O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL SUMA NOVOS ENCONTROS Á SÚA ROLDA DE XUNTANZAS COS ALCALDES GALEGOS PARA COORDINAR A ESTRATEXIA SOCIAL DA COMUNIDADE

  • O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde da Guarda, Antonio Lomba Vaz. No despacho do conselleiro. foto xoán crespo 29/06/16

    O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde da Guarda, Antonio Lomba Vaz. No despacho do conselleiro.
    foto xoán crespo
    29/06/16

    Ambos mandatarios estudaron a posibilidade de ampliar a escola infantil do municipio pontevedrés

 

Santiago, 28 de xuño de 2016.- A Consellería de Política Social, na figura do seu titular, José Manuel Rey Varela, continúa coa súa rolda de encontros cos representantes das institucións públicas de Galicia para coordinar a atención social dos cidadáns galegos.

 

O responsable da área social continúa a manter encontros de traballos periódicos cos rexedores para establecer, desde o consenso e a coordinación, as liñas de actuación social que beneficien a todos os cidadáns de Galicia a través da optimización dos recursos locais e autonómicos. A Xunta de Galicia e as entidades locais adquiren o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo un encontro de traballo co alcalde do municipio pontevedrés de A Guarda, Antonio Lomba Baz.

 

Na xuntanza valorouse a elevada ratio de atención coa que conta o concello no que atinxe ao Servizo de Axuda no Fogar. No presente ano incrementáronse 1.884 horas anuais (14.964 horas anuais en total) que fan que a ratio de atención deste servizo aumente ata o 81,24%.O conselleiro informou aos representantes do concello da nova orde para o Servizo de Axuda no Fogar que posibilitará acadar o 100% de atención.

 

Outro tema abordado na xuntanza foi a situación das prazas públicas de escolas infantís que na actualidade suman un total de 60 cunha ratio de atención do 25,10% e propuxeron novas medidas para aumentar esta porcentaxe e sobrepasar o 33% que marca a Unión Europea como ratio aconsellable. Así, ambos mandatarios estudaron a posibilidade de ampliar a escola infantil do municipio pontevedrés e o alcalde foi informado da nova orde de investimento da Dirección Xeral de Infancia, Familia e Dinamización Demográfica.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: