A DIRECTORA XERAL DE XUVENTUDE RECIBE A 24 MOZOS E MOZAS QUE PARTICIPAN NO PROGRAMA “DINAMIZANDO GALICIA” MEDIANTE O CAL REALIZARÁN PRÁCTICAS EN PAÍSES EUROPEOS

  • Teñen idades comprendidas entre os 18 e 30 anos e son recén titulados en ciclos medios de formación profesional e nos cursos de formación ocupacional, accións formativas e programas de cualificación profesional inicial
  • O proxecto DIGAL, aprobado ao abeiro do programa Erasmus +, conta para o 2015 e 2016 cun orzamento de 277.135 euros e inclúe un total de 56 prazas
  • Cecilia Vázquez destacou que “este tipo de iniciativas teñen como finalidade apoiar a formación da mocidade galega mediante a mellora da súa empregabilidade, favorecendo a adquisición de novos coñecementos

 

Santiago, 29 de xuño de 2016.- A directora xeral de Xuventude e Voluntariado, Cecilia Vázquez, reuniuse hoxe cos 24 mozos e mozas que participan no segundo grupo de envío do proxecto ‘Dinamizando Galicia’ (DIGAL). Ao abeiro deste proxecto, 20 rapaces e rapazas xa realizaron prácticas laborais non retribuídas durante 60 días nas localidades de Praga (República Checa), Cork (Irlanda), Arezzo (Italia) e Braga (Portugal).

Trátase de 9 mozas e 11 mozos con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos recén titulados en ciclos medios de formación profesional e nos cursos de formación ocupacional, accións formativas e programas de cualificación profesional inicial. Concretamente, neste segundo grupo de envío participaron mozos e mozas do IES Lamas de Abade de Santiago, o CFO Viveiro, UAF Ames, UAF Negreira, CFEA Guísamo, CFEA Sergude, CFO Lugo, IES A Pinguela e CFI COIA de Vigo. As prácticas tiveron lugar nos sectores tecnolóxico, creación e xestión de empresas, xestión administrativa e contable; xardinería e floraría, aproveitamento e conservación do medio, traballos forestais e produción agropecuaria.

Así mesmo nesta xornada de traballo participaron os 4 mozos do IES da Pinguela que iniciarán as súas prácticas laborais a mediados do mes de xullo, dous en Italia e dous en Portugal. Neste caso, as prácticas terán lugar no sector de xestión administrativa.

O proxecto DIGAL, aprobado ao abeiro do programa Erasmus +, conta para o 2015 e 2016 cun orzamento de 277.135 euros e inclúe un total de 56 prazas para as dúas anualidades para a realización de prácticas laborais non retribuídas durante 60 días en cinco países europeos: 15 en Portugal, 15 en Italia, 10 en Irlanda, 10 en República Checa e 6 en Francia. A bolsa cubre os gastos de aloxamento, curso de preparación cultural e lingüística, seguro de responsabilidade civil, unha axuda para os gastos da viaxe e para os gastos de manutención.

Na súa intervención, Cecilia Vázquez destacou que “este tipo de iniciativas teñen como finalidade apoiar a formación da mocidade galega mediante a mellora da súa empregabilidade, favorecendo a adquisición de novos coñecementos, habilidades, capacidades e cualificacións para facilitar a súa inclusión no mercado de traballo, de xeito que poidan constatar unha práctica formativa no estranxeiro como parte do currículo”. Con estas mobilidades se intenta dotar á comunidade de profesionais con coñecementos non só das habilidades propiamente da súa titulación, senón tamén que coñezan o funcionamento do mundo empresarial internacional e á súa vez adquiran o dominio de idiomas estranxeiros.

Ademais de ampliar o currículo laboral dos participantes, estes programas tamén facilitan mellorar as competencias idiomáticas, que se poida coñecer outra organización do traballo, detectar novos sectores empresariais para implantar en Galicia, así como novas posibilidades de internacionalización para empresas galegas.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: