A XUNTA ACHEGA AO CONCELLO DE SANTIAGO POLO ESTATUTO DE CAPITALIDADE 2,32 MILLÓNS DE EUROS

  • A asignación mantense estable respecto ao ano anterior
  • A Administración galega cumpre co compromiso de contribuír ao sostemento dos servizos derivados da súa condición de capital de Galicia e sede das institucións autonómicas

 

O Consello da Xunta aprobou hoxe o convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Facenda, e o Concello de Santiago de Compostela para o financiamento do Estatuto de capitalidade desta cidade. A cantidade que a Xunta achegará ao Concello para facer fronte aos gastos derivados da súa condición de capital da Comunidade Autónoma e sede das institucións autonómicas ascende a 2.325.000 euros, o mesmo importe que no 2015.

 

O 24 de xullo de 2002 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Lei 4/2002, de 25 de xuño, do Estatuto da capitalidade de Santiago de Compostela, co obxecto de regular o estatuto especial desta cidade como sede das institucións autonómicas e polo seu recoñecemento como capital da Comunidade Autónoma. Establécense así os mecanismos adecuados para o tratamento xurídico-administrativo e financeiro da capitalidade desta cidade.

 

Neste marco, realizarase unha xustificación do financiamento que consistirá na certificación da Intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control interno no Concello de Santiago, da toma de razón en contabilidade dos libramentos feitos pola Comunidade Autónoma de que os referidos importes derivan do establecido na Lei 4/2002, e de que estes foron destinados a financiar os gastos do Concello xurdidos como consecuencia de ser a capital de Galicia.

 

Deste xeito, e co obxectivo de establecer unha coordinación entre a Administración autonómica galega e o Concello de Santiago no referido ás competencias e responsabilidade derivadas da capitalidade, creouse o Consello da Capitalidade, que ademais será o encargado da interpretación e do seguimento do cumprimento do convenio aprobado hoxe.

 

A fixación de Santiago como sede das institucións autonómicas derivou na necesidade de afrontar novos retos, particularmente en relación coa prestación de servizos públicos, así como coa implantación de dotacións e equipamentos, determinados directamente pola presenza das institucións autonómicas no termo municipal.

Esta lei establece unha previsión de financiamento específico nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma co que se pretende contribuír ao financiamento dos servizos e gastos do Concello motivados por este estatuto de capitalidade.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: