A XUNTA INICIA O TRÁMITE DE INFORMACIÓN PÚBLICA DO PROXECTO DE REFORZO DA ESTRADA PANCENTEO-MARZÁN (PO-353) PARA MELLORAR A SÚA SEGURIDADE VIARIA AO SEU PASOPOLO CONCELLO DO ROSAL

  • clip_image002Estas actuacións teñen como obxecto a mellora da estrada o entre os puntos quilométricos 3+150 ao 5+360
  • As obras previstas contemplan a mellora da sección da estrada, renovación e ampliación das beirarrúas, incorporación dunha senda peonil, substitución da drenaxe lonxitudinal, ampliación das drenaxes transversais, reforzo de firme e renovación da sinalización, balizamento e defensas ao longo do treito obxecto do proxecto

clip_image002

Santiago, 29 de xuño de 2016.- A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio do inicio do trámite de información  pública o proxecto de mellora da estrada que une as localidades de Pancenteo e Marzán (PO-353) na provincia de Pontevedra ao sei paso polo Concello do Rosal, concretamente, entre os puntos quilométricos 3+150 ao 5+360.

 

O proxecto ten por obxecto a mellora da seguridade vial e a accesibilidade, tanto dos vehículos como dos peóns, actualizando e complentando a drenaxe e a sinalización existente en dito vial.

 

As obras, que darán continuidade ás executadas na Guarda,  previstas contemplan a mellora da sección da estrada, renovación e ampliación das beirarrúas, incorporación dunha senda peonil, substitución da drenaxe lonxitudinal, ampliación das drenaxes transversais, reforzo de firme e renovación da sinalización, balizamento e defensas ao longo do treito obxecto do proxecto.

 

Este documento sométese a información pública durante trinta días hábiles, dende o día seguinte á publicación deste anuncio no DOG, para que se podan formular as observacións precisas. A exposición ao público, aos efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas, no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (Rúa Fernández Ladreda, 43-1º-4º – 36071 Pontevedra) e na Casa do Concello do Rosal (Praza do Calvario, 1, 36770 O Rosal, Pontevedra).

 

Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, atópase a disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

 

A Xunta, co avance nestas actuacións, cumpre o seu compromiso cos veciños desta zona, que viñan solicitando a mellora desta estrada. Coa realización deste proxecto preténdese, por unha parte, aumentar a comodidade da circulación ao ampliar o raio das curvas, e ademais incrementar a seguridade e facilitar os xiros en condicións máis seguras, reordenando as interseccións existentes no tramo.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja un comentario