A XUNTA EMPRAZA AO ALCALDE DE VIGO A ABORDAR CON SERIEDADE A SINATURA DO CONVENIO DO PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO E A CUMPRIR O COMPROMISO QUE ADQUIRIU COS CONCELLOS DA ÁREA

  • O goberno municipal comunicou tamén hoxe a súa negativa a manter unha nova xuntanza para avanzar no apoio da Xunta á mellora do servizo municipal de autobús a Peinador

 

Santiago, 29 de xuño de 2016.- A Xunta de Galicia emprazou hoxe ao Concello de Vigo a abordar con seriedade a sinatura do acordo para a incorporación do autobús urbano ao Plan de Transporte Metropolitano, e cumprir así o compromiso que adquiriu co resto de concellos da área. O rexedor rexeitou hoxe as tres datas propostas onte pola conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, para a sinatura do convenio.

 

Ante esta situación, e tendo en conta ademais, a celebración mañá, xoves, da reunión semanal do Consello da Xunta en Santiago, a conselleira de Infraestruturas dirixiuse novamente ao alcalde de Vigo para reiterar a tripla proposta de datas trasladada onte e manifestando a súa dispoñibilidade para unha ocasión alternativa, sempre que sexa comunicada cun tempo mínimo de antelación.

 

Ethel Vázquez reitera o interese do Goberno galego por asinar canto antes o convenio, afirmando que, se depende da Xunta, “a sinatura deste acordo non se demorará un día máis do necesario para que os vigueses se poidan beneficiar canto antes dos novos beneficios que porá á súa disposición o Plan de Transporte Metropolitano”.

 

Hai que sinalar que o Goberno municipal de Vigo comunicou tamén hoxe a á Xunta a súa negativa a manter unha nova xuntanza para avanzar no apoio da Xunta á mellora do servizo municipal de autobús a Peinador.

 

 

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: