarxeta de Transporte Metropolitano permítelle aos galegos descontos medios do 50% nas viaxes metropolitanas;a aqueles que realicen máis de 40 viaxes nun mes, bonificacións adicionais do 15%; e os membros das familias numerosas teñen dereito a descontos de ata o 50% (do 20% se son de categoría normal; e do 50% se son de categoría especial).

 

Ethel Vázquez fixo fincapé en que a Xunta está implantando unha nova medida, o transporte interurbano metropolitano completamente gratuíto para os menores de 18 anos, unha aposta pola educación e promoción do transporte público nos máis novos coa mirada posta no futuro.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: