A XUNTA INICIA HOXE AS OBRAS DE EXECUCIÓN DO SEGUNDO TREITO DA AUTOVÍA DO MORRAZO, DESDE O ENLACE DE DOMAIO ATA O DE MEIRA

  • A Xunta adxudicou recentemente estas actuaicóns a DRAGADOS, S.A. por máis de 13,3 millóns de euros e estableceuse un prazo de execución de 18 meses
  • Os primeiros traballos, que se levarán a cabo na xornada de hoxe, centraranse na cautela arqueolóxica, realizando balizados nas zonas correspondentes
  • As obras no primeiro tramo, entre Rande e o enlace de Domaio, continúan avanzando coa execución da escavación na zona do castro de Montealegre, os estribos no viaduto da Moura, camiños de acceso e movementos de terras
  • O Goberno galego tamén está a traballar na redacción do proxecto construtivo do terceiro treito, entre Meira e o 1º enlace de Cangas, prevéndose para xullo a disposición deste documento

 

Santiago, 29 de xuño de 2016.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda inicia hoxe as obras de execución do segundo tramo da autovía do Morrazo, desde o enlace de Domaio ata o de Meira.

 

A Xunta adxudicou recentemente as obras do segundo treito á empresa DRAGADOS, S.A. por máis de 13,3 millóns de euros e estableceuse un prazo de execución de 18 meses.

 

Os primeiros traballos, que se levarán a cabo na xornada de hoxe, centraranse na cautela arqueolóxica, realizando balizados nas zonas correspondentes. As obras posteriores incluirán o desdobramento, a remodelación dos enlaces, o duplicado do viaduto da Mó, ampliación de pasos inferiores e un superior.

 

Cómpre lembrar que as obras continúan avanzando no primeiro treito da autovía, entre Rande e o enlace de Domaio, un intervalo de 3,2 quilómetros. Estes traballos, que comezaron no pasado mes de outubro teñen un investimento de arredor de 20 millóns de euros.

 

Na actualidade neste tramo estanse executando a escavación do castro de Montealegre, os estribos no viaduto da Moura, camiños de acceso ás pilas deste viaduto e movemento de terras no enlace de Domaio.

 

No Goberno galego tamén se está a traballar na redacción  do proxecto construtivo do treito terceiro, entre o enlace de Meira e o 1º enlace de Cangas. A entrega do proxecto por parte do equipo redactor está prevista para o mes de xullo, o que permitirá, a continuación, proceder á súa supervisión.

 

A Xunta está a realizar un esforzo investidor para dotar a esta comarca dunha autovía libre de peaxe que aumentará a capacidade do corredor actual, redundará en maior seguridade viaria, incrementará a calidade de vida dos veciños e o dinamismo económico da zona.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: