A XUNTA DALLE A BENVIDA Á 42º FEIRA DO LIBRO NOVO DE VIGO, QUE SE CELEBRARÁ NA PORTA DO SOL DENDE MAÑÁ E ATA O 10 DE XULLO

  • 30062016_FeiraLibroAs Feiras do Libro de Galicia 2016 chegan a Vigo tras o seu percorrido polas catro provincias galegas
  • O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, participou hoxe na presentación desta 42º edición na Casa da Cultura Galega

 

Vigo, 30 de xuño de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, asistiu esta mañá á presentación da 42º Feira do Libro Novo de Vigo na Casa Galega da Cultura. Trátase dunha iniciativa promovida pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ademais de contar tamén co apoio das administracións locais.

 

Coma lembrou o delegado, as Feiras do Libro de Galicia 2016 chegan a Vigo tras o seu percorrido polas catro provincias, iniciado o pasado mes de abril en Pontevedra. Tras as últimas feiras en Riveira e Redondela, é a quenda de Vigo, que  acollerá esta cita co libro e coa lectura “na rúa” e que se devolverá dende mañá, 1 de xullo, e ata o próximo día 10 de xullo na súa nova ubicación na Porta do Sol.

 

Desde a Xunta de Galicia amosouse o apoio a esta celebración colectiva que conta coa “implicación imprescindible” dos libreiros e libreiras da cidade, que converterán a Vigo nunha fiestra aberta á produción editorial máis recente. “É fundamental a presenza e visualización dos libros na rúa co único obxectivo de incrementar os índices de lectura”, considerou López-Chaves, quen insistiu na importancia de “fomentar os hábitos de lectura” entre os máis xoves. Con todo, agradeceu a implicación da Federación e da Agrupación de Libreiros de Vigo, representada hoxe na figura de Xurxo Patiño.

 

Nos últimos anos, coma matizou, as Feiras do Libro veñen realizando un esforzo importante por se converteren en espazos dinámicos, “cunha oferta de actividades complementaria” coa que convidar a todos os públicos a se achegar á novas publicacións e á lectura. Por iso, ademais da venda de obras, a Feira do Libro programa tamén obradoiros, sesións de contacontos, sinatura e presentacións de libros cos seus autores e autoras, coloquios, etc. para favorecer a participación cidadá nestes eventos e fomentar a lectura a través de diferentes formatos.

 

Na edición de 2015 foron preto de 300 as actividades que se desenvolveron arredor das feiras e este ano seguen apostando por reforzar unha programación que, en Vigo, contará coa colaboración de 11 librarías e dúas bibliotecas municipais, a de Juan Compañel (Central) e a de Neira Vilas.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: